Corrección erros oposicións secundaria

Corrección de erros da Orde de 16 de marzo de 2010 pola que se convocan procedementos selectivos de ingreso e acceso ao corpo de profesores de ensino secundario

O alumnado do MGB na fase final do concurso de relato curto de CocaCola

Unha selección de alumnos do noso centro, composta por:

  • Orquídea Seijas Salinas (2º ESO A)
  • Ana Vilanova Rey (2º ESO A)
  • Catarina Barcala Gosende (2º ESO B)
  • Patricia Calviño Rivadulla (2º ESO B)
  • André Díaz Cerviño (2º ESO B)
  • Manuel García Vicente (2º ESO B)

participará o vindeiro venres 16 de abril na fase final do Concurso Jóvenes Talentos, Premio Relato Curto de CocaCola, que terá lugar ás 17:00 na Facultade de Ciencias da Educación de Santiago de Compostela.

 MOITA SORTE A TOD@S!!! 

Calendario de exames finais de pendentes

No arquivo adxunto tedes as datas e horas de celebración dos exames finais de pendentes. Ante calquera dúbida, falade co correspondente Xefe de Departamento.

Tamén tedes unha copia do calendario nos taboleiros de aula, e no de Secretaría.

Actividades extraescolares e complementarias programadas para a semana do 12 ao 16 de abril

Para a vindeira semana están programadas as seguintes actividades complementarias e extraescolares:

  • Martes 13 de abril → O alumnado de 1º de ESO acoderá ao Teatro Principal da Estrada á representación teatral Reciclax@ as 2 horas da tarde. Esta obra pretende concienciar ao alumnado da necesidade de practicar a reciclaxe como medida de respecto ao noso medio natural e de conservación do planeta, enmarcada na campaña impulsada polo concello da Estrada de sensibilización medioambiental sobre a reciclaxe.
  • Mércores 14 de abril → Unha selección de 18 alumnos do 3º de ESO participará no II campionato provincial escolar de orientación. Terá lugar en Pontevedra ao logo de toda a mañá.
  • Venres 16 de abril → Os profesores Carmen Montero e Augusto Otero, do Departamento de Orientación, ofrecerán unha charla informativa ao alumnado de 1º de BAC sobre as últimas novidades referentes ás PAAU e as titulacións de grao. Será en usos múltiples a 5ª e 6ª hora.

Éxito do alumnado do MGB no I Encontro Estatal de Bádminton de centros escolares

Aínda que TODOS os alumnos e alumnas que participaron representando ao noso centro no I Encontro Estatal de Bádminton de centros escolares fixeron un gran papel, cómpre destacar as medallas de bronce acadadas por:
  • Diego Otero Cortizo (1º BAC-A).
  • José Manuel Padín Durán (2º ESO-B).
  • Jesús Pereiro Castro (3º ESO-A).
  • Pablo Sanmartín Andújar (2º ESO-A).
Deste feito, que corrobora á Estrada como unha potencia no Bádminton a nivel estatal, fixo chegar os seus parabéns ao noso centro a propia Secretaría Xeral para o deporte da Xunta de Galicia.

Por suposto, tamén a nosa noraboa de toda a comunidade educativa aos nosos grandes deportistas. 

Fase final da Escola-Campionato de Xadrez MGB

Logo dun intenso curso de partidas de xadrez, o alumnado que participa nos recreos dos martes e dos venres da Escola-Campionato de Xadrez MGB, guiados polo traballo  do profesor Ramón Aller, chega á súa fase final, que será disputada polos seguintes alumnos:

  • Manuel Brea Filloy, de 1º ESO A.
  • Sergio Pampín López, de 2º ESO A.

Seguro que nos ofrecerán unhas emocionantes partidas finais no escenario de usos múltiples... non volas perdades!!! 

Procedementos selectivos secundaria

Orde pola que se convocan procedementos selectivos de ingreso ao corpo de profesores de ensino secundario.

Procedemento selectivo mestres

Orde pola que se convoca procedemento selectivo de ingreso no corpo de mestres.

Requisitos mínimos centros secundaria

Real Decreto por el que se establecen los requisitos mínimos de los centros que impartan las enseñanzas del segundo ciclo de la educación infantil, la educación primaria y la educación secundaria.

NA Estrada-525, en abril

O club de lectura NA Estrada-525 reúnese o mércores 7 de abril ás 16,30 na biblioteca do MGB para falar de El guardián entre el centeno, de J.D.Salinger.

centeno.jpg

Cabeceiras web deseñadas polos alumnos de TIC

Os alumnos de TICS de primeiro de Bacharelato fixeron o dexeño da cabeceira da web do centro. Podedes ver o resultado neste álbum da nosa Galería en Flickr. Aquí vos queda un exemplo, realizado por Luca Silva. A cabeceira actual foi realizada por Rebeca Castro. Intentaremos ir rotando todos os traballos, así que cada semana estrearemos nova imaxe na web!


cabecera_Luca_Silva

Vídeos do Festival de Roma

Grazas ao traballo das persoas que realizaron a gravación do festival con varias cámaras, podemos presentar hoxe os primeiros vídeos montados, o tema Bluetrane, interpretado polos alumnos de 2º de Bacharelato de Música, e o tema Equinox, interpretado pola bando do MGB. Podedes ver máis vídeos nesta lista de reproducción do noso canal en YouTube.
 

Entrega dos Premios Extraordinarios da ESO, curso 2008/2009

O venres 26 de marzo ás 12:00 horas, no salón de actos do Conservatorio de Música Profesional de Santiago de Compostela celebrarase a entrega dos Premios Extraordinarios da ESO pertencentes ao curso 2008/2009.

As nosas alumnas Yasmina Varela Vázquez e Rocío Mato Búa recibirán nese acto, no que estarán acompañadas polas súas familias e pola Dirección do Centro, os seus respectivos Premios.

NA Estrada-525, en marzo

O 24 de marzo reunímonos para falar de El curioso incidente del perro a medianoche, a proposta dun membro do club. Disfrutamos da charla, do chocolate e de dous episodios da serie "The Big Bang Theory". Compartimos as risas e os diferentes puntos de vista sobre a novela. En abril, discutiremos El guardián entre el centeno; vén se che apetece!

curioso incidente del perro a medianoche.jpg

Aviso para o alumnado: o venres é a I Xincana MGB... a inscribirse!!!!

Xa está aberto o prazo de inscrición á I Xincana MGB. Esta actividade, que se celebrará o próximo venres 26 a partir das 13:00 horas, está dirixida a todos os alumnos e alumnas do centro e estará organizada do seguinte xeito:

  1. Os que queirades participar teredes que apuntarvos en conserxería antes de rematar o 1º recreo do xoves. Deberedes formar equipos de 4 a 6 membros, escoller un alcume que vós identifique e nomear un portavoz.
  2. A Xincana consistirá en probas de habilidade e coñecementos que teredes que ir realizando por todo o instituto o máis rápido posible. Gañará aquel equipo que remate todas as probas antes.
  3. Haberá un 1º premio valorado en 120€ e un 2º premio valorado en 80€.

ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR!!!

Distribuir contido