Actividade de "Compra saudable"

O pasado venres o alumnado do ámbito Científico-Tecnolóxico de 4º da ESO realizou unha actividade educativa fóra do centro para desenvolver un reto da vida cotiá do mellor xeito posible:facer unha compra saudable para un almozo-xantar-cea (e argumentalo) cun orzamento axustado (12 euros).

A actividade levouse a cabo en colaboración co supermercado Froiz da Estrada, ubicado nas inmediacións do centro, e aínda que a competencia foi dura, pois o alumnado foi quen de argumentar con moita propiedade os menús escollidos, finalmente Mateo Sánchez resultou o gañador por unha boa combinación de produtos sen superar o orzamento máximo permitido.