Información sobre o final de curso para 2º de bacharelato (notas e revisión das cualificacións).
Enviado por admin o 12 Maio, 2021 - 12:13No enlace tedes toda a información sobre o final de curso para 2º de bacharelato: publicación de notas e prazos de revisión e posibles reclamacións.
Programa DepoEmprende na ESO
Enviado por admin o 10 Maio, 2021 - 21:35O alumnado de 4º ESO B que constituimos as cooperativas escolares CODOURADA e DOCECUARTOS comezamos a 3ª Fase do proxecto: A VENDA DE PRODUTOS.
Adxuntamos o catálogo e animámosvos a visitar os mostradores de venda durante os recreos nas vindeiras semanas dos meses de maio e xuño. Tamén podedes mercar a través do catálogo indicando o nome do profesor, descrición ou código do produto, número de unidades e entregarásevos persoalmente.
Se obtemos beneficios, o 25% doarase as seguintes ONGs:
- Palleiráns (Asociación estradense en defensa dos animais)
- Asociación española contra o cancro (AECC)
Os pedidos online poderanse facer nos seguintes e-mails das cooperativas:
- codourada@gmail.com (Catálogo produtos CODOURADA)
- 12doce4cuartos@gmail.com (Catálogo produtos DOCECUARTOS)
AVISO para a recollida de Títulos de Bacharelato ou ESO
Enviado por Secret. o 7 Maio, 2021 - 11:16Todo o alumnado que rematou os estudos de ESO ou Bacharelato no noso centro no ano 2019 ou anteriores debe pasar pola Secretaría do Instituto en horario de 9 a 13:30 h. a recoller os títulos que lle correspondan.
Rógase que difundan esta mensaxe entre todo o alumnado interesado para evitar a acumulación de títulos sen recoller no centro.
Día da Educación Física na rúa
Enviado por admin o 30 Abril, 2021 - 07:48O alumnado do IES Manuel García Barros participou no día da Educación Física na rúa con varias actividades no centro da vila.
Novas na prensa:
Promoción da actividade física saudable no IES Manuel García Barros.
Enviado por admin o 27 Abril, 2021 - 21:14Na prensa local de hoxe, martes 27 de abril, recóllense de novo as iniciativas do noso centro para promocionar un estilo de vida activo e saudable no alumnado.
Na nova aparece destacada a participación na conmemoración do Día da Educación Física na Rúa, o día 28 de abril, onde o profesorado do departamento de educación física trasladará as súas clases á Praza da Constitución para darlle visibilidade a esta materia, fundamental na promoción da práctica de actividade física e nunha educación integral.
Nesta ligazón podes ver a nova completa no Faro de Vigo.
Haikus - 4º ESO
Enviado por admin o 26 Abril, 2021 - 13:12O 17 de marzo foi o día mundial da poesía. O noso alumnado de 4º de ESO quere compartir coa comunidade estas creacións poéticas a xeito de haikus.
Admisión alumnado para o curso 2021-2022
Enviado por Secret. o 15 Abril, 2021 - 10:20Todo o alumnado que fixo a solicitude de admisión dentro do prazo establecido está admitido para o vindeiro curso.
O alumnado que fixo a solicitude fóra de prazo deberá esperar á resolución da Inspección educativa para saber se está admitido ou non.
Proxecto Ríos - 1º ESO
Enviado por admin o 13 Abril, 2021 - 09:13Todo o curso de 1º da ESO participou no Proxecto Ríos durante a maña do 12 de abril.
O Proxecto Ríos é un programa de voluntariado da Asoc. ecoloxista ADEGA, que consiste en realizar dúas inspeccións ao ano e comprobar a calidade do río. Acompañáronnos tres educadores/as ambientais e fixemos tres mostraxes (unha por grupo) nun regato que pasa por detrás do centro de ensino, Barranqueira da ponte. Comprobamos a calidade da flora de ribeira, os parámetros físico-químicos da auga e identificamos os macroinvertebrados para saber que calidade ten o río. Puidemos comprobar que estaba en boas condicións.
Pasámolo xenial e aprendimos moitísimo!!
Pódedes ver imaxes na Galería do instituto.
Éxito do alumno Mehdi Nabaoui
Enviado por admin o 12 Abril, 2021 - 10:52O pasado sábado Mehdi Nabaoui acadou a primeira posición no Campionato de España Sub20 na proba dos 5000m.
Os nosos parabéns unha vez máis!!
Visita románica de Ouzande e Ruta dos Muíños
Enviado por Vicedirec. o 26 Marzo, 2021 - 11:04O pasado xoves 25 de marzo o alumnado de 1º BAC D realizou unha ruta a pé ata a igrexa románica de San Lourenzo Ouzande e á Ruta dos Muíños. Estiveron acompañados pol@s profesor@s Norma Pillado e Mariano Casas.
Máis fotos na galería flirck.
Novo éxito de Mehdi Nabaoui
Enviado por admin o 17 Marzo, 2021 - 19:00A pasada fin de semana Mehdi Nabaoui proclamouse campión galego absoluto de 3000m.
Vídeo de Carlota Torrado - alumna de Artes Escénicas
Enviado por admin o 8 Marzo, 2021 - 13:28Vídeo elaborado por Carlota Torrado, alumna de Artes Escénicas, con motivo do 8 de marzo.
Novo mural na entrada do MGB
Enviado por admin o 4 Marzo, 2021 - 12:34O alumnado de 1º de Bacharelato está pintando un novo mural na entrado do instituto, que representará a unha Venus en Skater, e se poderá visualizar tanto pola parte exterior como pola parte interior.
Nova en La Voz de Galicia.
Novo éxito de Mehdi Nabaoui
Enviado por admin o 2 Marzo, 2021 - 10:18A pasada fin de semana, Mehdi Nabaoui acadou o primeiro posto no CIII Campionato de España de Campo a Través Individual e Federacións, na categoría sub-20.
Noraboa!!
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 18
- 19
- 20
- 21
- 22
- 23
- 24
- 25
- 26
- …
- seguinte ›
- última »