Resolución acceso corpo de catedráticos
Enviado por Secret. o 24 Marzo, 2009 - 13:21Orde pola que se resolve o procedemento de acceso aos corpos de catedráticos. Premer aquí para acceder a ela.
Conferencia
Enviado por Vicedirec. o 24 Marzo, 2009 - 12:00O vindeiro venres 27 de marzo haberá unha conferencia, para os/as alumnos/as de 4º ESO, a cargo de Antía Otero e Mª Soutelo Vázquez que falarán sobre os seus libros de poesía, "O son da xordeira" e "Código poético" respectivamente. Será ás dúas últimas horas en Usos Múltiples
Videoconferencia entre os IES da Estrada
Enviado por Vicedirec. o 24 Marzo, 2009 - 11:54O vindeiro venres 27 de marzo con motivo do "Día da poesía" os/as alumnos/as de 2º ESO e 3º ESO A participarán na videoconferencia "Versos a Palestina" realizada entre os tres IES da Estrada, coa colaboración técnica do Centro Multimedia de Galicia, e na que se lerán diversas poesías conmemorativas. Será na Biblioteca do centro ás dúas últimas horas.
Comisión de coordinación pedagóxica
Enviado por Secret. o 23 Marzo, 2009 - 12:13Convócase á Comisión de coordinación pedagóxica para o vindeiro mércores, 1 de abril de 2009. Premer aquí para ver a orde do día.
Cortes da conexión a Internet do centro
Enviado por webmaster o 22 Marzo, 2009 - 22:59Co gallo da preparación da videoconferencia que realizarán os tres IES da Estrada o vindeiro venres 27, será preciso realizar os seguintes cortes no servizo de Internet do centro:
- Xoves 26, de 10:25 a 11:35.
- Venres 27, de 10:25 a 11:35 e de 12:25 a 14:25.
Desculpade as molestias que esto puidera ocasionar.
Entrevista aos "Olímpicos" do MGB
Enviado por webmaster o 17 Marzo, 2009 - 09:00Entrevista no Espazo de Correo TV "Preguntoiro" a Diego Oliveira e Álvaro García, alumnos do MGB medalla de ouro e bronce respectivamente, na XX Olimpiada Nacional de Física.
Subidos novos vídeos do Festival de París!
Enviado por webmaster o 14 Marzo, 2009 - 16:23Xa podedes ver os vídeos do Baile de salón e da obra de Teatro "Diálogo entre números primos. A liberación da pontencia" (este último en dúas partes)
Novidades Oferta Educativa curso 2009-2010
Enviado por XefeEstudos o 13 Marzo, 2009 - 12:49No documento adxunto atoparedes as principais novidades na oferta educativa para o curso 2009-2010: itinerarios de 4º da ESO, novas asignaturas en 1º de Bacharelato, e os cambios que introduce a LOE en 2º. Preme aquí para acceder ao documento ou ben consulta directamente na web:
Presentación de solicitudes de admisión de novos alumnos
Enviado por Secret. o 12 Marzo, 2009 - 12:49Charla da USC
Enviado por Vicedirec. o 12 Marzo, 2009 - 12:04O vindeiro mércores 18 de marzo o Vicerreitor de Oferta Docente e Espazo Europeo de Educación Superior, Sr. D. Máximo Pló Casasús, informará ao alumnado de 2º Bacharelato sobre o Plan Bolonia; estará acompañado do Coordinador do Programa "A ponte entre o Ensino Medio e a USC", Sr. D. Luis María Hervella Torrón que falará de Oferta Educativa.
Será na aula de Usos Múltiples dende as 10:45 ata as 12:25 horas.
Teatro Grecolatino en Lugo
Enviado por Vicedirec. o 9 Marzo, 2009 - 14:12Mañá martes de 10 de marzo dentro das actividades do proxecto "2000 anos por correo" os/as alumnos/as de 4º ESO B, 1º Bacharelato C e 2º Bacharelato C irán a Lugo a ver dúas obras de teatro Grecolatino: "Antígona "e "Mostellaira". Sairán ás 8:45 horas e voltarán sobre ás 20:00 horas
Éxito do MGB na Olimpiada Nacional de Física
Enviado por webmaster o 6 Marzo, 2009 - 11:22Os alumnos de 2º de Bacharelato A, Diego Oliveira Sánchez e Álvaro García Martínez, obtiveron, respectivamente, o PRIMEIRO (medalla de ouro) e TERCEIRO posto (Medalla de bronce) na XX Olimpiada Nacional de Física na súa fase Local. Ambos alumnos representarán á Universidade de Santiago de Compostela na Fase Nacional que se celebrará na Universidade de Pamplona entre o 24 e 27 de abril de 2009.
Consulta as notas de prensa aparecidas na Voz de Galicia, no Correo Galego e no Faro de Vigo.
Consello escolar ordinario
Enviado por Secret. o 5 Marzo, 2009 - 12:15Convócase Consello escolar ordinario para o vindeiro martes, 10 de marzo de 2009. Premer aquí para ver a orde do día.
Asemblea da APA e presentación da escola de pais e nais
Enviado por webmaster o 27 Febreiro, 2009 - 13:40A presentación da escola de pais e nais será o día 4 de marzo ás 20:15 horas no Teatro Principal da Estrada.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 147
- 148
- 149
- 150
- 151
- 152
- 153
- 154
- 155
- …
- seguinte ›
- última »