Equitación no MGB
Neste centro temos o placer de ter a un membro da selección española de equitación entre os nosos profesores, Miguel Carbajal Porto. Clica aquí se queres coñecer máis sobre él nunha entrevista que lle realizamos.
Daniela Filloy e Alba Chao en Localia TV
Enviado por webmaster o 9 Xuño, 2009 - 08:51Onte martes 8 de xuño, Daniela Filloy e Alba Chao, representando a todo o equipo de Dormes?, foron entrevistadas en Localia TV, no programa "Vive Santiago", despois do paso da obra polo teatro Principal da capital compostelana, onde repetirán en dobre sesión o día 24 de xuño. Esta foi a entrevista:
O equipo de Dormes? recolle o galardón dos Premios Buero
Enviado por webmaster o 5 Xuño, 2009 - 15:58O Taller de expresión artística do MGB ao completo, ben arropado por moitos outros membros da comunidade educativa, recolleu onte na gala celebrada no Teatro Principal de Santiago os galardóns dos premios Buero de Teatro Xove como gañador da fase autonómica e mención especial á escenografía.
Podes ler as reseñas aparecidas no Correo Gallego, no Faro de Vigo e na Voz de Galicia.
* Fotografía de María L. de la Calle
Novo premio
Enviado por Vicedirec. o 4 Xuño, 2009 - 12:59Novo premio para dúas alumnas de 1º ESO C do noso centro.
- Eva Tato Collazo obtivo o 1º premio de secundaria no Concurso de Contos Aspamite, polo traballo titulado "A axuda dunha boa amiga"
- Ana Vilanova Rey obtivo o 3º premio de secundaria no Concurso de Contos Aspamite, polo traballo "A amizade sen fronteiras"
Podes ler a reseña de prensa do Correo Gallego dende aquí.
Dormes?
Enviado por Vicedirec. o 4 Xuño, 2009 - 12:48Hoxe no Teatro Principal de Santiago ás 19:30 horas a entrega dos premios Buero e unha nova representación de Dormes?. O taller de Expresión artística do MGB recibirá o premio de GAÑADOR AUTONÓMICO e a mención especial á MELLOR ESCENOGRAFÍA.
Entrada libre. Consulta a nota de prensa enviada polos Premios Buero.
* Fotografía: X. Carbajal
Sabes que en A Estrada hai un equipo de Baloncesto....
Resolución definitiva concurso traslados secundaria
Enviado por Secret. o 3 Xuño, 2009 - 11:16Resolución pola que se resolve definitivamente o concurso de traslados de secundaria.
Subidas as imaxes da "Despedida 2009" e as orlas dos alumnos de 2º
Enviado por webmaster o 2 Xuño, 2009 - 12:18
A galería do MGB en Flickr conta con dous novos álbumes, un pertencente ao acto da "Despedida 2009" (ao que pertence a imaxe adxunta) e outro a imaxes dos alumnos no curso 2008/2009. Neste último poderás encontrar tamén as orlas dos alumnos de 2º de bacharelato en distintos formatos e tamaños. Tamén podes atopar outro álbum sobre a conferencia de Agustín Fernández Paz, ou a de Santiago Jaureguízar. |
Consello Escolar Extraordinario
Enviado por Secret. o 2 Xuño, 2009 - 08:10Convócase Consello Escolar Extraordinario para o vindeiro xoves, 4 de xuño de 2009, ás 12:25 horas. Premer aquí para acceder á orde do día.
Presentación da conferencia sobre o "Plan Bolonia"
Enviado por webmaster o 1 Xuño, 2009 - 11:40Esta foi a presentación mostrada na conferencia celebrada o pasado 28 de maio, co título "O proceso de Bolonia: un cambio estructural", elaborada por Celso Rodríguez Fernández, da Universidade de Santiago de Compostela.
Reunión pais 4º ESO
Enviado por Vicedirec. o 29 Maio, 2009 - 15:51O vindeiro mércores 3 de xuño haberá unha reunión informativa para os pais/nais dos alumnos/as de 4º ESO. Será as 17:00 horas no centro.
Avaliación de diagnóstico nos centros educativos
Enviado por Secret. o 29 Maio, 2009 - 08:59Resolución pola que se ditan instruccións para o desenvolvemento da avaliación de diagnóstico nos centros educativos correspondente ao ano 2009.
Coñece a historia do MGB
O Instituto actual de Ensino Secundario "Manuel García Barros" da Estrada tivo varias ubicacións anteriores e foi coñecido por nomes distintos ao de hoxe. Nalgunha delas seguramente estudaron os vosos país, tíos e incluso avós! Na Estrada houbo un Instituto na República, resistiu á Guerra Civíl e cando rematou pasou por varios edificios e recibiu distintas denominacións antes da actual. Seguro que che resulta moi interesante coñecer a súa historia: coñecer os distintos emplazamentos que tiveron, os distintos directores, asignaturas que se estudaban antes, os profesores que as impartían... Só tes que facer click aquí! |
Partido de fútbol no instituto nos anos 70 |
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 142
- 143
- 144
- 145
- 146
- 147
- 148
- 149
- 150
- …
- seguinte ›
- última »