Saboreando el cielo (dende a MegaBiblio...)

A MeGaBiblio inicia este curso escolar cunha nova iniciativa: a publicación dun boletín mensual coa recomendación dunha lectura elixida por un Departamento Didáctico, iniciativa esta que é continuación daquelas "Receitas de lectura" que iniciaramos o curso pasado.

Neste mes de outubro, o Departamento e Lingua Castelá e Literatura propónnos "Saboreando el cielo", de Ibtisam Barakat, unha obra que nos transporta á máis “rabiosa actualidade”, dito isto con todo o sentido da palabra, que nos permite coñecer de primeira man a realidade da vida cotiá nos territorios palestinos ocupados polo exército israelí.

Picando nesta ligazón poderas ler un breve resumo, as razóns polas que se recomenda e a quen vai dirixido.