Magosto e I campionato de xogos tradicionais MGB
Enviado por Vicedirec. o 8 Novembro, 2009 - 23:19
O vindeiro xoves 12, ás dúas últimas horas de clase, celebraremos o tradicional Magosto no noso centro. Coma todos os anos, é indispensable que o alumnado traia castañas (picadas ou cortadas). Como novidade este ano celebraremos o I Campionato de Xogos Tradicionais (os alumnos e alumnas deben inscribirse previamente na Conserxería) de carreiras de zancos, de aros e tiro da corda.