Entrega de Diplomas aos "Axudantes de Biblioteca" do curso 2023/24"
Enviado por admin o 23 Outubro, 2024 - 18:05
A MeGaBiblio acolleu este pasado mércores 23 de outubro o acto de entrega de diplomas aos estudantes que o curso pasado participaron no programa de Voluntariado nas Bibliotecas Escolares, promovido pola Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa da Consellería de Cultura e Educación e a Dirección Xeral de Xuventude da Consellería de Política Social. Os diplomas foron entregados por Sandra Ferreiro, escritora e ex-alumna, que fixo de mestra de cerimonias no acto tras presentarnos o seu libro "Castelos de cristal". |
"Castelos de Cristal", mañá na MeGaBiblio
Enviado por admin o 22 Outubro, 2024 - 19:51
Mañá no 2º recreo, na MeGaBlio, estaremos con Sandra Ferreiro, ex-alumna do MGB, que nos vai presentar o seu libro "Castelos de cristal". Será esta xove escritora tamén a que faga entrega dos diplomas acreditativos aos axudantes da Biblioteca do ano anterior e a que presente aos novos axudantes deste ano. Pásate por alí! Recorda, no 2º recreo (12:25-12:45 h) Noutrora erixíanse brillantes castelos de cristal máis aló do ceo. Agochaban todo tipo de historias e segredos: os contos que a noite recitaba, as lembranzas dalgunha serea, o po das estrelas fugaces... mesmo o cantar das ondas. Mais os castelos de cristal estaban destinados a romper e a caer. Deles xa só quedan fragmentos esparexidos polo mundo e polo tempo, á espera dalgún camiñante que se atreva a internarse no caos e recolla os restos desas historias perdidas. * Sandra Ferreiro constrúe, en Castelos de cristal, uns relatos que invitan á lectura pausada e reflexiva a través dunha prosa poética chea de profundidade e sosego. |
Un estradense na lúa?
Enviado por admin o 21 Outubro, 2024 - 16:36
Non pero case, porque o estradense e exalumno do MGB Adrián Ferreiro traballa no proxecto da plataforma orbital lunar Gateway, unha estación espacial que orbitará a Lúa e que constará de varios módulos, un da NASA e outro da Axencia Espacial Europea. Podes ler toda a información neste artigo de La Voz de Galicia publicado onte. |
Actividade de "Compra saudable"
Enviado por admin o 15 Outubro, 2024 - 12:11
O pasado venres o alumnado do ámbito Científico-Tecnolóxico de 4º da ESO realizou unha actividade educativa fóra do centro para desenvolver un reto da vida cotiá do mellor xeito posible:facer unha compra saudable para un almozo-xantar-cea (e argumentalo) cun orzamento axustado (12 euros). A actividade levouse a cabo en colaboración co supermercado Froiz da Estrada, ubicado nas inmediacións do centro, e aínda que a competencia foi dura, pois o alumnado foi quen de argumentar con moita propiedade os menús escollidos, finalmente Mateo Sánchez resultou o gañador por unha boa combinación de produtos sen superar o orzamento máximo permitido. |
Regresa a MGB LEAGUE
Enviado por admin o 15 Outubro, 2024 - 12:06
Regresa a MGB LEAGUE, o torneo de fútbol sala que xa é tradición no noso instituto e no que poden participar alumnos de 4ºESO, 1ºBAC e 2ºBAC. O Prazo de inscrición remata o venres 18 de outubro e o comezo do torneo será a vindeira semana. Publicaremos horarios, resultados, fotos e outro tipo de información… (correo de contacto carla.campos@iesgarciabarros.org) |
Saboreando el cielo (dende a MegaBiblio...)
Enviado por admin o 9 Outubro, 2024 - 12:17
A MeGaBiblio inicia este curso escolar cunha nova iniciativa: a publicación dun boletín mensual coa recomendación dunha lectura elixida por un Departamento Didáctico, iniciativa esta que é continuación daquelas "Receitas de lectura" que iniciaramos o curso pasado. Neste mes de outubro, o Departamento e Lingua Castelá e Literatura propónnos "Saboreando el cielo", de Ibtisam Barakat, unha obra que nos transporta á máis “rabiosa actualidade”, dito isto con todo o sentido da palabra, que nos permite coñecer de primeira man a realidade da vida cotiá nos territorios palestinos ocupados polo exército israelí. Picando nesta ligazón poderas ler un breve resumo, as razóns polas que se recomenda e a quen vai dirixido. |
Representantes do alumnado Curso 2024/25
Enviado por admin o 4 Outubro, 2024 - 09:52Consulta nesta listaxe a lista de delegados por grupos, o presidente e vice-presidente da Xunta de Delegados e os representantes do alumnado no Consello Escolar.
Os Tesouros da MeGaBiblio
Enviado por admin o 2 Outubro, 2024 - 12:35
Seguro que non sabías da súa existencia, pero na MeGaBiblio temos xoias bibliográficas e queremos compartilas. Son libros distintos, especiais, que ben merecen a túa atención. Témolos con ilustracións, con solapas, con recortables, pequenos ou extragrandes. Abranguen todo tipo de temas: Ciencia, Literatura, Arte, Historia, Deseño. Hai Atlas (xeográficos e literarios), Cómics, Liñas de tempo, Manuais, Clásicos eternos con un "toque" (Frankestein), Ensaios, Mundos Máxicos (o universo de Tolkien), Libros Museo (Planetarium), Bestiarios, Rock and Roll, e moito máis. Ven coñecelos! |
PROBLEMATTICOS, novo concurso mensual
Enviado por admin o 30 Septembro, 2024 - 10:43
O próximo martes 1 de outubro comeza o extraordinario concurso "PROBLEMÁTTICOS" no que poderá participar todo o alumnado de 1º e 2º da ESO. PROBLEMATTICOS é un concurso mensual organizado polo departamento de Matemáticas. Ao longo do curso os alumnos poderán obter puntos e no mes de xuño aqueles que acadasen maior puntuación obterán un fantástico premio.
Animádevos! |
Calendario das reunións iniciais coas familias curso 2024/25
Enviado por admin o 24 Septembro, 2024 - 18:20Reunión informativa para o profesorado na Biblioteca
Enviado por admin o 23 Septembro, 2024 - 22:51Este martes, 24 de setembro, no 1º recreo, na BIBLIOTECA, haberá unha reunión informativa para explicar ao profesorado o seu funcionamento e organización.
Xornada técnica sobre Orientación Laboral e Profesional
Enviado por admin o 23 Septembro, 2024 - 17:25
O pasado día 20 de setembro o alumnado de 1º Bach acudiu a una Xornada técnica sobre Orientación Laboral e Profesional levada a cabo no recinto Feiral do moble. O Servizo público de Emprego e o de Orientación Educativa complementáronse para dar información a todo o alumnado asistente sobre formación, saídas profesionais e laborais. |
Campionato de campo a través
Enviado por admin o 23 Septembro, 2024 - 17:06O vindeiro venres 27 de setembro, entre 2ª e 5ª hora, terá lugar o Campionato de campo a través (programa XOGADE) organizado polo Dpto. de Educación Física.
A actividade está dirixida aos alumnos/as de 1º e 2º ESO e estará suxeita ás condicións meteorolóxicas.
Apertura da Biblioteca Luns 30 de setembro
Enviado por admin o 18 Septembro, 2024 - 08:35O vindeiro luns 30 de setembro, a MeGaBiblioteca abrirá as súas portas para este curso 2024/2025. Comeza o servizo de préstamo e as actividades en que poderás participar. Achégate para disfrutar só ou en compañía de lecturas, xogos…
En breve informarémosvos das novidades editoriais e dalgunhas propostas de interese para este novo curso.
Entrega de libros da ANPA, martes 17 de setembro
Enviado por admin o 13 Septembro, 2024 - 16:12A ANPA entregará os libros de Bacharelato o vindeiro martes 17 de setembro durante os dous recreos e pola tarde de 16:15 a 17:30 h na aula polivalente na planta baixa (o curso pasado atención a familias)
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »