Visita á Catedral de Santiago e á factoría FINSA
Enviado por Vicedirec. o 22 Xaneiro, 2010 - 13:07
O vindeiro luns 25 de xaneiro o alumnado de 2º de Bacharelato que cursa as materias de Arte e Xeografía e Historia de Galicia realizará pola mañá as seguintes visitas:
- "Miradas. Cara ao paraíso. Un diálogo coa arte galega e a vangarda" (Fundación CaixaGalicia de Santiago de Compostela).
- Obras de restauración do Pórtico da Gloria e as cubertas da Catedral de Santiago.
Pola súa banda, o alumnado de Tecnoloxía Industrial I (1º BAC A) realizará unha visita guiada ás instalacións da factoría madeireira FINSA.