Charla de Economía - Programa Eduemprende

Este martes 19 de abril, o alumnado de 1º e 2º de bacharelato de Economía asistíu no salón de actos do centro a unha charla organizada pola Consellería de Educación dentro do Programa Eduemprende en colaboración con Afundación (Obra Social ABANCA).

A ponente foi Carlota Sánchez Puga, coordinadora adxunta da Área de Educación Superior de Afundación e a temática da mesma “Tendencias económicas que van marcar a economía do futuro”, resoltou de gran interese para o alumnado.

Sendeirismo no MGB, conmemorando o Día Mundial da Actividade Física

Ao longo deste mes de abril, o noso centro concentrará a posta en común das iniciativas realizadas dentro do proxecto EDUsaúde de promoción de estilos de vida activos e saudables, realizadas este curso no IES Manuel García Barros.

O mércores 6 de abril conmemórase o Día Mundial da Actividade Física e dende o proxecto EDUsaúde promovéronse camiñatas seguindo a Ruta da Zona Deportiva, na contorna do noso centro. Aproveitando o bo tempo o profesorado de educación física, nas súas clases, e tamén todos profesorado do centro nas gardas activas, estivemos a camiñar nos últimos días, conseguindo sumar máis movemento na nosa xornada escolar.

Podedes ver todas as imaxes neste álbum de Flickr.

Nesta última semana da avaliación tentaremos sumarnos a máis iniciativas activas como as xornadas activate  ou "baila la pena" de Macaco, promovidas pola Fundación Gasol.

Viaxe a Madrid (Xeografía e Historia)

Do 31 de marzo ao 3 de abril. Fomos ao museo Thyssen e ao Museo arqueolóxico nacional. Tamén visitamos o Prado e o Museo Reina Sofía. Tivemos unha fabulosa guía de arte, a nosa compañeira Beatriz Mera.

Paseamos polas rúas de Madrid e o Retiro, onde algúns alumnos pasearon en barca. Visitamos o sorprendente Xardín Botánico. Pudemos observar monumentos emblemáticos como a porta de Alcalá, o Ayuntamiento, e por suposto, "pateamos" as rúas de Serrano, a Castellana e estivemos na praza de Colón onde puidemos disfrutar da xigantesca imaxe de "Julia" de Plensa. Tamén visitamos a Real Academia de Bellas Artes de San Fernando cunha magnífica e sorprendente colección de pinturas e de grabados (Goya, Picasso...). Fomos unha noite ao teatro a ver "La Gran Depresión", de Nuria Roca e Antonia San Juan. Por suposto, paseamos pola Gran Vía, Puerta del Sol, Plaza Mayor, mercadillo de San Miguel, etc.

O comportamento dos nosos alumnos, como sempre, foi espectacular." Podedes ver as imaxes neste álbum de Flckr.

Imaxes viaxe a Madrid (Bacharelato de Artes)

Xa están subidas a este álbum de Flickr as imaxes da viaxe a Madrid do bacharelato de Artes.

Charlas de Ciencias da Terra e do Medioambiente (CTMA)

Este mércores 30 de marzo o alumnado de 2º bacharelato de Ciencias da Terra e do Medioambiente asistiu a 2 charlas organizadas pola Universidade de A  Coruña dentro do programa Charlas de Divulgación Científica 2021/2022

O ponente foi o o catedrático da UDC  na área de Enxeñaría Química o Dr. Manuel Soto Castiñeira.

A primeira charla tratou sobre a depuración ecolóxica con xuncos, espadanas e carrizos, sendo unha das principais liñas de investigación do grupo de Enxeñaría Química Ambiental. Este sistema de depuración por humedais elimina os principais contaminantes das augas residuais: materia orgánica, sólidos en suspensión, nitróxeno, fósforo e mesmo contaminantes emerxentes como son os farmacéuticos. A segunda charla foi sobre "O lixo-retrete, da túa man ao mar. Como previlo? onde se mostrou como moito do lixo recollido nas nosas praias procede das nosas casas.

Charla sobre o consumo responsable e sostible

Hoxe, mércores 30 de marzo, o alumnado de 4º ESO e 1º Bacharelato na materia de Economía participou nun charla impartida pola Escola Galega de Consumo sobre Consumo responsable e sostible, Etiquetado dos alimentos e a Axenda 2030.

Jugger nas clases de educación física

A pasada semana o alumnado de primeiro de bacharelato do noso centro recibiu a visita de dous profesores convidados dentro do proxecto de promoción de estilos de vida saudables, EDUsaúde.

Lucy e Roi, da Asociación Xuvenil A Estación, explicaron en que consiste esta actividade deportiva, trouxeron os materiais, fixeron xogos e participaron activamente nun encontro de Jugger.

A experiencia, enmarcada dentro da iniciativa do departamento de educación física de promocionar as actividades físicas na contorna, resultou moi positiva e esperamos que axude a que o alumnado atope unha opción para desfrutar do seu tempo de ocio dun xeito activo.

Podes ver máis imaxes e un pequeno vídeo deste evente neste álbum de Flickr.

Escola de familias

Neste arquivo pódese atopar o programa da Escola de familias que se vai a desenvolver proximamente e no que está convidada a participar toda a comunidade educativa .

O programa consta dun ciclo de conferencias e obradoiros, combinando as modalidades en liña e presencial. 

Visita ao Parlamento de Galicia

O luns 21 de marzo os alumnos de 1º Bacharelato da materia de Economía visitaron o Parlamento de Galicia.

Durante o percorrido aprenderon as funcións, a organización e a historia da institución; accederon as dependencias máis solemnes do pazo do Hórreo como o Salón dos Reis, a Biblioteca, os patios interiores e o Hemiciclo, onde protagonizaron un breve debate parlamentario.

Acompañaron aos alumnos as profesoras Fina Brea e Raquel Carballo.

Podes ver todas as fotos neste album de Flickr.

Día da muller no MGB

Para conmemorar o Día da Muller, o alumnado de Lingua castelá e Literatura de 1º ESO fixo uns carteis con imaxes de mulleres importantes nos ámbitos da arte, da escritura, da ciencia e do deporte. Seleccionamos doce en cada caso, aínda que sabemos que poderiamos incluír moitísimas máis nestas fiestras moradas. Podedes ver os carteis no corredor de 1º.

Charla da USC para o alumnado de 2º BAC

Mañá venres 11 de marzo terá lugar a charla da USC, organizada polo departamento de Orientación, para o alumnado de 2⁰ BAC co seguinte horario:

- 11:35-12:25: 2º BAC C e D. 

- 12:45-13:35: 2º BAC A e B.

Visita de alumnado de 2º BAC a Santiago

O mércores 9 de marzo o alumnado de Xeografía, Patrimonio e Historia da Arte viaxaron a Santiago.

Os alumnos de xeografía participaron na Olimpiada de Xeografía que tivo lugar na facultade de Xeografía e Historia da USC.

Ao mesmo tempo o resto do grupo visitou a catedral, as súas cubertas, o museo e o pazo de Xelmírez.

Remataron a xornada cunha visita guiada ao Pórtico da Gloria.

Podes ver máis imaxes neste álbum de Flickr.

Entroido 2022 en Flickr

Xa podes ver todas as imaxes do Entroido neste álbum de Flickr!

Sementando pensamentos

Non MGB celebramos o día de Rosalía "sementando pensamentos...."


* Organizado polo departamentos de Galego, Dinamización e MeGaBiblioteca.

Brigantium MMXXII

Vídeo da viaxe á Coruña dos alumnos de Latín e Cultura Clásica do IES MGB para asistir ás representacións do festival de teatro grecolatino organizado por SEECGalicia na Coruña, o 22 de febreiro de 2022. Obras representadas: Hécuba de Eurípides (Grupo Noite Bohemia) e Asinaria de Plauto (Grupo Corzos Reunidos).

Distribuir contido