Axenda 21 Escolar de Galicia

Orde pola que se aproban as bases reguladoras e a convocatoria da III edición dos premios a procesos de implantación ou desenvolvemento da Axenda 21 Escolar de Galicia para o curso 2009-2010.

Festival Battle of The Bands

O vindeiro xoves 29 de abril terá lugar o festival-concurso de música pop-rock BATTLE OF THE BANDS, con motivo da excursión de 4º de ESO a Londres no mes de xuño. Será no teatro da Estrada ás 20:horas. Haberá tres premios donados pola ACOE: 1º premio: un vale de 300 euros. 2º premio: un vale de 200 euros 3º premio: un vale de 100 euros. Mentres o xurado delibere, levaráse a cabo a tómbola sorteo na que se sortearán 50 regalos donados polos comerciantes da Estrada e Santiago. O primeiro, que consiste en dúas noites nun hotel da catro estrelas donado por Viaxes Iberia, entregaráse alí se o premiado está presente. O resto poderanse recoller no instituto.
Podedes descargar dende aquí o programa das actuacións  (Grupos participantes e temas a interpretar)
captura_battle.png

Charla de don Xosé Neira Vilas

O vinderio mércores 5 de maio, mes das letras galegas, terá lugar, na sala de usos múltiples do MGB, unha charla impartida por don Xosé Neira Vilas. Asistirán os cursos de 1º e 2º de Bacharelato, nas dúas últimas horas da mañá.
4051035916_033962d8bd_o.jpg

Actividade didáctico-musical "Rock 'n Micro"

O vindeiro venres 30 de abril o alumnado de 2º e 3º da ESO realizará a actividade extraescolar didáctico-musical "Rock 'n micro", que terá lugar no Teatro Principal da Estrada en horario de 1ª a 3ª hora (incluídas). O alumnado desprazarase ata o Teatro en autobús, tendo as 3 últimas clases da mañá no seu horario normal. 

O fotógrafo Javier Minguéns dona un exemplar do seu libro ao MGB

Javier Miguéns, especialista en fotografía submarina, que o curso pasado presentou unha exposición no Centro, vén de obsequiar ao centro cun libro-resumo da devandita exposición en edición limitada:"Arousa Submarina". Agradecémoslle  a súa atención e  comunicamos que o libro quedará gardado no arquivo do centro para desfrute de toda a Comunidade Educativa.

arousa_minguens.jpg

A web do MGB supera as 100.000 visitas!

Estamos de noraboa. A semana pasada o contador de visitas da nosa páxina superou as 100.000. Dende aquí o noso agradecemento a todos aqueles que fan posible ter a información actualizada día tras día:  á Secretaría, ás encargadas da Biblioteca, ao Departamento de Educación Física, á Vicedirección, á Xefatura de Estudos, á ANPA. Sen todos vós isto non sería posible.

Aquí tedes unha imaxe coas estatísticas deste ano 2010: en verde as veces que carga a páxina, en azul os visitantes únicos e en laranxa os visitantes que volven.

1000000visitas.png

A MeGaBiblioteca sae de viaxe

O 23 de abril, Día do Libro, a MeGabiblioteca ten tres propostas:

  1. Libros viaxeiros: polas dependencias do centro andan 10  títulos para que os atopedes e disfrutedes coa súa lectura. Logo decidides onde deixalo para que continúen o seu percorrido. Cerca da biblioteca atoparás un plano orientativo.
  2. As mochilas viaxeiras: distribuiranse 3 mochilas con libros, CD e DVD que visitarán semanalmente ás familias.
  3. Concurso caderno de viaxe: podedes participar cumprimentando o boletín cos autores e títulos dos textos.No segundo recreo seleccionaranse @s gañador@s. 

Entrevista á Directora do MGB

O pasado mércores, 17 de marzo, o diario local Capicúa, ofrecía unha extensa entrevista con Gisèle Maïssa, Directora do MGB. O decreto do galego, o ensino público e privado, a petición dun novo bacharelato de Artes no Centro, son algúns dos temas tratados neste artigo.
giselecapicua.png

Vídeo da excursión a Roma MGB 2010

Por fin, aquí está o vídeo. Que o disfrutedes!

Visita ao Museo de Pontevedra

Hoxe mércores 21 de abril o alumnado que cursa a asignatura de Artesanía (correspondente aos cursos de 3º e 4º da ESO) realizará unha excursión toda a mañá ao Museo Provincial de Pontevedra.

Estrea do vídeo da Viaxe a Roma

Hoxe mércores, no primeiro recreo, terá lugar a estrea mundial do vídeo da Viaxe a Roma. Será en multimedia 1. Estades todos invitad@s!

CAMPIONATO PROVINCIAL DE ORIENTACIÓN

O pasado mércores 14 de abril celebrouse en Pontevedra o Campionato Provincial de Orientación17 alumnas e alumnos de 3º de ESO do IES MGB acudiron a cita que se desenvolveu na "Illa das Esculturas" dentro da zona deportivo-escolar da Xunqueira. Na competición participaron 7 centros e aproximadamente uns 180 deportistas nas categorías infantil e alevín. O MGB acadou o 3º posto por equipos na categoría Cadete. Asemade, Nerea Gestoso, obtivo o 2º posto na categoría cadete individual feminino. Noraboa a todos pola vosa participación.

Podedes ver imaxes dos nosos campións e campioas na correspondente galería de Flickr do MGB.

4537484461_44ff4beefd.jpg

Fotos da Viaxe a Roma

Xa están cargadas na nosa galería en Flickr, as fotografías da nosa viaxe a Roma. Aquí tedes unha fermosa presentación en pantalla completa cunha selección das mesmas.

E a vindeira semana, estrea do vídeo!

P4073242

ÉXITO DE DOUS ESCRITOR@S DO MANUEL GARCÍA BARROS

Os alumn@s seguintes resultaron seleccionados no concurso "Ritmo - A - Poesía", organizado por JÓVENES ESCRITORES (Asociación de Málaga).

  • Alejandro Regueira Suárez (1º BachB)
  • Fátima Gómez Brey (1º Bach C)

O libro "Ritmo - A - Poesía - Galicia" será publicado no mes de xullo. Nel aparecerán as obras destes xoves autores.

Noraboa aos dous.

Estatísticas da 2ª avaliación

Para ver as estatísticas dos resultados académicos da segunda avaliación, picade nesta ligazón.

Distribuir contido