Letras Galegas: de Neira Vilas a Uxío Novoneyra
Enviado por BiblioMGB o 17 Maio, 2010 - 20:15A biblioteca amplía ata o 1 de xuño o prazo de presentación do xogo. Colle na biblioteca o boletín de participación (hai dous modelos diferentes) e continúa o texto a partir da frase ou do verso que veñen neles. Tranquil@: pídensevos relatos breves!
Entrégao antes do 1 de xuño e, se es o máis orixinal, recibirás un gran agasallo.
Laura Carrillo, gañadora do XI premio de Relatos Curtos "Xaquina Trillo"
Enviado por webmaster o 15 Maio, 2010 - 09:10Excursión do alumnado de Relixión a Santiago
Enviado por Vicedirec. o 13 Maio, 2010 - 17:45O vindeiro xoves 20 de maio o alumnado de Relixión de 1º, 2º e 3º de ESO realizará unha visita didáctica á Catedral de Santiago, as súas cubertas e casco histórico da cidade. A actividade abranguerá toda a a mañá, voltando ás 14:25. |
Excursión a Londres de 4º de E.S.O.
Enviado por webmaster o 13 Maio, 2010 - 12:13Os profesores Carmen Maril e Pablo Antorrena, dos Departamentos de Francés e Inglés, serán os encargados da organización e dirección da viaxe. Podedes descargar dende aquí o programa detallado de actividades.
**Imaxe de J. Alberto Carrasco en Flickr.
Fotografías premios extraordinarios ESO 2008/2009
Enviado por webmaster o 13 Maio, 2010 - 09:33Xa están subidas á nosa galería en Flickr as fotografías do acto de entrega dos premios extraordinarios da ESO 2008/2009, que recibiron as alumnas do centro Yasmina Vázquez e Rocío Mato.
Charla para as ANPAS dos 3 IES da Estrada sobre as novas PAAU e titulacións de grao
Enviado por Vicedirec. o 12 Maio, 2010 - 19:20Avaliación materias pendentes
Enviado por Secret. o 12 Maio, 2010 - 12:54As notas das materias pendentes, avaliadas o martes 11 de maio de 2010, atópanse expostas no taboleiro de anuncios do centro.
Asemblea xeral da ANPA do MGB
Enviado por webmaster o 12 Maio, 2010 - 08:48Será no salón de actos do instituto o martes día 18 de maio, ás 19:45 h. en 1ª convocatoria, e ás 20:00 h. en 2ª .
Na orde do día trataranse os seguintes temas:
- Solicitude do Bacharelato de artes
- Oferta de novo da Sección Bilingüe para 3º e 4º de ESO
Final do campionato de xadrez
Enviado por Anónimo o 11 Maio, 2010 - 12:53O martes 18 de maio celebrarase no noso instituto a final de xadrez ao longo do primeiro recreo. Neste certame enfrontaranse Sergio Pampín, de 2º da ESO A, e Manuel Brea, de 1º da ESO A. Esta final, moi agardada polos afeccionados a este deporte, será relatada co maior detalle desde estas liñas, incidindo naquelas xogadas que ofrezan máis interese e emoción.
B.S.O. de Dairas
Enviado por webmaster o 6 Maio, 2010 - 23:38Dentro da banda sonora orixinal de "Dairas", a curtametraxe de animación do MGB, haberá sitio para a música clásica. Deixamos aquí unha mostra dos ensaios de gravación que tiveron lugar a semana pasada no Auditorio de Cruces, por parte do tenor Cesáreo Torres e a alumna do MGB Fátima Blanco. Así nolo contaba o director da curta, o profesor Miguel Carbajal:
"Hai momentos nas nosas vidas que quedarán para sempre na pequena materia gris....este sen dúbida é un deles. Foi tan fermoso poder ensaiar o lied de Shubert, con Fátima e Cesáreo, que só por iso xa pagou o esforzo. O son do vídeo, é o propio da cámara. Imaxinade o resultado final con unha toma profesional...espero que o vexamos pronto... "
E aquí tedes o resultado da gravación. Escoitade:
Don Xosé Neira Vilas no MGB
Enviado por webmaster o 6 Maio, 2010 - 09:18Ademais de asinar unha dedicatoria especial ao noso Centro no "Libro de visitas" plantou para a posterioridade unha oliveira que lembrará ao noso alumnado a estadía de tan insigne escritor galego no García Barros. Podedes ver máis imaxes neste álbum.
Entrevista a don Xosé Neira Vilas
Enviado por webmaster o 4 Maio, 2010 - 17:10Con motivo da visita ao Centro que mañá mércores realizará don Xosé Neira Vilas, publicamos esta entrevista realizada polas alumnas de 1º de Bacharelato Marta Rodríguez Castro e Helena Vilar Rebolo.
Probas obtención título ESO
Enviado por Secret. o 3 Maio, 2010 - 12:18Resolución pola que se convocan as probas para a obtención do título de graduado en ESO para maiores de dezaoito anos.
Ensaio das "Voces do MGB" para Dairas.
Enviado por webmaster o 1 Maio, 2010 - 10:57Un grupo de alumnos e alumnas do MGB ensaia, baixo a batuta de María Varela, profesora de música no Centro, o tema de Anthony & The Johnsons "Hope There´s someone", co obxectivo de incluílo na BSO orixinal de Dairas. Aquí tedes unha mostra dos ensaios.
Adxudicación definitiva destinos mestres
Enviado por Secret. o 30 Abril, 2010 - 11:38Resolución pola que se publica a adxudicación definitiva dos destinos dos mestres.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 129
- 130
- 131
- 132
- 133
- 134
- 135
- 136
- 137
- …
- seguinte ›
- última »