Adxudicación provisional concurso mestres
Enviado por Secret. o 10 Marzo, 2010 - 12:34Resolución pola que se publica a adxudicación provisional de destinos do concurso de traslados de mestres.
Resolución provisional traslados secundaria
Enviado por Secret. o 10 Marzo, 2010 - 12:30Resolución pola que se resolve provisionalmente o concurso de traslados entre funcionarios docentes de ensino secundario.
Alumnado do MGB no I Encontro Estatal de Bádminton de centros escolares
Enviado por Anónimo o 10 Marzo, 2010 - 10:54
Os vindeiros 12 e 14 de marzo unha selección de alumnos e alumnos acoderán ao I Encontro Estatal de Bádminton de centros escolares representando ao noso Centro. A competición terá lugar na localidade de Xetafe (Madrid). Os nosos representantes serán:
Moitos ánimos e sorte a tod@s!!! |
Dairas na "escola" do Faro de Vigo
Enviado por webmaster o 9 Marzo, 2010 - 18:30Hoxe saiu publicado no suplemento do Faro de Vigo "A escola do faro" unha reportaxe sobre "Dairas". Aquí tes o arquivo en *.pdf
Carteis da viaxe a Roma 2010
Enviado por webmaster o 5 Marzo, 2010 - 11:26Os alumnos de TIC de 1º de Bacharelato foron os encargados do deseño do cartel para o festival da viaxe a Roma, que terá lugar o vindeiro venres 12 de marzo.
Neste álbum da nosa galería podedes ver todos os traballos. O cartel seleccionado finalmente, e por votación popular, foi realizado pola alumna Rebeca Castro.
Visita de estudos ao Festival de Teatro grecolatino de Lugo
Enviado por Vicedirec. o 3 Marzo, 2010 - 01:13Deportistas de élite no MGB
Enviado por Anónimo o 2 Marzo, 2010 - 13:06Durante a semana pasada varios alumnos e alumnas do MGB acadaron grandes éxitos nas súas modalidades deportivas.
En bádminton, Pablo Sanmartín (2º eso) obtivo o galardón da Deputación de Pontevedra como "Mellor deportista promesa masculino" no ano 2009.
Nesta mesma modalidade deportiva, Ana Reino (3º eso), José M. Padín (2º eso) e Pablo Sanmartín, foron convocados pola selección española de bádminton para acudir a unha competición internacional que se celebrarán no vindeiro mes.
Por outra parte, o 27 e 28 de febreiro celebrouse en A Estrada o "II Campeonato Galego de 10 bailes", no cal Luis M. García Martínez (3º eso) acadou a victoria xunto a Alba M. L. na categoría de Junior II.
Noraboa a todos e moito ánimo para os adestramentos e vindeiras competicións.
Observatorio de convivencia
Enviado por Secret. o 2 Marzo, 2010 - 10:20O vindeiro martes 9 de marzo, a continuación da reunión do Consello Escolar, terá lugar a sesión correspondente ao 2º trimestre do curso do Observatorio de Convivencia do Centro.
Consello Escolar
Enviado por Secret. o 2 Marzo, 2010 - 10:18O vindeiro martes 9 de marzo, ás 18:15 horas, terá lugar unha reunión ordinaria do Consello escolar do centro.
"Dairas" en EstradaTelevisión
Enviado por webmaster o 1 Marzo, 2010 - 13:57Emisión do xoves 25 de febreiro de 2010 en EstradaTelevisión.
Corrección erros inmersión lingüística
Enviado por Secret. o 1 Marzo, 2010 - 12:40Corrección de erros na Orde que regula a inmersión lingüística.
Oferta de E. P. persoal docente
Enviado por Secret. o 1 Marzo, 2010 - 12:35Decreto polo que se regula a oferta de emprego público correspondente a prazas de persoal funcionario dos corpos docentes.
Rolda de prensa de "Dairas"
Enviado por webmaster o 26 Febreiro, 2010 - 11:35Hoxe saen na prensa varios artigos. Podes lelos dende aquí:
- Plastilina para una historia de carne y hueso (Faro de Vigo, 26/02/2010)
- "Dairas": una historia de solidaridad y plastilina desde el aula estradense (El Correo Gallego, 26/02/2010)
- El corto de animación "Dairas" se exhibirá en toda Galicia para recaudar fondos para el Sahara (Voz de Galicia, 26/02/2010)
Axudas Aulas da Natureza
Enviado por Secret. o 26 Febreiro, 2010 - 11:05Orde pola que se convocan axudas para participar no programa de integración Aulas da Natureza 2010.
En trámite a solicitude da modalidade de Bacharelato de Artes para o MGB
Enviado por Vicedirec. o 25 Febreiro, 2010 - 10:15Como xeito de poder dar unha oferta formativa aínda máis completa ao alumnado estradense, e mesma da comarca, estanse realizando os trámites pertinentes perante a administración educativa para que o vindeiro curso se poida ofertar no noso Centro a modalidade de Bacharelato de Artes, polo que pasariamos a ser un dos poucos centros da provincia de Pontevedra que ofreza ao seus alumnos a posibilidade de estudar calquera das tres modalidades de Bacharelato vixentes na actualidade: Científico-Tecnolóxico, Humanidades e Artes. Esperando que a Consellería teña a ben estimar esta solicitude a prensa xa se fixo eco desta iniciativa.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 133
- 134
- 135
- 136
- 137
- 138
- 139
- 140
- 141
- …
- seguinte ›
- última »