Avatar, no cine da Estrada

Esta fin de semana, no cine da Estrada, proxectarase a película Avatar. Os alumnos das viaxes a Roma e Londres están vendendo as entradas para vela. Colabora con eles e mércalles unha (ou varias....)
AvatarMoviePoster.jpg

Venta de doces do Entroido no MGB

O venres, ao longo da mañá, os alumnos da viaxe a Roma montarán un posto de venta de doces típicos do Entroido (filloas, ourellas e outras larpeiradas). Quen se vai resistir??

Festival de Entroido

O vindeiro venres 12 de febreiro celebraremos, ás 2 últimas horas de clase, o Festival de Entroido co seu correspondente concurso de disfraces. Todos os alumnos e alumnas interesados en participar deben anortarse previamente en conserxería. Haberá premios ás categorías de disfraz individual e grupos.
ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR!!!

O MGB, sé do desempate do concurso ODISEA 2010

O noso centro acollerá o vindeiro mércores, de 16:30 a 19:30, a proba de desempate entre os equipos que acadaron igual puntuación na fase galega do concurso Odisea 2010 de Cultura Clásica.

Serán 4 equipos: un do IES Antón Losada, da Estrada (Veneris Regula), outro que virá dende o IES María Soliño de Cangas (María Soliño), e os dous equipos do noso centro, as DIVINAS, composto por Noa, Catuxa e Sandra, alumnas de 4ºC de ESO, e ACHLYS, integrado por Paula e Andrea, de 2º C de Bacharelato.

Recordamos que o gañador do concurso en Galicia disputará a final co gañador na comunidade valenciana. Sorte para todos! (e unha pouca máis para os equipos do MGB...)

Mercadiño no MGB

Durante esta semana, concretamente o luns, martes e mércores, podedes botarlle unha ollada ao mercadiño exposto na entrada do centro, organizado polos alumnos de 4º de ESO que participarán na viaxe a Londres. E a ver se comprades algo...!

Torneos de tiros a portería e de tiros a canastra

Durante o primeiro recreo do martes 9 de febreiro, e durante o primeiro e segundo recreos do mércores 10, disputaranse dous torneos nas pistas deportivas do MGB, un de tiros a portería e outro de tiros a canastra. As normas e os premios están expostos nos carteis colocados nos corredores do centro. Estas actividades teñen por obxecto a recadación de fondos para a viaxe a Roma dos alumnos de 1º e 2º de Bacharelato. Animádevos a participar!!

Claustro extraordinario

Convócase Claustro en sesión extraordinaria para o xoves 11 de febreiro de 2010, ás 12:25 horas.

Máster en profesorado

Orde que establece o procedemento para acreditar centros e titores/as para o desenvolvemento do prácticum correspondente ao Máster en Profesorado da ESO, Bacharelato, Formación profesional e Ensinanzas de Idiomas.

Dous equipos do MGB clasificados para a final da ODISEA 2010

Dous equipos do MGB, as DIVINAS, composto por Noa, Catuxa e Sandra, alumnas de 4ºC de ESO, e ACHLYS, integrado por Paula e Andrea, de 2º C de Bacharelato, acertaron tódalas preguntas da primeira fase do concurso de Cultura Clásica ODISEA 2010, e disputarán o desempate contra outros 25 equipos de toda Galicia o vindeiro mércores 10 de febreiro, nunha sé aínda por determinar.
logo_odisea copia.jpg

A alumna Rocío Mato Búa na prensa

A prensa fíxose eco do éxito acadado pola alumna Rocío Mato Búa logo de conseguir estar entre os 20 mellores expedientes académicos galegos da ESO:

NORABOA POLO SEU ÉXITO E ESFORZO!!

Consello Escolar

O Consello Escolar reúnese en sesión ordinaria o martes 9 de febreiro de 2010, ás 18:15 horas.

Alumnado do MGB na Olimpíada Española de Física

O vindeiro 19 de febreiro os alumnos Alejandro Cabal Tato e Paula Leis López de 2º de BAC-A, participarán na Olimpíada Española de Física na súa fase local na Facultade de Física da Universidade de Santiago de Compostela.
 
Desexémoslle moito ánimo e sorte!!
 

Exposición fotográfica na Estrada: "Arqueoloxía en clave de xénero"

A sala de exposicións de Caixanova na Estrada acollerá do día 3 ao 21 de febreiro a exposición fotográfica Arqueoloxía en clave de xénero, organizada pola Fundación Atapuerca en colaboración coas concellarías estradenses de Cultura e Igualdade.

Máis información neste artigo da Voz de Galicia.

O Concello concede unha axuda económica para Dairas

Trala entrevista mantida o pasado mércores 27 de xaneiro polos responsables do Taller de Creación Artística do MGB e a dirección do Centro, o Concello da Estrada vén de conceder unha axuda económica que se traducirá en clases de formación sobre animación stop motion para os membros que integran o equipo de Dairas, impartidas pola productora Mr. Misto films.

Charla informativa ao alumnado de 2º de Bacharelato o vindeiro mércores 3 de febreiro

Dentro do programa "A Ponte" da Universidade de Santiago de Compostela (USC), o vindeiro mércores 3 de febreiro celebrarase a 5ª e 6ª hora da mañá en usos múltiples unha charla informativa sobre os cambios máis destacables nas novas Probas de Acceso á Universidade (PAU). Dita charla está dirixida ao alumnado de 2º de Bacharelato e correrá a cargo dun profesor da USC.
Como adianto das novidades que depararán as novas PAU recoméndase ao alumnado a lectura do seguinte documento correspondente a un resumo da Orde que regula ditas probas.
Distribuir contido