Rocío Mato, Premio ao Rendemento Académico 2008/09
Enviado por webmaster o 27 Xaneiro, 2010 - 17:36Consello Escolar
Enviado por Secret. o 25 Xaneiro, 2010 - 13:21Convócase ao Consello Escolar, en reunión extraordinaria, para o xoves 28 de xaneiro de 2010.
Seguimento da folga do xoves 21 no MGB
Enviado por XefeEstudos o 22 Xaneiro, 2010 - 14:51No día de onte, xoves 21, o 75% do profesorado do noso instituto secundou a folga convocada pola plataforma "Queremos Galego" e diversos sindicatos.
Representación teatral para o alumnado de Francés
Enviado por Vicedirec. o 22 Xaneiro, 2010 - 13:12O martes 26 de xaneiro, o alumnado que cursa francés nos cursos de 2º, 3º e 4º da ESO e 1º e 2º de BAC, acoderá á representación teatral da obra de Moliere: "Le medicin malgré lui" no Colexio LaSalle de Santiago de Compostela. Ás dúas últimas horas da mañá terán clase normal.
Visita á Catedral de Santiago e á factoría FINSA
Enviado por Vicedirec. o 22 Xaneiro, 2010 - 13:07O vindeiro luns 25 de xaneiro o alumnado de 2º de Bacharelato que cursa as materias de Arte e Xeografía e Historia de Galicia realizará pola mañá as seguintes visitas:
- "Miradas. Cara ao paraíso. Un diálogo coa arte galega e a vangarda" (Fundación CaixaGalicia de Santiago de Compostela).
- Obras de restauración do Pórtico da Gloria e as cubertas da Catedral de Santiago.
Pola súa banda, o alumnado de Tecnoloxía Industrial I (1º BAC A) realizará unha visita guiada ás instalacións da factoría madeireira FINSA.
Charla didáctica sobre animación "Stop motion"
Enviado por webmaster o 21 Xaneiro, 2010 - 22:49O pasado mércores recibimos a visita de Jose Miguel, do departamento de Formación da Productora Mr. Misto Films.
Grazas as súas explicacións, os integrantes do Proxecto "Dairas", a curta de animación que prepara o Taller de Creación Artística do MGB, puidemos adentrarnos nos segredos da técnica de animación coñecida como stop motion, e visualizar algúns dos vídeos dos pioneiros do xénero, como Ray Harryhausen.
Misa de funeral por Beatriz Martínez Millarengo
Enviado por webmaster o 15 Xaneiro, 2010 - 18:52Poñemos en coñecemento de toda a comunidade educativa a celebración dunha misa de funeral, o próximo sábado 16 de xaneiro, ás sete e media da tarde, na igrexa parroquial de A Estrada, por Beatriz Martínez Millarengo, que foi profesora do centro de Ed. Primaria Pérez Viondi e do Instituto Manuel García Barros.
Convocatoria probas de acceso a Ciclos Formativos de F. P.
Enviado por Secret. o 15 Xaneiro, 2010 - 10:55Resolución do 11 de xaneiro de 2010, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se convocan de xeito ordinario probas de acceso a ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional.
A Historia de Luis. Curtas de animación no MGB.
Enviado por webmaster o 14 Xaneiro, 2010 - 22:26Nas vacacións de Nadal os alumnos que participan en "Dairas", a curtametraxe de animación que está preparando o Taller de Expresión artística do MGB, realizaron unha serie de ensaios e probas con programa MovieMaker, de cara á montaxe final da nosa curta.
Así Abel Carbajal presentou "Érase unha vez Rodolfo", Marta Rodríguez "Parchís" e Ariadna Silva "A Historia de Luis".
Aquí tedes unha mostra. Pode que falten medios técnicos, pero sobra imaxinación e talento...
Fondo de Acción Social - 2009
Enviado por Secret. o 14 Xaneiro, 2010 - 12:44Resolución sobre criterios de repartición do fondo de acción social para o exercicio do ano 2009.
Regulación probas de acceso á universidade
Enviado por Secret. o 13 Xaneiro, 2010 - 10:11Orde pola que se regula a proba de acceso ás ensinanzas universitarias oficiais para o curso 2009-2010.
Proxectos de fomento do uso do galego
Enviado por Secret. o 13 Xaneiro, 2010 - 10:08Resolución pola que se anuncia a convocatoria para a presentación de proxectos de fomentos do uso do galego para o curso 2009-2010.
Xubilación anticipada voluntaria
Enviado por Secret. o 13 Xaneiro, 2010 - 10:04Orde de 15 de decembro de 2010 pola que se regula a convocatoria para o ano 2010 da xubilación anticipada voluntaria.
Programa do martes 22 de decembro
Enviado por Vicedirec. o 22 Decembro, 2009 - 10:06Como fin da actividade lectiva do 1º trimestre, o día 22 de decembro realizaranse as seguintes actividades:
- 08:45-11:35 Actividade lectiva normal
- 11:35-12:00 Entrega de boletíns polos titores
- 12:00-12:45 I Copa MGB de Futbol Sala: Alumnos vs Profesores
- 13:00 Gran Festival de Nadal coas seguintes actuacións:
- "Los chicos del coro"
- Banda MGB
- Entrega de Premios I Campionato MGB de xogos populares
- Entrega de trofeos I Copa MGB de Futbol Sala
- Grupo Templanza
- Regueifa á americana (RAP)
BOAS FESTAS E FELIZ ANINOVO!!
Vémonos o día 11 de xaneiro!
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 136
- 137
- 138
- 139
- 140
- 141
- 142
- 143
- 144
- …
- seguinte ›
- última »