Certame Cooperativismo do ensino 2009

Mañá mércores 18 de febreiro, na segunda hora, haberá na aula de Usos Múltiples do centro unha conferencia dentro do Certame de Cooperativismo do ensino 2009 para os/as alumnos/as de 1º de bacharelato da asignatura de Economía.

Axudas para cursos de idiomas na Unión Europea

Orde que establece as bases que rexen as axudas a mozos e mozas para a realización de cursos de idiomas en calquera dos estados membros da Unión Europea. Premer aquí.

Probas de acceso aos ciclos formativos

Resolución do 7 de xaneiro de 2009 pola que se convocan probas de acceso aos ciclos formativos de formación profesional. Premer aquí para acceder a ela.

Proceso de incorporación ás universidades galegas no curso 2009-2010

Orde do 29 de xaneiro de 2009 pola que se regula o proceso de incorporación para o curso 2009-2010 dos estudantes ao nivel universitario do ensino nos centros das tres universidades galegas. Premer aquí para vela.

Probas de acceso á universidade, curso 2008-2009

Orde do 28 de xaneiro de 2009, pola que se regulan para o ano académico 2008-2009 as probas de acceso á universidade. Premer aquí para acceder a ela.

Un mundo ideal - O MGB en Tàrraco

Presentamos o vídeo da viaxe dos alumnos de latín de 2º de Bacharelato a Tarragona, dentro do proxecto dos "2000 años por correo".

Forum 09

O vindeiro xoves 12 de febreiro os alumnos de 1º Bacharelato visitarán o Forum 09 na Coruña. Sairán do centro ás 8:45 horas e voltarán ás 14:25 horas. Para máis información sobre o Forum preme aqui

Obradoiro Paz e Desenvolvemento

O vindeiro mércores 11 de febreiro os alumnos de 1º ESO participarán nun obradoiro da ONG Paz e Desenvolvemento na aula de Usos Múltiples do centro. Con tal motivo están expostos uns carteis divulgativos e unha exposición fotográfica no centro dende o pasado luns 2 de febreiro.

Olimpiada Española de Física

O vindeiro 27 de febreiro os alumnos Alvaro García Martínez, Diego Oliveira Sánchez e Jorge Luis  Porto Fuentes de 2º Bacharelato A,  participarán na Olimpiada Española de Física na súa fase local na Facultade de Física da Universidade de Santiago de Compostela. Para máis información preme aquí e aquí

Os alumnos "clásicos" do MGB no concurso Odisea 2009

Os alumnos de Latín, Grego e Cultura Clásica do MGB están participando no concurso "en liña" ODISEA 2009, organizado pola Sección galega da SEEC (Sociedade española de Estudios Clásicos). O concurso consiste nunha serie de preguntas que deben ser respostadas polos alumnos, divididos en equipos de 3 membros como máximo. Participan centros de toda Galicia. Hoxe, os nosos equipos estarán na sala de informática e na biblioteca na 3ª e 4ª hora, intentando acadar o mellor dos resultados. Sorte a tod@s!
logo_odisea copia.jpg

Viaxe a Tarragona

O pasado sábado 30 de xaneiro regresaron os/as alumnas que participaron en diversas actividades do proxecto "2000 anos por correo" en Tarragona durante os días 27, 28, 29 de xaneiro. Alí realizaron talleres de arqueoloxía, lucernas e lexionario nas instalacións do Camp d´aprentenatge, visitaron o museo arqueolóxico de Tarraco e o museo provincial, o anfiteatro e o circo,  e tamén fixeron un percorrido polas ruinas da villa romana dels Munts. Accede dende aquí á galería de imaxes desta viaxe.

tarraco_grupo_mgb.jpg

Consello Escolar

Convócase Consello Escolar para o vinderio martes 10 de febreiro de 2009. Premer aquí para ver a orde do día.

O noso instituto xa ten dominio na Internet: iesgarciabarros.org

Dende agora xa é máis doado acceder e lembrar a dirección da páxina web do centro pois pasa a ser: www.iesgarciabarros.org, grazas a que se adquiríu o dominio iesgarciabarros.org. Do mesmo xeito, xa se pode acceder ás distintas seccións tecleando directamente, por exemplo:

Cómpre indicar que as direccións antigas seguen tendo total validez, polo que non fai falla actualizar marcadores nin favoritos.

Exposición "Ríos de Galicia. Tesouros de Vida"

O vindeiro luns 2 de febreiro os/as alumnos/as de 4º ESO visitarán a exposición "Ríos de Galicia. Tesouros de vida" e asistirán a proxección do documental "Augas vivas de Galicia" na Sala de Exposicións de Caixanova na Estrada. Sairán ás 10:25 horas e voltarán ás 14:25 horas.

Proxecto Terra

O vindeiro 3 e 4 de marzo os/as alumnos/as de 4º ESO irán a Melgaço en Portugal para realizar distintas actividades do Proxecto Terra.

Distribuir contido