Campionato Provincial XOGADE de Campo a Través en Vigo
Enviado por XefeEstudos o 16 Febreiro, 2023 - 20:36 O alumnado clasificado na fase zonal da proba de campo a través do XOGADE tivo a oportunidade de participar, o pasado domingo 12 de febreiro, na fase provincial en Vigo.
Na categoría cadete asistiron Noa de Oliveira, Noa Ortega e Manuel Souto, e na categoría infantil Lidia Calviño e Carla Pintor, estas dúas últimas clasificadas para o Campionato Galego Escolar que se disputará o vindeiro 4 de marzo na Pobra do Caramiñal.
Parabéns a todos pola súa participación e agradecer o esforzo das familias para que o alumnado puidese partipar neste evento.
11 de Febreiro, día internacional da nena e a muller na ciencia
Enviado por XefeEstudos o 11 Febreiro, 2023 - 22:10O mércores 8 de Febreiro, o noso alumnado máis científico de 2º Bacharelato e 4º ESO, participou na III Edición de CONÓCELAS. Este ano contamos coas científicas-
divulgadoras Aurora Gómez (xefa de grupo no CIMUS), Cristina de Jesús (investigadora no CIB) e Cristina Cardona (doctoranda no CIB), que nos explicaron as
súas motivacións para loitar contra o cancro e orientarnos na decisión de continuar os nosos estudos.
Grazas ASEICA polo voso esforzo en mellorar a sociedade.
Viaxe a Santiago EASD Mestre Mateo, Expos IMAXINARIA e Sempre Máis
Enviado por XefeEstudos o 8 Febreiro, 2023 - 23:01O Martes 7 de Febreiro, o alumnado de Artes do IES participou en Santiago nas seguintes actividades:
- Visita guiada á Escola de Artes e Deseño Mestre Mateo.
- Visita a dúas exposicións que había na cidade: a primeira foi a Exposición "Imaxinaria" IV Mostra internacional de Ilustración Contemporánea na sede de ABANCA na rúa do Vilar, e a seguinte a de Sempre Máis co gallo do 20 aniversario do afundimento do Prestige.
Viaxe á estación de esquí Valgrande-Pajares do alumnado de 3ºESO.
Enviado por XefeEstudos o 7 Febreiro, 2023 - 22:47A ODISEA 2023 DO MGB: "A auga en Grecia e Roma"
Enviado por XefeEstudos o 2 Febreiro, 2023 - 18:08Un ano máis non fomos quen de chegar ao desempate, pero no MGB tamén temos campións. Hoxe 2 de Febreiro, no 2º recreo, tivemos a entrega de premios de Odisea na MeGaBiblio.
Estes foron os equipos e alumnos premiados:
1º PREMIO - HISPANIA REGNAT - 4ºESOA/B
- GARCÍA SECO, RODRIGO
- FERREIRO LEMOS, ANDREA
- FERNÁNDEZ LOUZAO, MATEO
2º PREMIO - OS LADRÓNS DE COBRE - 2ºBAC-C
- VIGO LÓPEZ, SAMUEL
- IGLESIAS CARRAZÓN, ADRIÁN
3º PREMIO - PANATENEAS - 2ºBAC-C
- MONTERO RAMOS, ARACELI
- ESPIÑO MÍGUEZ, LAURA
FOLIADA INTERCENTROS 22/12/2022
Enviado por XefeEstudos o 31 Xaneiro, 2023 - 10:46O 22 de decembro o alumnado de 1ºESO participou nunha foliada organizada polo concello onde puideron disfrutar de música tradicional galega tocada por alumnado dos tres institutos de A Estrada e poñer en práctica os pasos de baile aprendidos nas clases de EF. O profesor e bailador Manolo, un curso máis, foi quen ensinou ao alumnado os pasos básicos para poder realizar esta actividade. Agradecemos o seu esforzo e bo facer.
27 de Xaneiro: día internacional da Shoá
Enviado por XefeEstudos o 26 Xaneiro, 2023 - 22:55Co gallo da conmemoración da liberación de Auschwitz, o centro internacional de Yad Vashem cedeunos unha exposición que aborda o tema dos nenos e nenas na Shoá. Tres alumnos e alumnas de 1º de bacharelato, Damián Bermejo, Ángela Caeiro e Isaura Mera recibiron formación para guiar a exposición aos seus compañeiros/as.
Campo a través, 12 de Xaneiro do 2023
Enviado por XefeEstudos o 26 Xaneiro, 2023 - 22:44O pasado 12 de xaneiro o alumnado de 1° e 2° da ESO do noso centro participou na fase zonal da proba de campo a través do XOGADE. Disfrutaron dunha mañá de actividade deportiva con centros de toda a comarca e acadaron uns resultados excelentes logrando a clasificación para a proba provincial nenos e nenas de todas as categorías nas que participabamos. Pode consultarse nova en prensa aquí.
24 de xaneiro, terceira reunión do club de lectura.
Enviado por XefeEstudos o 26 Xaneiro, 2023 - 20:50Visita a Gadisa o 25 de Xaneiro
Enviado por XefeEstudos o 26 Xaneiro, 2023 - 14:21O mércores 25 de xaneiro, os/as alumnos/as de Economía de 1º e 2º de bacharelato acudiron a Betanzos para coñecer as instalacións da empresa GADISA. Durante a visita participaron nunha sesión formativa sobre o funcionamento da área de aprovisionamento e loxística, departamento de marketing, as liñas de negocio e a RSC da empresa, rematando cun percorrido polas inmensas instalacións do almacén. Non podíamos deixar a cidade sen visitar o seu casco antigo, declarado conxunto histórico-artístico no ano 1970.
Participación dunha profesora do IES García Barros no PIALE 2022
Enviado por XefeEstudos o 23 Xaneiro, 2023 - 13:07A profesora Chelo Vázquez Rozas formou parte do grupo de 20 docentes galegos que participaron na modalidade de integración en Francia dentro do programa PIALE 2022 da Consellería de Cultura, Educación e Universidade.
Na súa estancia en Amiens durante o mes de novembro puido coñecer o sistema educativo francés, intercambiar experiencias didácticas e exercer o seu labor no Collége e no Lycée Sainte-Famille. Tedes información da actividade na presentación adxunta.
Campaña de distribución de froita fresca
Enviado por admin o 20 Xaneiro, 2023 - 13:22Durante as dúas próximas semanas, do 23 de xaneiro ao 3 de febreiro, se repartirá froita fresca de tempada, durante o 1º recreo, ao alumnado da ESO e Bacharelato.
Esta iniciativa forma parte da campaña de distribución de froita fresca convocada polo Fondo Galego de Garantía Agraria.
Formación do alumnado participante no programa CPInclúe
Enviado por XefeEstudos o 12 Xaneiro, 2023 - 00:28Recomendacións lectoras de Nadal
Enviado por XefeEstudos o 22 Decembro, 2022 - 23:03As bibliotecas dos tres IES de A Estrada propoñen as seguintes recomendacións para o Nadal.
Disfruta da lectura nestes días!!!
Visita ao marco de Vigo
Enviado por XefeEstudos o 22 Decembro, 2022 - 21:20O día 21 de Decembro alumnado de Artes de 1º e 2º foron de visita ao Marco de Vigo, onde fixeron un obradoiro e unha visita guiada á expo de Francisco Leiro.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- 14
- 15
- 16
- …
- seguinte ›
- última »