"Escarlatina, a cociñeira defunta" - Kamishibai
Enviado por admin o 29 Xuño, 2021 - 19:46Video "Escarlatina, a cociñeira defunta" en versión Kamishibai, elaborado por un grupo de alumnos e alumnas do MGB:
VIII Festa das Palabras
Enviado por admin o 29 Xuño, 2021 - 19:38O pasado 1 de xuño celebrouse, no Teatro Principal da Estrada, o acto de entrega simbólica de premios da VIII Festa das palabras organizada por Dinamizaestrada (Coordinadora de EDLG dos centros educativos da Estrada). Non puido haber público por causa das medidas de seguridade con motivo da pandemia da covid 19.
Aquí tedes o video do acto e nesta ligazón podedes acceder á galería de imaxes:
Matrícula de setembro para o curso 2021-2022
Enviado por admin o 22 Xuño, 2021 - 01:13A matrícula extraordinaria para o curso 2021-2022 realizárase día 6 de setembro, con cita previa, por cursos segundo o seguinte horario:
Curso | hora de matricula | Impreso de matricula |
2º Bacharelato |
9:00h a 10:30h |
Impreso 2º Bac-Artes / Impreso 2º Bac-Ciencias ou Humanidades |
1º Bacharelato |
10:30h a 12:00h |
Impreso 1º Bac-Artes / Impreso 1º Bac-Ciencias ou Humanidades |
4º ESO | 12:00h a 13:00h | |
3º ESO | 16:30h a 17:30h | |
2º ESO |
17:30h a 18:30h |
|
1º ESO |
17:30h a 18:30h |
As solicitudes deben presentarse na secretaría do centro seguindo as normas de hixiene que a situación actual obriga. Para poder cumprir co distanciamento social e garantir a seguridade das familias e do persoal do centro, será preciso solicitar cita previa no teléfono 986590104.
O alumnado que veña doutro centro, agás os procedentes do CEIP "Pérez Viondi" ademais da documentación que figura relacionada abaixo deberán meter no sobre branco unha certificación académica oficial dos estudos realizados anteriormente.
O alumnado no momento da matricula presentará:
- Dúas copias cubertas e asinadas do impreso de matrícula do curso correspondente que se presentarán na ventaniña de secretaría para o seu selado (ver táboa superior).
- Un sobre branco DINA4, co nome completo do alumno/a e o curso no que se matricula na parte dianteira e no seu interior estarán, debidamente cubertos e asinados, os seguintes impresos:
- 1 Foto tamaño carné co nome completo do/a alumna/a escrito pola parte traseira.
- 1 copia do DNI (se non se entregou anteriormente no centro)
- Autorización actividades.
- Autorización emprego da imaxe.
- Autorización recollida.
- Información e consentimento TIC. (só o alumnado novo no centro)
- Clausula informativa protección de datos.
- Xustificante de pago do seguro escolar. Importe: 1,12.-€. (O seguro escolar so é para alumnado de 3º e 4º da ESO, e 1º e 2º de Bacharelato). O pago é obrigatorio e realizarase na conserxería do centro antes de proceder a entregar a documentación da matrícula na secretaria. Só se admitirá o importe exacto, non se devolverá cambio.
- Solicitude CUALE 2021-2022 (para o alumnado de Bacharelato, só no caso de estar interesado)
- Impreso ANPA (só as familias interesadas en facerse socios da ANPA)
Os impresos deberán descargarse das ligazóns sinaladas en azul. O sobre blanco deberá mercarse.
As dúbidas sobre as materias ou itinerarios serán atendidas nos seguintes enderezos:
- pilmeijome@iesgarciabarros.org (orientadora)
- direccion@iesgarciabarros.org (directora)
Despedida do alumando de 2º Bacharelato - Curso 2020-2021
Enviado por admin o 16 Xuño, 2021 - 16:19O sábado 12 de xuño tivo lugar, no patio do centro, a despedida ao alumnado de 2º de Bacharelato.
Na seguinte ligazón podedes acceder á galería de imaxes:
Vídeo do alumnando, traballo coordinado polo profesor Xoán Xosé Pérez:
Vídeo elaborado pola profesora Marisa Otero o paso polo instituto do alumnado que agora despedimos:
II Xornada Solar
Enviado por admin o 16 Xuño, 2021 - 15:31O pasado mércores, 9 de xuño, celebraremos a II Xornada solar do IES MGB, na que:
- Durante toda a mañá cociñamos diante da fachada Sur do edificio (fachada da entrada principal) con varias cociñas e fornos solares diversos produtos (pizzas, biscoitos, mazás asadas) que foron degustados polo alumnado ao rematar as clases a 6ª hora.
- Tamén se colocaron a carón das cociñas solares varios paneis informativos sobre a importancia da enerxía solar como fonte de enerxía alternativa primordial na loita contra o cambio climático (exposición cedida amablemente por ADEGA)
Podedes ver todas as imaxes neste ligazón.
Día dos océanos
Enviado por admin o 16 Xuño, 2021 - 15:27Dentro da semana do día do Medio Ambiente, o día 8 foi o día dos océanos. Por esta razón, persoas voluntarias de 1 ESO estivemos recollendo os plásticos do patio do centro. Desta forma evitaremos que os plásticos cheguen aos ríos e océanos, evitando a contaminación que provocan. Esta é unha actividade de educación e voluntariado ambiental cuxo obxectivo e que todas as persoas do centro tomen conciencia e se evite o uso de plásticos e embalaxes. Temos que comeza por reducir o seu uso!!
Pódedes ver as fotos nesta ligazón.
INFORMACIÓN FIN DE CURSO
Enviado por admin o 15 Xuño, 2021 - 12:11Nas seguintes ligazóns tedes toda a información sobre o calendario de fin de curso, devolución libros e datas matrícula:
Depoemprende da ESO
Enviado por admin o 11 Xuño, 2021 - 11:39Hoxe 11 de Xuño os alumnos da cooperativa CODOURADA entregaron a Rocío González, presidenta da Asociación estradense en defensa dos animais (PALLEIRÁNS) a doazón correspondente aos beneficios acadados.
Cooperativas no Mercado A Estrada
Enviado por admin o 26 Maio, 2021 - 14:52Os días 19 e 26 de maio os alumnos das Cooperativas escolares Codourada e 12Doce4Cuartos acudiron ao mercado local dos mércores para vender os seus produtos. Estiveron acompañados pola profesora Raquel Carballo e a experiencia foi moi satisfactoria.
Probas extraordinarias para 2º de bacharelato: exames, notas e revisión das cualificacións
Enviado por admin o 25 Maio, 2021 - 12:11Nas seguintes ligazóns tedes toda a información sobre a convocatoria extraordinaria (probas de xuño) para 2º de bacharelato:
Contido da charla da ABAU 2021
Enviado por admin o 24 Maio, 2021 - 22:54Logo das charlas impartidas polo profesor Augusto Otero para o alumnado de 2º Bacharelato sobre a normativa vixente e aspectos prácticos da ABAU 2021, adxuntamos a presentación do contido da mesma que pode ser consultado neste documento.
Campaña de distribución de froita fresca
Enviado por admin o 21 Maio, 2021 - 08:57Durante as dúas próximas semanas, do 24 de maio ao 4 de xuño, repartirase froita fresca de tempada, durante o 1º recreo, ao alumnado da ESO.
Esta iniciativa forma parte da campaña de distribución de froita fresca convocada polo Fondo Galego de Garantía Agraria.
Charla GenTech - 1º de Bacharelato
Enviado por admin o 21 Maio, 2021 - 08:54O pasado mércores, 19 de maio, Miguel Ares, xerente de proxecto de Altia Consutores, impartíu unha charla GenTech ao alumnado de 1º de Bacharelato A na que lles presentou proxectos nos que están a traballar así como as opciónns profesionais que se poden atopar nun futuro e a realidade do sector TIC.
As charlas GenTech forman parte do plan DigiTalent impuslado por AMTEGA para fomentar o talento dixital e as vocacións STEM.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 17
- 18
- 19
- 20
- 21
- 22
- 23
- 24
- 25
- …
- seguinte ›
- última »