Claustro, Consello e Comisión Pedagóxica

O xoves 22 de outubro haberá un Claustro extraordinario ás 10:25, un Consello Escolar extraordinario ás 12:25, e a reunión da Comisión Pedagóxica ás 16:30.

Claustro extraordinario

O luns, 19 de outubro de 2009, terá lugar un Claustro Extraordinario, ás 12:25 horas.

Representación Teatral na Estrada: "Comedia Bífida"

O xoves 15 de outubro o alumnado de 1º e 2º de Bacharelato acudirá á representación teatral “Comedia Bífida” de Manuel Núñez Singala, pola compañía Bicodobrelo Teatro, que terá lugar no Teatro Principal da Estrada.

cartel_comedia_bifida.jpg

1ª reunión da Escola/Campionato de Xadrez no MGB

O martes 13 de outubro no primeiro recreo terá lugar en usos múltiples a primeira reunión da Escola/Campionato de Xadrez no MGB. Na citada reunión informarase de como se vai a desenvolver a actividade ao longo do curso. Para participar non é indispensable saber xogar xa que haberá unha parte de aprendizaxe/adestramento e outra de competición.
xadrez5.jpg

Asemblea xeral da ANPA: martes 6 de outubro

O martes 6 de outubro terá lugar a asemblea xeral da ANPA do MGB de principio de curso. Será ás 8:00 h. en 1ª convocatoria e ás 8:15 h. en 2ª.
A orde do día será informar sobre:

  • Supresión do profesor de Audición e Linguaxe
  • Renovación do equipo directivo da ANPA
  • Horario da Escola de Familia
  • Reunión cun dos inspectores de transportes da Consellería de Educación, o mércores día 7. Desprázase ata A Estrada para falar con todos nós.

Educación non concede o profesor de Audición e Linguaxe

Pese as peticións feitas dende o Departamento de Orientación, o Claustro de profesores e a ANPA do MGB, a Delegación de Educación non concedeu a praza de profesor especialista en Audición e Linguaxe. Podes ler a crónica de todo o sucedido aquí.

Reunións de pais e nais con Titores e E. Directivo

A partires do vindeiro mércores 7 de outubro, terán lugar as avaliacións iniciais da ESO, así como as reunións dos pais e nais cos titores de cada grupo. As devanditas reunións terán lugar na aula de Usos Múltiples, segundo o seguinte calendario:

MÉRCORES 7 DE OUTUBRO

20:30 HORAS, 1º ESO

MÉRCORES 14 DE OUTUBRO

18:30 HORAS, 2º ESO

19:30 HORAS, 3º ESO

20:30 HORAS, 1º BACHARELATO

MÉRCORES 21 DE OUTUBRO

18:30 HORAS, 4º ESO

19:30 HORAS, 2º BACHARELATO

Consello escolar

Convócase Consello Escolar extraordinario para o vindeiro xoves 24 de setembro de 2009.

Adxudicación destino provisional

Resolución pola que se resolve a adxudicación de destino provisional para o próximo curso académico 2009-2010.

Claustro

Convócase claustro ordinario para o vindeiro xoves, 17 de setembro de 2009.

Comezo do curso 2009-2010

Circular informativa sobre o comezo do curso escolar 2009-20010.

Programa gratuidade libros texto

Orde do 20 de agosto de 2009 pola que se convoca e se regula a reposición do programa de gratuidade de libros de texto e materiais curriculares para o curso 2009/2010.

Implantación de seccións bilingües de Inglés e Francés

Con data do 31 de agosto, confirmóuselle ao noso Centro a autorización para impartir 6 seccións bilingües dentro da súa oferta educativa para o vindeiro curso, correspondente coas seguintes materias:

  • INGLÉS:
    • Física e Química (3º ESO)
    • Matemáticas (3º ESO)
    • Tecnoloxía (3º ESO)
    • Educación Física (3º ESO)
  • FRANCÉS:
    • Filosofía e Cidadanía (1º BAC)
    • Historia do Mundo Contemporáneo (1º BAC) 

Pódese consultar a nova aquí.

Orde sobre avaliación e promoción 1º Bacharelato

Orde do 28 de xullo de 2009 pola que se establecen medidas para facer efectiva a aplicación da sentenza do 2 de febreiro de 2009 da Sala Terceira do Tribunal Supremo sobre a avaliación e promoción en primeiro de bacharelato.

Probas libres obtención graduado escolar

Resolución pola que se regulan as probas libres para a obtención do título de graduado en educación secundaria obrigatoria para o alumnado con 18 anos cumpridos cun máximo de cinco materias de etapa non superadas.
Distribuir contido