Admisión alumnado - Solicitude para o curso 2021-2022
Enviado por Secret. o 26 Febreiro, 2021 - 13:55Quen ten que presentar a solicitude de admisión?
Todo o alumnado procedente doutros centros educativos que desexe estudar o próximo curso no IES Manuel García Barros.
O alumnado do CEIP Pérez Viondi, ao estar o centro adscrito ao noso, ten asegurada a praza e só deberá realizar a matrícula nas datas indicadas no calendario que publicaremos no mes de xuño.
Cal é o prazo de presentación?
Do o 1 ao 22 de marzo ambos incluídos.
* Como o luns 22 de marzo e día non lectivo no noso centro, en cumprimento da normativa actual, poderanse entregar as solicitudes como último día o martes 23 de marzo.
Que deberán presentar na secretaría do centro?
- A solicitude cuberta e asinada, dispoñible no centro educativo e nas seguintes ligazóns:
- Modelo de solicitude anexo II.
- Na aplicación admision alumnado, onde se pode cubrir online ou descargar e encher manualmente.
- Na Sede Electrónica da Xunta de Galicia.
- Copia do DNI ou NIE do/a alumno/a. Se non ten, entregarase unha copia do libro de familia.
Calendario de publicación da listaxe de admitidos/as e prazos de reclamación:
- Publicarase a listaxe provisional antes do 26 de abril.
- O prazo de reclamacións será de 5 días hábiles posteriores á data de publicación da listaxe.
- Publicarase a listaxe definitiva de admitidos antes do 18 de maio.
Prazo de formalización da matrícula ordinaria:
Do 25 de xuño ao 10 de xullo (o centro publicará en xuño o calendario detallado).
Ordes do MECO
Enviado por admin o 9 Febreiro, 2021 - 00:07VIII Concurso de microrrelatos e micropoemas. Dinamizaestrada 2020-2021
Enviado por admin o 3 Febreiro, 2021 - 12:22Este ano as palabras escollidas foron: CABALOS, para os microrrelatos, e LINDO para os micropoemas, en homenaxe aos títulos da autora escollida para as Letras Galegas do 2021, Xela Arias.
Aquí podes ler, descargar, imprimir... as bases do certame. ANÍMATE E PARTICIPA!!!
"El emigrado", o luns nos pupitres!
Enviado por BiblioMGB o 29 Xaneiro, 2021 - 21:51O luns atoparedes nos vosos pupitres un exemplar de El emigrado, realizada pola Asociación Vagalumes para conmemorar o centenario deste xornal que publicaba a Sociedade de Fillos da Estrada en Cuba. Nel atoparedes unha interesante revisión dos persoeiros estradenses que participaron nos movementos renovadores da época como Acción republicana.
Dedica a túa canción
Enviado por admin o 29 Xaneiro, 2021 - 09:27Imos tentar facer os recreos algo máis amenos con música en galego unida ás vosas dedicatorias!!!!
Ao longo de dúas semanas poderás enviar unha ou varias cancións (en galego) xunto con cadansúa dedicatoria (tamén en galego) para alguén importante para ti ao enderezo: dinamizacion@iesgarciabarros.org, que aparece no cartel!
Estas cancións vanse poder escoitar ao longo de varios recreos pola megafonía do centro. ANÍMATE!!!!!
OLLO! Non se van emitir ningunha mensaxe ofensiva ou discriminatoria e tampouco aquelas que non se adapten ás características lingüísticas do proxecto.
Presentación de cooperativas Depoemprende
Enviado por Vicedirec. o 28 Xaneiro, 2021 - 14:06O mércores 27 de xaneiro os alumnos da materia de Economía de 4º ESO B participaron no acto virtual organizado pola Deputación de Pontevedra dentro do Programa Depoemprende para a presentación das cooperativas escolares constituidas, Codourada e Docecuartos. Na súa exposición os alumnos explicaron o traballo desenvolvido: constitución, elección do nome, deseño do logotipo, organigrama e estatutos da cooperativa.
2019+1: Fotolibro realizado polo alumnado de 4º ESO de Plástica
Enviado por admin o 26 Xaneiro, 2021 - 21:55Coa pandemia e a natureza como temas centrais, o alumnado de 4º da ESO saíu durante 4 sesións a facer fotografías cos seus móbiles, e o resultado é este Fotolibro: 2019+1, editado polo Departamento de Educación Plástica e Visual e prologado por Ariadna Silva, exalumna e fotógrafa.
Ligazón ao libro completo en formato .pdf.
Campaña de distribución de froita fresca
Enviado por admin o 24 Xaneiro, 2021 - 09:09Durante as dúas próximas semanas, do 25 de xaneiro ao 5 de febreiro, repartirase froita fresca de tempada, durante o 1º recreo, ao alumnado da ESO.
Esta iniciativa forma parte da campaña de distribución de froita fresca convocada polo Fondo Galego de Garantía Agraria.
VOAR
Enviado por admin o 20 Xaneiro, 2021 - 12:16"Voar", é unha das actividades levadas a cabo no centro co gallo do 25/11/21, neste caso por alumn@s de Plástica e Música, en apoio ás mulleres e ós nenos maltratados pola violencia machista. Con este traballo queremos expresar e visibilizar a solidaridade da nosa comunidade con todas e cada unha das persoas que sufren por causa tan execrable".
Xa podemos compostar os nosos residuos orgánicos no Instituto
Enviado por admin o 19 Xaneiro, 2021 - 00:40Hoxe 18 de xaneiro, por fin chegou o noso composteiro!! A partir de agora xa podemos recoller e compostar os residuos orgánicos da cafetería e das merendas. O composteiro tróuxonolo Manolo Dominguez, biólogo e educador ambiental do Plan Revitaliza da Deputación de Pontevedra, Explicounos como reducir os nosos residuos e a importancia da separación selectiva. En canto á compostaxe explicounos que vai e que non vai ao composteiro e como coidalo. A partir de agora o alumnado de primeiro da ESO serán os encargados/as de xestionar o composteiro.
Fotos da charla e instalación do composteiro.
Novo éxito do alumnado do MGB
Enviado por admin o 7 Xaneiro, 2021 - 10:11Comeza o ano con novos éxitos do alumnado do MGB no V Torneo de Badminton Deputación de Pontevedra.
Noraboa!!
Nova na prensa: Faro de Vigo
(Foto do Faro de Vigo)
Charla de Paco Bañobre ao alumnado de CTMA
Enviado por admin o 28 Decembro, 2020 - 23:10Constrúe o teu nadal sostible
Enviado por admin o 22 Decembro, 2020 - 22:46Esta situación de pandemia está directamente relacionada coa perda de biodiversidade no planeta. Depende de nós como consumidores, minimizar a destrución da natureza, por este motivo dende a comunidade educativa do IES Manuel García Barros queremos darvos unha serie de consellos para un NADAL SOSTIBLE!!
- Consellos elaborados polo alumnado de Ciencias da Terra e do Medioambiente (2º Bac)
- Infografías creadas polo alumnado de Tecnoloxías da Información e da Comunicación (2º Bac)
Pincha enriba das imaxes para ver as infografías completas.
Recomendacións de lectura para o Nadal 2020
Enviado por BiblioMGB o 22 Decembro, 2020 - 11:17Como en anos anteriores, os IES da Estrada veñen de elaborar unhas recomendacións de lecturas (narrativa e cómic) para estas vacacións de Nadal. Podes botarlles unha ollada e descargalas en arquivo *.pdf picando nesta ligazón.
Lembra que podes levar libros en vacacións!
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 19
- 20
- 21
- 22
- 23
- 24
- 25
- 26
- 27
- …
- seguinte ›
- última »