Éxito dos estudantes do MGB nos Premios Extraordinarios da ESO
Enviado por Vicedirec. o 18 Decembro, 2009 - 14:20- Carbajales Neira, Cristian
- De la Calle Cuevas, Manuel
- Picallo Otero, Lara
- Rodríguez Castro, Marta
- Vilar Rebolo, Helena
- Mato Búa, Rocío
Unha vez publicadas as puntuacións provisionais obtidas por cada un, comprácenos informar que a alumna Rocío Mato Búa figura entre as 20 mellores puntuacións e que, de non haber modificacións, contaría cun Premio Extraordinario da ESO, correspondente ao curso 2008-2009.
Tamén informamos que a alumna Yasmina Vázquez Varela conseguíu, dentro da listaxe provisional, un Premio Extraordinario de ESO ao esforzo e superación persoal correspondente ao curso 2008-2009. Tamén a prensa se fixo eco desta boa nova.
Suspensión das clases mañá mércores 16 de decembro
Enviado por Vicedirec. o 15 Decembro, 2009 - 17:06Comisión de Coordinación Pedagóxica
Enviado por Secret. o 11 Decembro, 2009 - 11:51Onte, día 10 de decembro de 2009, tivo lugar unha reunión da Comisión de Coordinación Pedagóxica.
Actividade lectiva do martes 22 de decembro e vacacións de Nadal
Enviado por XefeEstudos o 11 Decembro, 2009 - 10:46O martes 22 de decembro as clases desenvolveranse con normalidade ata as 11:35. Entre 11:35 e 12:00, @s titor@s entregarán os boletíns de notas, que haberá que traer asinados á volta de vacacións, o luns 11 de xaneiro.
Entre 12:00 e 12:45, disputarase un partido de fútbol sala entre profesores e alumnos, e a partir das 13:00, en Usos Múliples, terá lugar o Festival de Nadal.
Mundo salvaxe MGB: escaravellos de Galicia
Enviado por webmaster o 11 Decembro, 2009 - 10:05Os ordenadores da biblioteca
Enviado por BiblioMGB o 9 Decembro, 2009 - 01:36A biblioteca do MGB amplía os seus servizos: grazas á colaboración de varias persoas, en especial o alumnado de 4º de ESO que ten Tecnoloxía e que cableou a rede, dispoñemos de sete ordenadores antigos funcionando a pleno rendemento coa tecnoloxía propia de Linux chamada LTSP como se fosen novos, polo que poden ser utilizados de forma individual por calquera usuario ou colectivamente por un grupo-clase acompañado do seu profesor.
O incremento na asistencia nos recreos e nas horas de clase é notable, pero cómpre recordarmos que os ordenadores do centro teñen unha finalidade didáctica: se non a respectamos, o profesor de garda pode retirarnos do ordenador que esteamos a usar.
Viaxe a Roma 2010: reunión mércores 2º recreo
Enviado por webmaster o 30 Novembro, 2009 - 17:30Aprendendo Matemáticas e Cultura Clásica co cine: "Ágora"
Enviado por Vicedirec. o 27 Novembro, 2009 - 00:22Saídas didácticas realizadas recentemente polo alumnado
Enviado por Vicedirec. o 27 Novembro, 2009 - 00:12Recentemente o alumnado do noso centro realizou dúas interesantes visitas didácticas:
- O venres 20 de novembro alumnado de 2º de Bacharelato visitou as instalacións de Meteogalicia e o CESGA en Santiago de Compostela, visitas encadradas dentro da apertura de portas á sociedade en xeral que con motivo da Semana da Ciencia realizan os centros de investigación do Estado.
- O martes 24 de novembro alumnado de 4º de ESO e 1º de Bacharelato realizou a tradicional visita ás instalacións da factoría PSA-Citroen en Vigo, organizada polo Departamento de Tecnoloxía do noso centro. Tamén se aproveitou a saída para coñecer o Museo do Mar de Galicia, tamén situado en Vigo, e a Escola de Canteiros de Pontevedra, situada en Poio.
Proxección do filme documental "Afranio"
Enviado por Vicedirec. o 26 Novembro, 2009 - 00:05En conxunto coa exposición sobre a figura do senlleiro galeguista Antón Alonso Ríos, proxectarase para o alumnado de 2º de Bacharelato o vindeiro venres 27 de novembro, a 3ª e 4ª hora, o documental "Afranio", baseado na autobiografía do mesmo autor e protagonizado por Luis Tosar. Tedes unha reseña do devandito documental pinchando aquí.
Charla do escritor Domingo Villar
Enviado por Vicedirec. o 25 Novembro, 2009 - 23:54O próximo xoves 26 de novembro ofrecerá unha charla ao alumnado de 4º de ESO o escritor Domingo Villar. Terá lugar en usos múltiples a 2ª hora.
NOTA DE ÚLTIMA HORA: Domingo Villar non puido ofrecer a súa charla debido a enfermidade dun familiar. Pideu desculpas pola molestias e aprázase a súa charla para máis adiante, seguramente para a 2ª avaliación
O MGB en Inforensino
Enviado por webmaster o 19 Novembro, 2009 - 12:42Vacantes concurso de traslados mestres
Enviado por Secret. o 18 Novembro, 2009 - 11:55Resolución do 11 de novembro de 2009, pola que se anuncian os postos de traballo vacantes que serán obxecto de provisión no concurso de traslados do corpo de mestres.
Vacantes provisorias secundaria 2010-2011
Enviado por Secret. o 18 Novembro, 2009 - 11:50Orde do 9 de novembro de 2009 pola que se fan públicas as vacantes provisorias do corpo de profesores que imparten ensino secundario para o curso 2010- 2011.
Concurso de traslados mestres
Enviado por Secret. o 18 Novembro, 2009 - 11:45Orde do 6 de novembro de 2009 pola que se convoca concurso de traslados do corpo de mestres.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 137
- 138
- 139
- 140
- 141
- 142
- 143
- 144
- 145
- …
- seguinte ›
- última »