Calendario exames de setembro 2009

Xefatura de Estudos vén de publicar o calendario de exames de setembro. Podes descargalos no arquivo adxunto.

Estructura da Consellería de Educación

Decreto polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

Fotos da viaxe a Túnez

Ya están subidas á nosa Galería en Flickr as imaxes da viaxe a Túnez de 4º de ESO. No bloque da dereita tedes unha mostra.

 

3654928730_773e39c383.jpg

Premios de Excelencia Académica

Orde pola que se convocan os premios de excelencia académica para o alumnado que inicie estudos universitarios no sistema universitario de Galicia no curso académico 2009-2010.

Calendario Escolar 2009 - 2010

Orde pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2009-2010.

Consello Escolar

Convócase Consello Escolar para o vindeiro martes, 30 de xuño, ás 12:00 horas. Premer aquí.

Claustro Ordinario

Convócase Claustro ordinario para o vindeiro luns, 29 de xuño, ás 12:00 horas. Premer aquí.

Dormes? no Teatro Principal de Santiago o mércores 24 de xunho

O vindeiro mércores 24 de xunho, no Teatro Principal de Santiago, haberá unha dobre representación de Dormes?. O primeiro pase será ás 19:30 h. e o segundo ás 21:30 h.

Se queres asistir podes reservar as túas invitacións chamando a o teléfono  981 54 23 50

invita_dormes_24xunho_2009.jpg

O MGB e a excursión de Tecnoloxía na prensa ceutí

O MGB segue imparable. Esta vez saimos nun artigo de Jose Luis Navazo, especialista en política marroquina e columnista no diario "El pueblo de Ceuta". Ademais de periodista, Jose Luis foi o noso guía, cociñeiro... na excursión aos Oscos de Tecnoloxía. Preme no enlace para ler o artigo.

http://www.elpueblodeceuta.es/200906218109.html

Bádminton no MGB

Moitos alumnos do MGB atópanse no equipo de bádminton da Estrada. No ultimo mes gañaron varios títulos a nivel nacional, e un dos alumnos quedou campión de España na categoria sub 13. Para saberes máis pulsa aqui.

badminton.jpg

Quen xoga o xadrez no MGB?

Polo I.E.S Manuel García Barros pasaron moitos xogadores do club de xadrez da Estrada. Tamén  hai afeccionados a este deporte que se apuntaron aos torneos realizados no instituto; esta serie de torneos contaron con moitos participantes. Entre os xogadores destacados está Senín Eixo, aínda alumno do MGB, que participou nun torneo intercentros nas Insuas (Muros). Para acceder a máis información preme aquí.
taboleiro.jpg

Relación dos premios do ENDL

 Premios marcadores sobre Ramón Piñeiro:

  • Catarina Barcala Gosende  1º ESO B
  • Ariadna Silva Fernández     1º ESO B

Premios literarios  "Letras Galegas":

-Premios de Poesía:

  • Claudia Murás Bugallo        1º ESO A
  • Cristian Carbajales Neira   4º ESO B

-Premios Relato Curto:

  • Patricia Calviño Rivadulla       1º ESO B
  • Xoán Reyes Villar                     2º Bach  A

Máis de teatro

O profesor Lourenzo Álvarez lembra con nós a súa participación no teatro do instituto. Podes ver a entrevista onde nos conta todos os detalles. Ademáis, podes atopar o catálogo das obras representadas polo centro nos últimos corenta anos. E atopar toda a información das últimas dúas obras representadas por alumnos de 1º de bacharelato: "A liberación da potencia" e "Diálogo entre números primos".
3594902266_ec9d65be6f.jpg

Comisión Coordinación Pedagóxica

Convócase á Comisión de Coordinación Pedagóxica para o vindeiro mércores 24 de xuño, ás 12:30 horas. Premer aquí.

Gústache o baile?

Algúns alumnos deste centro pertencen á academia SondoDance. Se che gusta o baile disfrutarás moito vendo esta páxina, mesmo pódeste apuntar, xa que a súa web contén a información necesaria. Entra, pasarás un bo rato.
edgarysvetlana.jpg
Distribuir contido