Carteis 25N
Enviado por admin o 24 Novembro, 2023 - 08:47A biblioteca tamén quere participar na conmemoración do 25N e propón "Dálle a volta", unha serie de 52 cartulinas tras as que poderás acceder a información actual.
Mes da Ciencia en Galego
Enviado por admin o 23 Novembro, 2023 - 21:50EDUsaúde. Formación do profesorado en técnicas de respiración e relaxación.
Enviado por admin o 13 Novembro, 2023 - 13:59III Liga Maker Drone - 1ª Xornada de Formación
Enviado por admin o 11 Novembro, 2023 - 13:32O pasado venres, 10 de novembro, o grupo de alumnas e alumnos que participan este curso na III Liga Maker Drone, recibiron a 1ª formación e instrucción de voo de drones, impartida por persoal da Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo.
Máis imaxes na galería Flickr.
Charlas "Plan Director"
Enviado por admin o 11 Novembro, 2023 - 13:04O pasado xoves, 9 de novembro, o alumnado de 2º e 3º da ESO asistiron a unhas charlas sobre riscos de Internet e acoso escolar, respectivamente. Foron impartidas por axentes da Garda Civil e enmarcadas dentro do Plan Director, para a convivencia e a mellora da seguridade nos centros educativos e na súa contorna.
Máis imaxes na galería Flickr
DIGITAL, LEGAL, EMOCIONAL..."TODOS MIS YOS"
Enviado por admin o 10 Novembro, 2023 - 20:58A realidade da vida descóbrenos actuacións e situacións que nunca serían elixidas para enfrontar novos retos versados na carencia humana e as novas tecnoloxías.
Sempre implicados desde a Prevención e a Educación do noso alumnado arriscamos en actuacións que deben abrir os nosos ollos ás realidades que acontecen...á reflexión dos porqués e á autocrítica e responsabilidade.
Este mércores día 8 de novembro o noso centro en colaboración con ACROFAM organizou "Digital, Legal, Emocional...todos mis YOs"
O feedback do noso alumnado e o profesional docente que asistiu, vén confirmar que estamos no camiño correcto.
Receitas de Lectura
Enviado por admin o 10 Novembro, 2023 - 08:54
Dende a MeGaBiblioteca queremos contribuír á mellora da saúde de toda a comunidade escolar facéndovos chegar a primeira dunha serie de "Receitas de Lectura", que cunha periodicidade mensual serán publicadas e distribuídas por todo o Centro. Neste mes de novembro será o departamento de Latín e Grego o encargado de abrir a rolda de propostas con esta receita que nos invita á lectura de "Circe", a historia daquela famosa feiticeira que convertera aos compañeiros de Odiseo en animais. |
Inspección do río Barranqueira de Ponte Nova
Enviado por admin o 7 Novembro, 2023 - 14:39XORNADA DE COSMOLOXÍA!
Enviado por admin o 6 Novembro, 2023 - 12:05Na mañá do venres 3 de novembro contamos coa presenza do físico-teórico José Luis Bernal Mera quen coas súas explicacións conseguiu achegarnos a esta parte da astronomía que estuda as leis xerais, a orixe e a evolución do universo.
José compartiu co alumnado de ciencias, tanto de Bacharelato como de 4ºESO, a súa experiencia investigadora nos Institutos de Ciencias do Cosmos da Universidade de Barcelona e no Max Planck de Astrofísica de Munich.
¡ Alegrámonos que grazas a unha beca Ramón y Cajal esté de volta no noso país traballando na Universidade de Santander!
Día das bibliotecas escolares
Enviado por admin o 30 Outubro, 2023 - 20:16
A MeGaBiblio acolleu este pasado venres 27 de outubro o acto de entrega de diplomas aos estudantes que o curso pasado participaron no programa Voluntariado nas Bibliotecas Escolares, promovido pola Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa da Consellería de Cultura e Educación e a Dirección Xeral de Xuventude da Consellería de Política Social. A ex profesora do centro, Noni Araújo, exerceu de mestra de cerimonias nun acto no que tamén se deu a benvida aos novos voluntarios deste curso. Podedes ler a nova publicada na Voz de Galicia
III Liga Maker Drone
Enviado por admin o 30 Outubro, 2023 - 13:19Un grupo de 9 alumnas e alumnos do IES Manuel García Barros forman o equipo que participará, xunto con outros 17 equipos de centros de toda Galicia, na III Liga Maker Drone, competición organizada pola Fundación Barrie de la Maza e o Instituto Tecnológico de Galicia e na que deberán deseñar un drone que resolva un problema real.
O pasado venres, 27 de outubro, asistiron á Xornada de Presentación na Cidade das TIC en A Coruña. Nesta xornada presentaronse todos os equipos participantes e realizaron diversos obradoiros: pilotaxe de drones, realidade virtual, drone finder, programación, circuítos electrónicos e robótica. Para finalizar o evento coa presentación do recto desta edición: neutralizar niños de velutinas.
|
Máis imaxes do evento nesta ligazón. Novas na prensa: |
Día das Bibliotecas Escolares, 27* de outubro
Enviado por admin o 21 Outubro, 2023 - 16:46
A celebración do Día das Bibliotecas Escolares (24 de outubro) foi adiada para o venres 27. Neste día:
|
– No primeiro recreo, entregaranse os diplomas da Consellería ao alumnado axudante do curso pasado. |
– No segundo recreo, enroscarémosvos á lectura. |
O luns 23, comezará a colaborar o alumnado axudante deste curso e viaxará ás casas a mochila viaxeira. |
Fase zonal do Campo a través XOGADE 2023
Enviado por admin o 20 Outubro, 2023 - 22:15Día das escritoras
Enviado por admin o 19 Outubro, 2023 - 11:31O alumnado do ámbito lingüístico de 3º PDC celebrou o 16 de outubro, Día das Escritoras, lendo textos recomendados desde a Asesoría de Bibliotecas Escolares e elaborando carteis alusivos a alguhas das escritoras. Animámosvos a ler eses ou outros escritos de autoras e a ver as fotos do noso traballo.
Máis imaxes na galería Flick.
Probas para acreditar a competencia en lingua estranxeira do alumnado nos niveis B1, B2 e C1
Enviado por admin o 5 Outubro, 2023 - 13:05A Consellería de Cultura, Educación e Formación Profesional e Universidades convoca, a través da Resolución do 29 de setembro de 2023 publicada no seu portal, a xestión das probas de nivel lingüístico para o alumnado. Destinado ao alumnado matriculado en Bacharelato e 4º de ESO no curso 2023-2024, que poderá acreditar a competencia en lingua estranxeira non niveis B1, B2 e C1.
O IES Manuel García Barros solicitará participar nesta convocatoria, para o que é necesario determinar o alumnado interesado, que debe entregar no centro, antes do día 27 de outubro de 2023, o compromiso individual asinado pola familia que pode descargar nesta ligazón.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- …
- seguinte ›
- última »