Os ordenadores da biblioteca

A biblioteca do MGB amplía os seus servizos: grazas á colaboración de varias persoas, en especial o alumnado de 4º de ESO que ten Tecnoloxía e que cableou a rede, dispoñemos de sete ordenadores antigos funcionando a pleno rendemento coa tecnoloxía propia de Linux chamada LTSP como se fosen novos, polo que poden ser utilizados de forma individual por calquera usuario ou colectivamente por un grupo-clase acompañado do seu profesor.

O incremento na asistencia nos recreos e nas horas de clase é notable, pero cómpre recordarmos que os ordenadores do centro teñen unha finalidade didáctica: se non a respectamos, o profesor de garda pode retirarnos do ordenador que esteamos a usar.

Toño con alumnos pequeño nov 09.jpg