Segunda sesión da Escola de Pais (ANPA)

A ANPA (asociación de nais e pais do MGB) informa sobre a segunda sesión da Escola de Pais, que terá lugar o vindeiro xoves 30 de abril, ás 20:30 horas, no Teatro Principal da Estrada.

Sotavento

O vindeiro 12 de maio do 2009 os/as alumnos/as de 2º ESO visitarán o Parque Experimental de Sotavento. Sairán ás 08:45 horas e voltarán ás 18:10 horas aproximadamente. Para máis información sobre o parque premer aquí

Dormes?

Mañá venres 24 de abril no Auditorio de Goián ás 20:30 horas haberá unha nova de representación do Taller de Expresión Artística do MGB, finalista da Mostra de Teatro do Miño, que optan o premio do público. Sairán autobuses gratuitos postos polo Concello.  

Subidas as fotos da viaxe a París

Xa podedes ver (e descargar) as fotografías da viaxe a París. Encontraralas  na nova galería de imaxes do MGB en Flickr.

Se alguén quere todas as fotos e os vídeos, debe falar con Arturo e ir provisto dun lápis de memoria de 2 gigas (como mínimo...!).

collage_paris.png

II Mini Olimpiada Galega de Química

Os alumnos Lucía Rodríguez Vázquez, Álvaro Brey Vilas, Sara Campos Rosende e Paula Romero Bermúdez (3º ESO), dirixidos por Augusto Otero participarán na II Olimpiada Galega de Química organizada polo colexio Oficial de Químicos de Galicia que celebrarase na sua fase de zona o venres 24 de abril na Facultade de Química da USC. Para máis información premer aquí

Miguel Carbajal, entrevistado no Correo TV

Con motivo do recente premio concedico a Dormes?, o profesor Miguel Carbajal foi entrevistado o pasado venres no programa "Preguntoiro" do Correo TV.

Calendario exames finais de pendentes

Xa están fixadas as datas para os exames finais das asignaturas pendentes. Podes consultalas no taboleiro de clase, no panel de Secretaría ou ben descargar aquí o ficheiro. Se tes calquera dúbida, diríxete ao correspondente xefe de Departamento.

Claustro ordinario

Convócase claustro ordinario para o vindeiro xoves, 23 de abril de 2009, ás 16:30 horas. Premer aquí para ver a orde do día.

Exposición "Arousa Submarina"

A vindeira semana do 20 ao 24 de abril poderemos contemplar na Aula de Usos Múltiples do centro, unha exposición de Javier Miguens patrocinada pola Pinacoteca Juan Sanmartin Cao, que leva o título "Arousa Submarina". Ademáis o luns 20 de abril a 4ª hora os /as alumnos/as de 4º ESO A e 1º Bacharelato A asistirán a unha conferencia  impartida polo autor.

Dormes?, seleccionada para a 3ª edición da Mostra de Teatro do Miño

A obra do Taller de Expresión artística do MGB, dirixida polo profesor Miguel Carbajal, foi seleccionada entre 27 grupos de teatro non profesionais, de Galicia e Portugal, para participar na terceira edición da Mostra de teatro non profesional do Miño, promovida pola Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural da Consellería de Cultura. A cita será nas vilas de Goián e A Guarda, os días 24, 25 e 26 de abril de 2009. Podes ler a crónica da noticia no xornal "El Correo Gallego", e unha reseña da última representación da obra no Teatro Principal no blogue A Estrada Cultural.
dormes_550.png

Hoxe, nova representación de "Dormes?"

Hoxe, ás 21:30 horas, no Teatro Principal da Estrada, asistiremos a unha nova representación de Dormes?, unha creación do Taller de Expresión Artística do MGB, dirixida por Miguel Carbajal. Nesta ocasión estarán presentes os delegados dos premios nacionais de teatro "Buero Vallejo", de cara a unha posible participación na fase final deste certame, que terá lugar en Madrid a finais de curso.

Desexamos o maior éxito para toda "a compañía", e que pronto poidan estar ensaiando para esa final nacional. Sorte hoxe!.

Dormes_melisa_8abril_09.jpg

Un campeón de España no MGB

Pablo Sanmartín Andújar, alumno de 1º C de ESO do MGB é o novo Campeón de España de bádminton na categotía sub13, nas modalidades de individual e dobres. A competición celebrouse o fin de semana do 28 e 29 marzo en Sevilla. Desde aquí queremos felicitalo e animalo a continuar a súa progresión, así como eloxiar o traballo e a humildade que amosa día a día: noraboa.  

Masterclass Europea de Física

O vindeiro venres  3 de abril os alumnos Diego Oliveira Sánchez, Álvaro García Martínez, Jorge Luis Porto Fuentes e Daniel Vázquez Vázquez participarán na Masterclass Europea de Física (Física de partículas coas mans"), organizada pola Facultade de Física da Universidade de Santiago de Compostela. Para saber máis premer aquí

Martes, 14 de abril: día non lectivo

O martes 14 de abril de 2009 será día non lectivo. É un dos dous días dos que dispoñen os centros cando os festivos locais caen fóra do calendario lectivo.

Resolución provisional concurso traslados secundaria

Resolución do 24 de marzo de 2009, da Secretaría Xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria. Premer aquí.

Distribuir contido