Recomendacións lectoras de Nadal
Enviado por XefeEstudos o 22 Decembro, 2022 - 23:03As bibliotecas dos tres IES de A Estrada propoñen as seguintes recomendacións para o Nadal.
Disfruta da lectura nestes días!!!
Visita ao marco de Vigo
Enviado por XefeEstudos o 22 Decembro, 2022 - 21:20O día 21 de Decembro alumnado de Artes de 1º e 2º foron de visita ao Marco de Vigo, onde fixeron un obradoiro e unha visita guiada á expo de Francisco Leiro.
Visita ao parlamento de Galiza
Enviado por XefeEstudos o 22 Decembro, 2022 - 21:03 Alumnado de 4º ESO e 1º Bacharelato visitaron na mañá do día 21 de Decembro o Parlamento de Galicia. Durante o percorrido aprenderon as funcións, a organización e a historia da institución; accederon ás dependencias máis solemnes do pazo do Hórreo como o Salón dos Reis, a Biblioteca, os patios interiores e o Hemiciclo, onde presenciaron unha sesión plenaria. Para rematar percorreron o casco histórico de Santiago visitando a Praza de Praterías, a Quintana, o Obradoiro e a Catedral.
Acompañaron aos alumnos as profesoras Beatriz Mera, Esther Sánchez e Raquel Carballo.
Lemos no Nadal
Enviado por XefeEstudos o 15 Decembro, 2022 - 13:59
Na MeGaBiblioteca queremos propocionarche lecturas para estes días de vacacións e de frío, pero, como tamén nos gustan as sorpresas, preparamos unha exposición con 51 libros "envoltos". Escollimos 51 títulos diferentes, en galego, castelán e inglés. -Hai obras literarias e de divulgación. -Os envoltorios son nun 90% material reciclado. Se queres, podes traernos os lazos, plumas, flecos... e seguiremos Erre que erre (Reciclar, reusar, redeseñar...) Cada un deles ten unha "vestimenta" e unha etiqueta que fan referencia ao seu contido, pero non imos dicirche nada máis... Se algunha das propostas che atrae, podes reservalo na mesa da bibliotecario a partir do venres 16 de decembro e, o día 21 de decembro no 1º recreo, podes vir recollelo (salvo que xa fose solicitado con antelación). Terás que devolver o exemplar á volta das vacacións de Nadal. Se non tes tempo a achegarte á biblioteca a ver todos os paquetes, podes revisalos neste vídeo. |
Móvil libros sorpresa 2022 de megabiblioteca |
Día contra a Violencia de Xénero
Enviado por XefeEstudos o 26 Novembro, 2022 - 20:30O venres 25 de novembro conmemoramos no centro o Día contra a Violencia de Xénero. Nesta ligazón pódense ver fotos das actividades realizadas polo alumnado de Música de 4⁰ ESO coordinado pola profesora María Varela.
25 de Novembro, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres
Enviado por XefeEstudos o 25 Novembro, 2022 - 08:25Dende a MegaBiblioteca, no Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres propoñemos un concurso sobre datas e feitos que invitan a reflexionar sobre a nosa sociedade e saber de onde vimos para entender o presente e mellorar o noso futuro.
Só tes trece preguntas que investigar nas que non hai máis resposta ca un número. Enche o formulario e mándao ata o 30 de novembro. As tres primeiras persoas que acerten recibirán un agasallo.
Navegamos polo universo da man de Íñigo Quadra-Salcedo
Enviado por XefeEstudos o 16 Novembro, 2022 - 11:58 Grazas a un planetario portátil, que enchía o ximnasio, o noso alumnado de 1º, 2º e 3º de ESO disfrutou dun paseo polo universo aprendendo como se moven as estrelas de forma aparente, e os planetas, observando as fases da Lúa e coñecendo a nunca vista cara oculta do noso satélite.
Grazas, Íñigo, polas túas explicacións nesta Semana da Ciencia.
"Grecia e Roma nas túas mans", galería das actividades.
Enviado por XefeEstudos o 15 Novembro, 2022 - 22:30Xa están dispoñibles as imaxes das xornadas do proxecto de Intercambio de Centros "Grecia e Roma nas túas mans".
Novembro, mes da ciencia en galego!
Enviado por XefeEstudos o 14 Novembro, 2022 - 20:05Magosto 2022
Enviado por XefeEstudos o 13 Novembro, 2022 - 17:01Despois de dous duros anos nos que se afrontou o reto da pandemia, no día de hoxe, Venres 11 de Novembro do 2022, tivo lugar a celebración do “Magosto”. Contamos con música tradicional, xogos populares (para o alumnado da ESO a 3ª e 4ª horas) e degustación de castañas asadas entre as 12:45 e as 14:15 horas. O tempo acompañou e foi unha xornada que retoma as nosas costumes tradicionais. Nos próximos días colgaremos un álbum de fotos da xornada.
Visita Á Coruña co alumnado de 1º Bach
Enviado por XefeEstudos o 13 Novembro, 2022 - 16:53“Grecia e Roma nas túas mans” agora tamén na prensa...
Enviado por XefeEstudos o 4 Novembro, 2022 - 22:18A prensa local faise eco das actividades realizadas no proxecto de agrupación de centros “Grecia e Roma nas túas mans”. Podedes ler a nova no Faro de Vigo.
Saída a Vigo con 4ºESO
Enviado por XefeEstudos o 4 Novembro, 2022 - 22:11- Pola mañá, as visitas à zona portuaria e ó Museo do Mar, o percorrido polo Castro e o xantar en Samil ao mediodía.
- Pola tarde, a asistencia à clase do Ballet de Kiev, às actividades interactivas do Museo de Ciencias na sede de Afundación e o remate co espectáculo no antigo García Barbón de O lago dos cisnes.
Grecia e Roma nas túas mans. Temos convidados!
Enviado por XefeEstudos o 27 Outubro, 2022 - 19:1212:30 > recepción no salón de actos. Presentacións a cargo dos alumnos (Gallaecia romana, Valentia romana, Lusitania romana). Actuación de música tradicional galega (Grupo Abril)
13:35 > Obradoiro "Miles romanus" no patio cuberto.
14:30 > Prandium (comida de irmandade). Patio cuberto.
16:30 > Saída para Santiago onde os IES de Carlet e Mérida participarán nunha visita turística a Compostela.
Xoves 3 de novembro:
8:45 > Viaxe ao campamento de Aquis Querquennis (Bande, Ourense). Alumnos de CClásica 3ESO, e Latín de 4ESO e 1BAC.
Venres 4 de novembro:
8:45 > Viaxe á Coruña romana (Torre de Hércules e Castelo de Santo Antón). Alumnos de latín e grego de 4ESO, 1BAC e 2BAC
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- 14
- 15
- 16
- 17
- …
- seguinte ›
- última »