Axudas económicas accidentes tráfico
Enviado por Secret. o 12 Maio, 2009 - 08:56Orde do 27 de abril de 2009 pola que se convocan axudas económicas para compensar gastos derivados dos accidentes de tráfico de persoal en función docente ou inspectora.
Oferta emprego público persoal docente
Enviado por Secret. o 8 Maio, 2009 - 08:32Decreto 287/2009, do 7 de maio, polo que se aproba a oferta de emprego público correspondente a prazas de persoal funcionario dos corpos docentes. Premer aquí.
Rutas científicas ano 2009
Enviado por Secret. o 8 Maio, 2009 - 08:12Orde do 16 de abril de 2009 pola que se convocan axudas para a realización de rutas científicas durante o ano 2009. Premer aquí.
Dormes? gaña a fase autonómica dos Premios Buero
Enviado por webmaster o 7 Maio, 2009 - 12:52Dormes?, a última creación do Taller de Expresión Artística do MGB, segue acaparando premios. Nesta ocasión vén de proclamarse vencedora da fase Galega dos Premios Buero, entre outras 16 obras finalistas.
O premio? Participar na fase final Estatal deste prestixioso certame e asisitir, profesores e alumnos, na primeira semana de xullo, ao 2º Campus de Teatro Buero que se celebrará en Madrid, impartido polos mellores profesionais do mundo da escena (actores, directores, etc.).
Pero antes diso aínda haberá unha nova respresentación da obra nun teatro e nunha data aínda por determinar, á que asistirá o xurado da Fase Estatal e da que se realizará unha gravación profesional.
Un aplauso para todo o equipo de Dormes? e toda a sorte na disputa deses 3 premios da Fase Estatal Seguro que o conseguen!
Concurso méritos equipo directivos
Enviado por Secret. o 7 Maio, 2009 - 12:27Orde do 5 de maio de 2009 pola que se convoca concurso de méritos para a selección e nomeamento da dirección dos centros docentes públicos. Premer aquí para acceder a ela.
Correlingua
Enviado por Vicedirec. o 6 Maio, 2009 - 10:14O vindeiro 14 de maio os/as alumnos/as de 1º ESO participarán no Correlingua que se celebrará na Estrada. Sairán ás 9:35 horas e voltarán ao centro ás 14:25.
Festival Viaxe a Túnez 4º de ESO
Enviado por webmaster o 30 Abril, 2009 - 16:51Mañá venres 1 de maio, ás 21:00 horas, terá lugar, no teatro Principal da Estrada, o festival para a Viaxe a Túnez dos alumnos de 4º da ESO.
Haberá música en directo, coreografías, monólogos, desfile para elixir o mister e a miss MGB 2009, baile galego, sorteos, e moito máis!
Claustro extraordinario
Enviado por Secret. o 29 Abril, 2009 - 09:43Convócase claustro extraordinario para o vindeiro martes 5 de maio de 2009, ás 10:25 horas. Premer aquí para acceder á orde do día.
Novo éxito do MGB na XX Olimpiada de Física
Enviado por webmaster o 28 Abril, 2009 - 23:48Desde aquí queremos felicitalos, desexarlles moitos éxitos na súa próxima etapa universitaria, e darlles as gracias polo gran traballo que fixeron.
Consello Escolar
Enviado por Secret. o 28 Abril, 2009 - 11:56Convócase Consello escolar ordinario para o vindeiro martes 5 de maio de 2009, ás 18:15 horas. Premer aquí para ver a orde do día.
Cine para os membros do MGB
Enviado por webmaster o 28 Abril, 2009 - 08:06Mañá mércores 29 de abril, vaise proxectar a película "La Clase" (Entre les murs), de Laurent Cantet, premiada no festival de Cannes.
Será no cine da Estrada, ás 19:30 horas, en pase privado para a comunidade educativa do MGB, grazas ás xestións de María López de la Calle.
Publicación lista de opositores
Enviado por Secret. o 27 Abril, 2009 - 11:50Orde pola que se fai pública a lista de opositores que superaron os procedementos selectivos convocados pola Orde do 9 de abril de 2008. Premer aquí para acceder a ela.
Plan mellora bibliotecas 2009-2010
Enviado por Secret. o 27 Abril, 2009 - 11:38Orde do 31 de marzo de 2009 pola que se convoca o plan de mellora de bibliotecas escolares en centros públicos non universitarios para o curso 2009-2010. Premer aquí para acceder a ela.
Dormes? gaña o premio especial do público en Goián!
Enviado por webmaster o 27 Abril, 2009 - 00:04Miguel Carbajal subiu de novo ao escenario no día de onte, para recoller, de mans da alcaldesa de Goián, o premio especial do público na terceira edición da Mostra de teatro non profesional do Miño, promovida pola Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural da Consellería de Cultura.
Un éxito máis para esta creación do Taller de Expresión artística do MGB, que agarda o veredicto do xurado dos premios nacionais de teatro Buero Vallejo para acudir á fase final estatal en Madrid.
Charla informativa sobre o Plan Bolonia (ANPA)
Enviado por webmaster o 24 Abril, 2009 - 13:34A USC ( Universidade de Santiago de Compostela) oferta unha charla informativa sobre os cambios que supón no ensino muniversitario a implantación do "Plan Bolonia".
Esta charla estaría dirixida a pais de alumnos de bacharelato e últimos cursos da ESO. Requírese un mínimo de 20 pais que se comprometan a asistir, polo que a directiva da ANPA está recollendo firmas.
A charla sería o 28 de Maio pola tarde. Mandarase unha circular polos rapaces a semana anterior.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 145
- 146
- 147
- 148
- 149
- 150
- 151
- 152
- 153
- …
- seguinte ›
- última »