Festivos concedidos ao centro
Enviado por Coordinación TIC o 2 Novembro, 2021 - 14:04Xefatura territorial vén de autorizar como festivos do centro os seguintes días:
- martes, 7 de decembro
- luns, 16 de maio
Premio para a nosa antiga alumna Belén Troitiño
Enviado por Vicedirec. o 31 Outubro, 2021 - 11:02Parabéns para Belén Troitiño que vén de gañar o Premio Extraordinario das ensinanzas artísticas profesionais na modalidade de Música da Xunta de Galicia.
É a primeira vez que un alumno do Conservatorio da Estrada acada esta distinción. A clarinetista fala da súa traxectoria profesional neste artigo do Faro de Vigo.
Ben merecido pola súa dedicación e traballo!
Promoción de actividades deportivas extraescolares con Marcos Otero
Enviado por Coordinación TIC o 29 Outubro, 2021 - 10:46O xoves 28 de outubro o alumnado de 1º de bacharelato, dentro da clase de educación física, contou coa visita do adestrador do Clube Atletismo A Estrada, Marcos Otero.
Esta actividade enmarcase dentro das propostas do departamento de EF para a promoción da actividade física saudable no noso alumnado, a colaboración dos clubes e entidades deportivas do Concello co Reto Activo MGB e unha das iniciativas dos Plan Proxecta e o CPInova que se desenvolven este curso no noso centro. Estes proxecto de innovación educativa pretenden promocionar estilos de vida activos e saludables no alumnado, dando a coñecendo as múltiples posibilidades de práctica de actividades físicas e deportivas na súa contorna, coa idea de que todo movemento suma saúde.
A actividade resultou moi positiva, grazas á experiencia de Marcos, que presentou a práctica do atletismo coma unha alternativa de ocio activo e saudable, tentando deixar a un lado os prexuizos que poida ter o alumnado sobre a necesidade de "ser bo" para practicar deporte nos clubes deportivos.
Dende o departamento de educación física gustaríanos felicitar a Marcos polo seu traballo e agradecer a súa colaboración co centro na promoción da actividade física e a saúde.
Máis fotos neste album de Flickr
Os diplomas dos axudantes da Biblio na Prensa
Enviado por BiblioMGB o 25 Outubro, 2021 - 11:44Así recolle a prensa o acto de entrega de diplomas do pasado xoves:
- Noticia de entrega dos diplomas no Faro de Vigo
- Noticia na Voz de Galicia
- Na páxina da Xunta de Galicia
Entrega de diplomas aos axudantes da MeGaBiblio
Enviado por BiblioMGB o 20 Outubro, 2021 - 20:35Para celebrar o Día da Biblioteca Escolar (24 de outubro), o xoves 21 de outubro (ás 10,00 da mañán) Valentín García Gómez (Secretario Xeral de Política Lingüística) entregará aos rapaces que colaboraron como axudantes da biblioteca escolar nos cursos 2020-2021 e 2019-2020 os diplomas que acreditan a súa participación no programa "Bibliotecas Escolares Solidarias", da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos (Consellería de educación) coa colaboración da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, da Consellería de Política Social.
Aqueles axudantes que están a cursar estudos universitarios serán convocados próximamente.
Visita do alumnado de 3º ESO a Santiago
Enviado por Coordinación TIC o 19 Outubro, 2021 - 08:53O pasado mércores 13 de outubro o alumnado de 3º ESO viaxou a Santiago para visitar a cidade e asistir á representación teatral "Tacao" da compañía MOVING COMPASS, no marco da XXVI edición do Festival Internacional de Títeres de Santiago de Compostela.
Entrega dos carnets da MeGaBilioteca
Enviado por BiblioMGB o 19 Outubro, 2021 - 08:45Mañá, mércores 20, e o xoves 21 de outubro, os axudantes da biblioteca de 2.º, 3.º e 4.º de ESO farán a entrega dos carnets da Biblioteca no horario seguinte:
- Mércores 20 na 3.ª hora: 1.º ESO A (Inglés con Mª Ángel) e 1.º ESO C (Reforzo con Teresa Filloy) Entregarán os carnés: Nicolás Moure e Marco Montenegro, de 2º ESO B (en Tecnoloxía con Lorena)
- Mércores 20 na 5ª hora: 1.º ESO B (Galego con María Mansilla).Entregarán os carnés: Mateo Villanueva (de 2.º ESO C, en Francés con Teresa Iglesias) e Ángela Caeiro (de 4.º ESO B, en Galego con Miguel Bugallo/Inés)
- Xoves 21 na 5ª hora: 1.º ESO C (Francés con Alicia). Entregan os carnés: Aroa Carballo (de 3.º ESO C en Inglés con Fina Brea) e Roberto Vieites (de 3.º ESO A en Plástica con Celia).
Visita a IBERLUFFA polo alumnado de 2BAC
Enviado por Coordinación TIC o 7 Outubro, 2021 - 08:10O martes 5 de outubro o alumnado de 2º de Bacharelato da materia de Economía da empresa e FUAX visitou a empresa IBERLUFFA (Ibérica de exponxas vexetais) en Caldas de Reis.
A visita iniciouse na plantación de luffas coas explicacións do proceso produtivo, características do froito, fermentación e secado, deseño e troquelado, comercialización do produto e loxística da empresa.
A actividade foi organizada polo departamento de Ecomomía e os alumnos estiveron acompañados pola profesora Raquel Carballo (máis imaxes neste álbum)
E se aínda non sabes o que é unha luffa, consulta esta páxina!
Reunións d@s titor@s e equipo directivo coas familias da ESO
Enviado por Vicedirec. o 4 Outubro, 2021 - 10:23Reparto de libros para Bacharelato da ANPA
Enviado por admin o 13 Septembro, 2021 - 09:24O reparto de libros do fondo da ANPA para o alumnado de Bacharelato realizarase o próximo venres, 17 de setembro, na Biblioteca, accedendo pola porta que da ao exterior, despois da presentación do seu grupo
Reparto de libros do Fondo Solidario para a ESO
Enviado por admin o 13 Septembro, 2021 - 09:19A adxudicación definitiva do Fondo Solidario de Libros publicarase o martes, 14 de setembro, no taboleiro de anuncios situado no interior do centro (tal e como se recolle no artigo 13 bis da Orde).
Recordamos que as persoas solicitantes poderán consultar por vía electrónica o seu expediente, a través da aplicación Fondolibros, empregando a Chave 365 ou o certificado dixital da Fábrica Nacional da Moeda e Timbre.
O reparto de libros do Fondo Solidario de Libros da ESO realizarase nas seguintes datas e horarios:
Grupo | XOVES, 16 DE SETEMBRO | Grupo | VENRES, 17 DE SETEMBRO | |
1º ESO A | 9:45h - 10:15h | 3º ESO A | 9:45h - 10:15h | |
1º ESO B | 10:15h - 10:45h | 3º ESO B | 10:15h - 10:45h | |
1º ESO C | 10:45h - 11:15h | 3º ESO C | 10:45h - 11:15h | |
2º ESO A | 11:30h - 12:00h | 4º ESO A | 11:30h - 12:00h | |
2º ESO B | 12:00h - 12:30h | 4º ESO B | 12:00h - 12:30h | |
2º ESO C | 12:30h - 13:00h |
O alumnado, dentro da franxa horaria asignada, deberá traer o documento coa adxudicación que se lle entregará durante as presentacións asinado polo seu pai, a súa nai ou titor legal, ir á conserxería onde lle farán unha copia do mesmo e lles indicarán a onde dirixirse.
Comezo do novo curso 2021-2022: presentacións e instrucións iniciais
Enviado por admin o 13 Septembro, 2021 - 02:35As presentacións levaranse a cabo os días 15, 16 e 17 de setembro co seguinte horario:
Mércores 15 de setembro |
Xoves 16 de setembro |
Venres 17 de setembro |
|||||
10:30h | 1º ESO A | 9:30h | 3º ESO A | 9:30h | 1º BAC A | ||
11:15h | 1º ESO B | 10:00h | 3º ESO B | 10:15h | 1º BAC B | ||
12:00h | 1º ESO C | 10:30h | 3º ESO C | 11:00h | 1º BAC C | ||
12:45h | 2º ESO A | 11:00h | 4º ESO A | 11:45h | 2º BAC A | ||
13:15h | 2º ESO B | 11:30h | 4º ESO B | 12:15h | 2º BAC B | ||
13:45h | 2º ESO C | 12:45h | 2º BAC C | ||||
13:15h | 2º BAC D |
Ao longo do martes 14 de setembro se informará ás familias, a través do Abalar Móbil, dos grupos de alumnado.
INSTRUCCIÓNS INICIAIS PARA O CURSO 2021-2022.
MODELO DE DECLARACIÓN RESPONSABLE (o alumnado deberá traela asinada o día da presentación)
Información Setembro
Enviado por admin o 9 Xullo, 2021 - 10:58Nas seguintes ligazóns tedes toda a información sobre o calendario de fin de curso, devolución libros e datas matrícula:
Desenvolvemento do Programa Meteoescolas durante o curso 2020-21
Enviado por Coordinación TIC o 1 Xullo, 2021 - 10:47O profesorado que coordina o programa Meteoescolas no noso centro quere facer balance do desenvolvemento de dito proxecto este curso facendo constar os seguintes agradecementos:
- Ao alumnado de 3º de ESO e 1º BAC A pola profesional e sistemática recollida de datos meteorolóxicos ao longo de todo o curso (actividade que realizou cada día unha parella durante a 1ª hora de clase).
- Aos alumnos Adrián Blanco e Daniel Ruibal de 1º de BAC A pola montaxe electrónica da estación de calidade do aire sacrificando os seus recreos do mes de maio.
- Ao profesor Arturo Vizcarra por ceder altruistamente unha tablet que facilitou a recollida de datos por parte do alumnado na estación meteorolóxica manual.
- Á profesora Patricia Pérez por colaborar co seu grupo dos mércores a 1ª hora na recollida de datos da estación meteorolóxica manual.
Respecto do desenvolvemento global do proxecto, inda que non se puido levar adiante nun curso tan complicado organizativamente o tratamento estatístico dos datos meteorolóxicos históricos que actualmente xa están dixitalizados (quedará pendente como obxectivo prioritario para o vindeiro curso), si que estamos moi satisfeitos por ter acadados dous dos obxectivos prioritarios deste curso:
- Establecer unha rutina sistemática de rexistro de datos meteorolóxicos da estación manual do centro por parte do alumnado que permita seguir incorporando datos á web de Meteoescolas.
- Incorporar un sistema automático de medición que permita rexistrar datos meteorolóxicos básicos (temperatura e humidade), con vistas a ser ampliado en vindeiros cursos (pluviometría e dirección e velocidade do vento).
En relación co anterior aproveitamos para informar que este curso o noso centro incorporouse á rede estatal de centros Educacont, da cal somos o primeiro centro de Galicia en participar. O obxectivo principal de dita rede é o estudo da contaminación na contorna dos centros escolares para o cal instalouse un sistema de control baseado en Arduino alimentado por enerxía solar, xunto cos seus correspondentes sensores e cuxos datos pódense consultar en tempo real nesta páxina.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 16
- 17
- 18
- 19
- 20
- 21
- 22
- 23
- 24
- …
- seguinte ›
- última »