Alumnos do MGB na Masterclass Europea de Física

Os alumnos de 2º de Bacharelato do noso centro: Alejandro Cabal Tato e Paula Leis López participarán o venres 26 de febreiro na MASTERCLASS EUROPEA de FÍSICA (“Física de Partículas coas mans”), organizada pola Facultade de Física da Universidade de Santiago de Compostela. É unha xornada na que profesores do Dpto. de Física de Partículas da Facultade de Física da USC, en colaboración co CERN, tentarán achegar o mundo das partículas elementais a estudantes de último curso de Bacharelato.
Para saber máis, premer no link:
http://fpaxp1.usc.es/~masterclass/index.html

Nace unha nova web do MGB: VRBS ROMA 2010

Dende os Departamentos de Latín e Xeografía e Historia, e coordinada polos profesores Esther Sánchez e Álvaro P. Vilariño, nace esta nova web do MGB, na que imos traballar para preparar a nosa viaxe a Roma no vindeiro mes de abril de 2010.
Intentaremos facer unha completa guía da nosa viaxe, con tódalas novas relacionadas coa mesma, así como unha descrición pormenorizada de tódolos monumentos, museos e sitios de Roma que visitaremos. 
web_vrbs_roma_mgb_2010.png

Jazz na Estrada este venres

O grupo de jazz funky estradense Carlos Barruso dará este venres un concerto na Estrada que será o debut público da súa formación actual. Será o venres 26 pola noite na cafetería Nicol´s. Alí estará o profesor do MGB Miguel Carbajal (guitarra), e o pai de Álex Cabal "Tato", alumno de 2º de bacharelato (baixo). Máis información neste artigo da Voz de Galicia e máis neste.
quinteto_carlos_barruso_2010_red.jpg

Premio extraordinario ESO curso 2008/2009

Yasmina Varela Álvarez, alumna do noso Centro o pasado curso, vén de recibir o premio extraordinario de Educación Secundaria Obligatoria ao esforzo e superación persoal correspondente ao curso 2008/2009. Dende aquí a nosa Noraboa!

Homenaxe de despedida a dona Paz Lamela

O pasado sábado día 23 xaneiro tivo lugar unha Comida-homenaxe de despedida a Dona Paz Lamela, inspectora da zona escolar da Estrada durante moitos anos. Desexámoslle sorte no seu novo destino e agradecerlle o traballo e o apoio que nos brindou nestes anos.

A DIRECCIÓN

homenaxe-paz_lamela_2010.jpg

As seccións bilingües do MGB na prensa

A Voz de Galicia publicou unha reportaxe sobre as seccións bilingües no noso Instituto e outros centros da zona. Podes consultar o artigo aquí.

"Mamíferos de África" novo álbum do Mundo Salvaxe MGB

Dentro da colección "Mundo Salvaxe MGB" da nosa Galería de imaxes en Flickr, presentamos hoxe un novo e espectacular álbum que leva por título "Mamíferos de África". Son fotografías realizadas pola profesora Magaly Barreiro nas súas viaxes polo continente africano. Nelas poderemos atopar xirafas, leóns, baleas, babuínos, hipopótamos...

Axudas inmersión lingüística

Orde pola que se convocan axudas dirixidas ao alumnado para realizar actividades de inmersión lingüísticas no ano 2010.

Premios extraordinarios ESO

Orde pola que se publica a concesión dos premios extraordinarios da educación secundaria obrigatoria correspondentes ao curso 2008-2009.

Gastos por actividades de formación

Orde pola que se regula o procedemento para o reintegro individual de gastos por asistencia a actividades de formación do profesorado non universitario para o ano 2010.

Avatar, no cine da Estrada

Esta fin de semana, no cine da Estrada, proxectarase a película Avatar. Os alumnos das viaxes a Roma e Londres están vendendo as entradas para vela. Colabora con eles e mércalles unha (ou varias....)
AvatarMoviePoster.jpg

Venta de doces do Entroido no MGB

O venres, ao longo da mañá, os alumnos da viaxe a Roma montarán un posto de venta de doces típicos do Entroido (filloas, ourellas e outras larpeiradas). Quen se vai resistir??

Festival de Entroido

O vindeiro venres 12 de febreiro celebraremos, ás 2 últimas horas de clase, o Festival de Entroido co seu correspondente concurso de disfraces. Todos os alumnos e alumnas interesados en participar deben anortarse previamente en conserxería. Haberá premios ás categorías de disfraz individual e grupos.
ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR!!!

O MGB, sé do desempate do concurso ODISEA 2010

O noso centro acollerá o vindeiro mércores, de 16:30 a 19:30, a proba de desempate entre os equipos que acadaron igual puntuación na fase galega do concurso Odisea 2010 de Cultura Clásica.

Serán 4 equipos: un do IES Antón Losada, da Estrada (Veneris Regula), outro que virá dende o IES María Soliño de Cangas (María Soliño), e os dous equipos do noso centro, as DIVINAS, composto por Noa, Catuxa e Sandra, alumnas de 4ºC de ESO, e ACHLYS, integrado por Paula e Andrea, de 2º C de Bacharelato.

Recordamos que o gañador do concurso en Galicia disputará a final co gañador na comunidade valenciana. Sorte para todos! (e unha pouca máis para os equipos do MGB...)

Mercadiño no MGB

Durante esta semana, concretamente o luns, martes e mércores, podedes botarlle unha ollada ao mercadiño exposto na entrada do centro, organizado polos alumnos de 4º de ESO que participarán na viaxe a Londres. E a ver se comprades algo...!

Distribuir contido