Aquí tamén se fala galego!
Enviado por Vicedirec. o 29 Xaneiro, 2024 - 09:01
O IES Manuel García Barros comezou esta semana a distribuír información da afamada campaña de dinamización lingüística "Aquí tamén se fala galego", promovida polo alumnado do IES Rafael Dieste da Coruña e que conta coa adscrición de máis dun centenar de centros.
A campaña, que pretende visibilizar aqueles comercios ou lugares do sector servizos onde se fala ou se atende en galego, foi iniciada por un grupo de alumnos/as de 1º de Bacharelato, que informaron e distribuíron material ao resto de alumnado que voluntariamente, percorrerá a vila e os lugares da Estrada, facendo chegar esta información. Tamén na cafetería do noso centro!
Este traballo, coordinado co IES nº1, permitirá chegar a todos os recunchos do concello e visibilizar deste xeito que Aquí tamén se fala galego!