Probas graduado ESO maiores 18

Convocatoria de probas para a obtención do título de graduado en educación secundaria obrigatoria para maiores de 18 anos nas convocatorias de xuño e setembro.

Charla sobre a Selectividade

O vindeiro martes 26 de maio os/as alumnos/as de 2º Bacharelato poderán asistir a unha charla impartida por Carmen MonteroAugusto Otero, ás 9:35 horas, sobre a realidade do exame de  Selectividade que van realizar.

Conferencia "Ramón Piñeiro"

Mañá venres 15 de maio, dentro das actividades do "Día das Letras Galegas", celebraráse unha conferencia sobre Ramón Piñeiro na aula de Usos Múltiples ás 10:45 horas para os grupos de 1º ESO A e C. Será impartida por Don Santiago Jaureuizar.

Novas ANPA: campamentos para o verán

CAMPAMENTO NO MAR

Está aberto o prazo de inscrición nos campamentos no mar, dirixidos a rapaces e rapazas entre 8 e 16 anos.
Para máis información: CONCELLO DA ESTRADA - DEPARTAMENTO DE SERVIZOS SOCIAIS

INGLÉS NO VERÁN

Tamén está aberto o prazo de inscrición no "ENGLISH SUMMER CAMP", organizado pola Deputación de Pontevedra, que se desenvolverá en Pontevedra na Cidade Infantil "Príncipe Felipe" durante os meses de xullo e agosto. Máis información

Vacantes para o curso 2009-2010

Orde de 27 de abril de 2009 pola que se fan públicas as vacantes definitivas para o curso 2009-2010.

Axudas económicas accidentes tráfico

Orde do 27 de abril de 2009 pola que se convocan axudas económicas para compensar gastos derivados dos accidentes de tráfico de persoal en función docente ou inspectora.

Oferta emprego público persoal docente

Decreto 287/2009, do 7 de maio, polo que se aproba a oferta de emprego público correspondente a prazas de persoal funcionario dos corpos docentes. Premer aquí.

Rutas científicas ano 2009

Orde do 16 de abril de 2009 pola que se convocan axudas para a realización de rutas científicas durante o ano 2009. Premer aquí.

Dormes? gaña a fase autonómica dos Premios Buero

Dormes?, a última creación do Taller de Expresión Artística do MGB, segue acaparando premios. Nesta ocasión vén de proclamarse vencedora da fase Galega dos Premios Buero, entre outras 16 obras finalistas.

O premio? Participar na fase final Estatal deste prestixioso certame e asisitir, profesores e alumnos, na primeira semana de xullo, ao 2º Campus de Teatro Buero que se celebrará en Madrid, impartido polos mellores profesionais do mundo da escena (actores, directores, etc.).

Pero antes diso aínda haberá unha nova respresentación da obra nun teatro e nunha data aínda por determinar, á que asistirá o xurado da Fase Estatal e da que se realizará unha gravación profesional.

Un aplauso para todo o equipo de Dormes? e toda a sorte na disputa deses 3 premios da Fase Estatal Seguro que o conseguen!

Premios Buero

Concurso méritos equipo directivos

Orde do 5 de maio de 2009 pola que se convoca concurso de méritos para a selección e nomeamento da dirección dos centros docentes públicos. Premer aquí para acceder a ela.

Correlingua

O vindeiro 14 de maio os/as alumnos/as de 1º ESO participarán no Correlingua que  se celebrará na Estrada. Sairán ás 9:35 horas e voltarán ao centro ás 14:25.

Festival Viaxe a Túnez 4º de ESO

Mañá venres 1 de maio, ás 21:00 horas, terá lugar, no teatro Principal da Estrada, o festival para a Viaxe a Túnez dos alumnos de 4º da ESO.

Haberá música en directo, coreografías, monólogos, desfile para elixir o mister e a miss MGB 2009, baile galego, sorteos, e moito máis!

Descarga o programa en *.pdf.

rebeca_A3cuarto500.jpg

Claustro extraordinario

Convócase claustro extraordinario para o vindeiro martes 5 de maio de 2009, ás 10:25 horas. Premer aquí para acceder á orde do día.

Novo éxito do MGB na XX Olimpiada de Física

Os alumnos de 2º Bacharelato-A, Álvaro García Martínez e Diego Oliveira Sánchez, obtiveron, respectivamente, “MEDALLA de BRONCE” e “MENCIÓN de HONOR” na XX Olimpiada Española de Física celebrada na Universidade Pública de Navarra.

Desde aquí queremos felicitalos, desexarlles moitos éxitos na súa próxima etapa universitaria, e darlles as gracias polo gran traballo que fixeron.

369980-455355.jpg

Consello Escolar

Convócase Consello escolar ordinario para o vindeiro martes 5 de maio de 2009, ás 18:15 horas. Premer aquí para ver a orde do día.

Distribuir contido