Arauia Al Bachere proclámase subcampioa de Galicia dos 400 en pista cuberta
Enviado por admin o 1 Febreiro, 2024 - 21:05Parabéns á alumna do noso centro Arauia Al Bachere por proclamarse subcampioa de Galicia dos 400 en pista cuberta.
Curtametraxe feita polo noso alumnado na materia de Proxecto Competencial
Enviado por admin o 1 Febreiro, 2024 - 20:58Móstrase neste vídeo a proposta artística elaborada por un alumno de cuarto da ESO do noso centro, Iago Durán, dentro da campaña sobre contaminación acústica levada a cabo na materia de proxecto competencial.
Aquí tamén se fala galego!
Enviado por Vicedirec. o 29 Xaneiro, 2024 - 09:01Charla de Economía do Programa “A Ponte” da USC
Enviado por Vicedirec. o 29 Xaneiro, 2024 - 08:58O xoves 25 de xaneiro, os grupos de 1º e 2º de bacharelato de Economía asistiron á charla "A creación de empresas na universidade”, impartida polo profesor David Rodeiro Pazos, catedrático do Dpto. De Economía Financeira e Contabilidade da Facultade de C.C. Económicas de Santiago. O alumnado recibíu formación nunha 1ª parte, sobre a creación de empresas e a 2ª parte, da xeración de ideas ao plan de empresa. A charla foi organizada polo Departamento de Economía.
ODISEA 2024 NO MGB: "A alimentación en Grecia e Roma"
Enviado por admin o 25 Xaneiro, 2024 - 21:17RÚA REIGADA, CLAUDIA
SIERRA SILVA, IRIA
ABAL CASTRO, CARLA
---
2º premio: PUERI EX AQUIS CALIDIS (2BAC)
BAAMONDE SENÍN, BREIXO
CAMPOS VIEITEZ, UXÍO
RODRÍGUEZ GARCÍA, SAMANTHA
REY FREIRE, CLARA
Charla do programa "A ponte" da Universidade de Santiago de Compostela
Enviado por Vicedirec. o 22 Xaneiro, 2024 - 09:58O mércores 17 de xaneiro, os grupos de 2º de bacharelato de Artes e de Humanidades asistiron á charla "A xestión cultural: un sector profesional emerxente e unha oportunidade de empregabilidade", impartida polo profesor Gonzalo F. Fernández Suárez, decano da Facultade de Humanidades do campus de Lugo. O alumnado recibíu información sobre o grao universitario e sobre as variadas e interesantes saídas profesionais dun sector en auxe centrado no mundo da cultura e a súa xestión. A charla foi organizada polo Departamento de Lingua castelá en colaboración cos de Lingua galega e Educación Plástica e Visual.
Receitas de Lectura
Enviado por admin o 18 Xaneiro, 2024 - 08:55Dende a MeGaBiblioteca seguimos a cuidar da saúde da Comunidade Escolar coa segunda entrega da serie de "Receitas de Lectura". Neste mes de xaneiro será o departamento de Bioloxía e Xeoloxía quen nos prescriba á lectura de "A evolución de Calpurnia Tate", a historia dunha nena que vive nun pobo de Texas e que, malia os intentos da súa nai para que aprenda a tocar o piano, coser e cociñar, está máis interesada no que ocorre tras a porta pechada da biblioteca, ou no laboratorio. |
PROGRAMA “EDUCAR EN XUSTIZA”
Enviado por Vicedirec. o 15 Xaneiro, 2024 - 09:18O alumnado de 1º de Bacharelato de Economía participou o día 10 de Xaneiro no programa “Educar en Xustiza” promovido polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. A actividade comeza cunha explicación por parte do Maxistrado de Sá do Penal, das funcións do persoal da Administración de Xustiza, fiscais, avogados, letrados, testemuños e peritos. A continuación, informaron sobre os niveis nos que se estrutura esta administración, dos tipos de sentenzas xudiciais, as fases de instrución e execución, as dilixencias e a tramitación dos expedientes. Rematamos a visita coa asistencia a audiencias orais e finalmente dirixímonos ás dependencias de Xulgado de Xustiza en Santiago visitando as celas e as sás de identificación e recoñecemento. A actividade estivo organizada polo Departamento de Economía e o alumnado estivo acompañado polas profesoras Laura Veiga e Raquel Carballo.
Campaña de distribución de froita fresca
Enviado por admin o 15 Xaneiro, 2024 - 07:05Baile de Nadal
Enviado por Vicedirec. o 28 Decembro, 2023 - 12:24O xoves 21 de decembro, último día de clase antes das vacacións de Nadal, celebrouse unha pequena festa no centro con música e bailes. Nesta ligazón pódense atopar algunhas fotos e vídeo do evento.
Agradecemento (Recollida Solidaria)
Enviado por Vicedirec. o 22 Decembro, 2023 - 22:32Queremos agradecer a todos os membros da comunidade educativa do IES Manuel García Barros a súa contribución á Recollida Solidaria organizada polo noso alumnado de 1º BAC A en colaboración con Cáritas A Estrada.
Ligazón á noticia relacionada: La Voz de Galicia.
Visita ao Parlamento
Enviado por Vicedirec. o 21 Decembro, 2023 - 13:02Os alumnos de 4º ESO visitaron o martes 19 de decembro o Parlamento de Galicia. Recibiron formación sobre as funcións, a organización e a historia da institución; accederon as dependencias máis solemnes do pazo do Hórreo como o Salón dos Reis, a Biblioteca, os patios interiores e o Hemiciclo, onde presenciaron unha sesión plenaria.
Estiveron acompañados polos profesores Roberto Fernández, Brais Prieto e Raquel Carballo.
Ligazón ás fotos da xornada.
O equipo de Normalización Lingüística do IES Manuel García Barros colabora coa Festa da Poesía do Concello de A Estrada
Enviado por Vicedirec. o 15 Decembro, 2023 - 17:47Recollida solidaria
Enviado por Vicedirec. o 7 Decembro, 2023 - 13:33O alumnado de 1º BAC A en colaboración con Cáritas A Estrada está a realizar unha recollida solidaria no centro. Ata o 18 de decembro podedes traer alimentos non perecedoiros, xoguetes e libros en bo estado. Moitas grazas pola vosa colaboración!
Xornada de formación do Alumnado Axudante á convivencia
Enviado por admin o 1 Decembro, 2023 - 09:32- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- …
- seguinte ›
- última »