Taller de Creación Artística

Obras do Taller de Creación Artística en CD na Biblioteca

Xa podedes atopar na Biblioteca do noso Centro dúas obras do Taller de Creación Artística do MBG en formato CD: "A Danza das Bruxas" e o conto musicado "O Principe e a anduriña".

Pedigree: Premio a Acción Maxistral 2012

Diploma do "Premio a la Acción Magistral 2012" para o traballo Pedigree do Taller de Creación Artística.

Felicitacións para "Pedigree"

Recibiuse no centro Felicitación do Conselleiro de Educación polo Premio obtido no Festival de Cine de Ourense-OUFF Escola.

Docentes implicados na curta "Dairas" viaxan o Sáhara

No Faro de Vigo do día 13 de novembro publicase un artigo sobre a viaxe aos campamentos de refuxiados de Tinduf no mes de decembro, dos pais de acollida e docentes do Taller de Creación Artística do MGB implicados na curtametraxe "Dairas" en colaboración coa ONG Solidariedade Galega co Pobo Saharaui.

Pedigree: 2º Premio do Festival de Cine de Ourense Ouff Escola

O traballo Pedigree do Taller de Creación Artística do MGB acada o 2º Premio outorgado polo Xurado profesional no Festival  Internacional de Cine de Ourense, Ouff Escola.

NORABOA

Podes velo Diploma aquí.

Tanto a páxina web da Consellería de Educación coma a prensa: Voz de Galicia e Faro de Vigo do mércores 7 de novembro publican artigos sobre este Premio.

pedigree.jpg

Pedigree: Finalista Autonómico do Premio a Acción Maxistral

Dende a Oficina Técnica do "Premio a la Acción Magistral" comunicouselle o Taller de Creación Artística do MGB que o seu traballo Pedigree é un dos finalistas na Categoría B-Educación Secundaria na fase da Evaluación Autonómica de Galicia. Esto significa que se elevará a Comisión de Evaluación Estatal como proxecto recomendado.

Pedigree na prensa

Varios medios de prensa fan referencia a estrea do corto Pedigree do Taller de Creación Artística do MGB. Premendo en cada un podes acceder as publicacións: La Voz de Galicia, Faro de Vigo, Catrogatos e TVG.

Novo premio para Animais Artificiais

O traballo Animais Artificiais do Taller de Creación Artística do MGB gaña un accésit á mellor banda sonora no II Certame Audivisual Escolar do IES Monte Carrasco de Cangas. A banda sonora foi gravada pol@s alumn@s coa colaboración de Paty Rodríguez e Arturo Vizcarra á voz, e baixo a dirección de Miguel Carbajal.

Pedigree

O vindeiro venres 22 ás 21:00 horas no Teatro Principal da Estrada estrea do último traballo do Taller de Cración Artística: "Pedigree". Entrada gratuita, non se precisa invitación. Trailer.

"Animais Artificiais" no Correo Gallego

O Correo Gallego de hoxe luns 14 de maio publica un artigo sobre a participación de "Animais Artificiais" no Festival xuvenil de Cine de Teis.

"Animais Artificiais" seleccinada para a Mostra de Cine Xuvenil de Teis

O traballo "Animais Artificiais" do Taller de Creación Artística do MGB foi seleccionado para a Mostra de Cine Xuvenil de Teis-Vigo. Podedes ver o trailer nesta ligazón.

 

"Pedigree" Novo traballo do Taller de Creación Artística do IES García Barros

Premendo aquí accédese a noticia publicada no Faro de Vigo sobre o novo traballo do Taller de Creación Artística do noso centro.

Animais Artificiais na prensa

O xornal La Voz de Galicia informou o sábado 25 de febreiro de 2012 sobre a presentación en deuvedé da curtametraxe Animais Artificiais, que tamén inclúe o making of, no Principal da Estrada.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Animais Artificiais

O vindeiro venres, 24 de febreiro, ás 21:00 terá lugar o pase da película Animais Artificiais, do Taller de Creación Artística deste centro, no Teatro Principal da Estrada. A entrada é gratuita.

"Pedigreé" na prensa

O Diario de Pontevedra publicou o mércores 8 de febreiro de 2012 unha nova sobre a curta de animación sobre o maltrato aos animais na que traballa actualmente o Taller de Creación Artística deste centro.

Distribuir contido