Saídas didácticas realizadas recentemente polo alumnado
Enviado por Vicedirec. o 27 Novembro, 2009 - 00:12
Recentemente o alumnado do noso centro realizou dúas interesantes visitas didácticas:
- O venres 20 de novembro alumnado de 2º de Bacharelato visitou as instalacións de Meteogalicia e o CESGA en Santiago de Compostela, visitas encadradas dentro da apertura de portas á sociedade en xeral que con motivo da Semana da Ciencia realizan os centros de investigación do Estado.
- O martes 24 de novembro alumnado de 4º de ESO e 1º de Bacharelato realizou a tradicional visita ás instalacións da factoría PSA-Citroen en Vigo, organizada polo Departamento de Tecnoloxía do noso centro. Tamén se aproveitou a saída para coñecer o Museo do Mar de Galicia, tamén situado en Vigo, e a Escola de Canteiros de Pontevedra, situada en Poio.