Forum 09
Enviado por Vicedirec. o 6 Febreiro, 2009 - 13:13O vindeiro xoves 12 de febreiro os alumnos de 1º Bacharelato visitarán o Forum 09 na Coruña. Sairán do centro ás 8:45 horas e voltarán ás 14:25 horas. Para máis información sobre o Forum preme aqui
Obradoiro Paz e Desenvolvemento
Enviado por Vicedirec. o 6 Febreiro, 2009 - 13:06O vindeiro mércores 11 de febreiro os alumnos de 1º ESO participarán nun obradoiro da ONG Paz e Desenvolvemento na aula de Usos Múltiples do centro. Con tal motivo están expostos uns carteis divulgativos e unha exposición fotográfica no centro dende o pasado luns 2 de febreiro.
Olimpiada Española de Física
Enviado por Vicedirec. o 6 Febreiro, 2009 - 12:57O vindeiro 27 de febreiro os alumnos Alvaro García Martínez, Diego Oliveira Sánchez e Jorge Luis Porto Fuentes de 2º Bacharelato A, participarán na Olimpiada Española de Física na súa fase local na Facultade de Física da Universidade de Santiago de Compostela. Para máis información preme aquí e aquí
Os alumnos "clásicos" do MGB no concurso Odisea 2009
Enviado por webmaster o 5 Febreiro, 2009 - 10:15Viaxe a Tarragona
Enviado por Vicedirec. o 3 Febreiro, 2009 - 10:04O pasado sábado 30 de xaneiro regresaron os/as alumnas que participaron en diversas actividades do proxecto "2000 anos por correo" en Tarragona durante os días 27, 28, 29 de xaneiro. Alí realizaron talleres de arqueoloxía, lucernas e lexionario nas instalacións do Camp d´aprentenatge, visitaron o museo arqueolóxico de Tarraco e o museo provincial, o anfiteatro e o circo, e tamén fixeron un percorrido polas ruinas da villa romana dels Munts. Accede dende aquí á galería de imaxes desta viaxe.
Consello Escolar
Enviado por Secret. o 2 Febreiro, 2009 - 12:54Convócase Consello Escolar para o vinderio martes 10 de febreiro de 2009. Premer aquí para ver a orde do día.
O noso instituto xa ten dominio na Internet: iesgarciabarros.org
Enviado por webmaster o 1 Febreiro, 2009 - 23:07Dende agora xa é máis doado acceder e lembrar a dirección da páxina web do centro pois pasa a ser: www.iesgarciabarros.org, grazas a que se adquiríu o dominio iesgarciabarros.org. Do mesmo xeito, xa se pode acceder ás distintas seccións tecleando directamente, por exemplo:
- www.iesgarciabarros.org/aulavirtual (para ir os cursos on-line do profesorado)
- www.iesgarciabarros.org/galerias (para visitar as galerías de imaxes das actividades que realiza o centro)
- www.iesgarciabarros.org/correo (para consultar o teu correo @eduxove.xunta.es ou @edu.xunta.es)
- www.iesgarciabarros.org/xade (para que o profesorado poida acceder ao programa xade)
Cómpre indicar que as direccións antigas seguen tendo total validez, polo que non fai falla actualizar marcadores nin favoritos.
Exposición "Ríos de Galicia. Tesouros de Vida"
Enviado por Vicedirec. o 30 Xaneiro, 2009 - 10:07O vindeiro luns 2 de febreiro os/as alumnos/as de 4º ESO visitarán a exposición "Ríos de Galicia. Tesouros de vida" e asistirán a proxección do documental "Augas vivas de Galicia" na Sala de Exposicións de Caixanova na Estrada. Sairán ás 10:25 horas e voltarán ás 14:25 horas.
Proxecto Terra
Enviado por Vicedirec. o 30 Xaneiro, 2009 - 10:01O vindeiro 3 e 4 de marzo os/as alumnos/as de 4º ESO irán a Melgaço en Portugal para realizar distintas actividades do Proxecto Terra.
Fotos da excursión a Jaca/Candanchú
Enviado por webmaster o 28 Xaneiro, 2009 - 14:12Xa están accesibles as fotos da excursión a Jaca/Candanchú. Podédelas visualizar na Galería do centro, pinchando no álbum co mesmo nome ou directamente aquí.
Calendario de sesións da segunda Avaliación
Enviado por XefeEstudos o 28 Xaneiro, 2009 - 14:03Xefatura de Estudos publica o calendario da 2ª avaliación. Para acceder a el preme aquí.
Tropa de trapo: "A hora azul"
Enviado por BiblioMGB o 23 Xaneiro, 2009 - 13:30A hora azul é un espectáculo de música e contacontos, onde dúas voces suxerentes, de muller e de home, narran historias traídas do lonxano oriente, da Galicia, de Andalucía, de calquera parte do mundo e de todas á vez. Son historias humanas e sinceras, cheas de vida, acompañadas polo son do laúde árabe, da darbouka, da guitarra flamenca, do caixón, da guitarra portuguesa...
Esta actividade está financiada conxuntamente pola Biblioteca, o departamento de Lingua Española, o departamento de Educación Física e Normalización Lingüística.
Teatro "Llamada perdida"
Enviado por Vicedirec. o 21 Xaneiro, 2009 - 11:37O vindeiro martes 27 de xaneiro os/as alumnos/as de 3º e 4º ESO asistirán a unha obra de Teatro "Llamada perdida" no Colexio La Salle de Santiago (cambio de ubicación). Sairán ás 10 :30 horas e voltarán ás 14:25 horas
Novo premio para un profesor do MGB
Enviado por webmaster o 20 Xaneiro, 2009 - 09:27Concerto didáctico
Enviado por Vicedirec. o 16 Xaneiro, 2009 - 10:44O vindeiro mércores 21 de xaneiro os alumnos/as de 4º ESO e 1º, 2º Bacharelato asistirán a un concerto didáctico da REAL FILHARMONÍA DE GALICIA dirixida por Maximino Zumalave Haydn, Sinfonía nº 82 en Do maior “O oso” no Auditorio de Galicia en Santiago de Compostela. Sairán ás 09: 35 horas do instituto e voltarán ás 14:25 horas ó centro.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 149
- 150
- 151
- 152
- 153
- 154
- 155
- 156
- 157
- …
- seguinte ›
- última »