Venres 14: Charla en Usos Múltiples: "O mundo na túa cabeza"
Enviado por Coordinación TIC o 12 Xaneiro, 2022 - 18:36O vindeiro venres 14 de xaneiro a 3ª e 4ª horas o alumnado de 2º BAC A e B terá unha charla de divulgación científica en Usos Múltiples a cargo de Casto Rivadulla ("O mundo na túa cabeza").
Outras actividades do Día contra a Violencia de Xénero
Enviado por Coordinación TIC o 21 Decembro, 2021 - 12:33O pasado 25 de novembro o alumnado de Música de 2º Bacharelato relizou unha actuación para os seus compañeiros de 2º ESO e 1º Bacharelato. Este é o vídeo do evento subido ao noso canal de Youtube:
Xornada de patinaxe no MGB
Enviado por Coordinación TIC o 21 Decembro, 2021 - 09:51O pasado venres 17 de decembro, tivemos o honor de compartir a xornada co clube de patinaxe A Estrada, a quen agradecemos a súa colaboración co programa EduSaúde do MGB.
A adestradora, a delegada do clube, 1 patinador e 3 patinadoras, unha delas alumna do MGB, acudiron na hora de EF de 4°B a poñer en práctica co alumnado algúns exercicios do quecemento deste deporte.
No 1° recreo quen o desexou puido disfrutar da exhibición de patinaxe artístico que realizaron no pavillón.
Na imaxe podemos ver a Natalia Campos, 4°B, na exhibición de patinaxe artístico no recreo.
Recomendacións de lectura para Nadal
Enviado por Coordinación TIC o 20 Decembro, 2021 - 12:39- para 1º e 2º da ESO
- para 3º e 4º da ESO
- para Bacharelato e Adultos
Pasa pola MeGaBiblio e leva a túa lectura de Nadal para estas vacacións!
Visita a Santiago
Enviado por Vicedirec. o 3 Decembro, 2021 - 20:52O venres 3 de decembro o alumnado de 2º bacharelato D visitou a cidade de Santiago, onde realizou unha visita guiada ao pazo de Xelmirez, ao Pórtico da Gloria e á catedral.
Vídeo do Día contra a violencia de xénero
Enviado por Coordinación TIC o 26 Novembro, 2021 - 11:51O equipo de Normalización Lingüística do IES MGB organizou distintas actividades o día 25 de novembro, Día Internacional contra A Violencia sobre ás mulleres. Todos amosamos a nosa solidariedade con aqueles e aquelas que sofren por mor deste tipo de violencia. Velaquí un resumo en imaxes que fixo o noso compañeiro Anxo.
No segundo vídeo podedes ver a actividade realizada polos alumnos de segundo da ESO e segundo de Bacharelato coa súa profesora Anxos. Os alumnos de Artes fixeron os murais e o profesor Xoán Xosé colaborou con nós. Agardamos que vos guste o noso traballo nesta data tan importante para todos.
Día contra a Violencia de Xénero:
Enviado por Coordinación TIC o 25 Novembro, 2021 - 11:54Hoxe, para conmemorar o Día contra a violencia de xénero, o Equipo de Normalización ten preparadas as seguintes actividades:
- Mesas nos recreos para pintar as unllas de violeta.
- Performances dirixidas pola profesora Norma coas alumnas de segundo de ESO no patio cuberto.
- Tarxetas para colocar nun lugar visible.
- Unha montaxe cunha simboloxía relacionada coa violencia nas relacións da nosa xuventude no pasillo da planta baixa, cunha tríade que se repite ao longo da parede, formada por 3 elementos que teñen inscrita unha palabra dentro:
- a bolboreta leva dentro respecto porque a bolboreta é un insecto delicado ao que hai que coidar como hai que coidar que una relación se basee no respecto entre ámbolos dous membros da parella
- o paxaro leva inserta a palabra liberdade, non é posible vivir nunha relación na que non haxa liberdade para ser ti mesmo ou ti mesma (o paxaro é, tradicionalmete, símbolo da liberdade)
- o corazón leva a palabra amor e está en último lugar porque non poder haber un amor sano sen respecto e liberdade
Por outra parte o alumnado de Música de 2º de BAC, coordinado por María Varela, ten preparada unha actividade (lectura de textos, cancións...) en Usos Múltiples a 5ª (2ESOA e 1BACB) e 6ª hora (2ESOA, 2ESOC)
Excursión a "Aquis Querquennis" (Bande - Ourense)
Enviado por Coordinación TIC o 25 Novembro, 2021 - 09:07Onte, mércores 24 de novembro, o alumnado de Cultura Clásica e Latín de 3ESO, 4ESO e 1BAC, realizou unha visita ao xacemento romano de "Aquis Querquennis", en Baños de Bande, Ourense.
Despois de percorrer un tramo duns 5 kilómetros polo antigo trazado da VIA NOVA ou Vía XVIII, e tras visitar unha fermosa fervenza nas marxes da mesma, o grupo asistitu a unha proxección audivisual no Centro de Visitantes, para logo percorrer o xacemento do antigo campamento militar romano. A xornada rematou cun baño nas thermae do recinto. A actividade foi organizada polo Departamento de Latín e Grego.
Más fotos neste álbum de Flickr!
Mes da ciencia en galego na MeGaBiblio
Enviado por Coordinación TIC o 18 Novembro, 2021 - 11:27Este mes de novembro celebramos o mes da ciencia en galego cunha selecta de libros da nosa MeGaBiblio, comentaos e agrupados por materias:
- Xeral, Ecoloxía-Ciencias da Terra, Matemáticas, Física, Química, Bioloxía e Xeoloxía, Astronomía e Tecnoloxía-Informática.
Podes vela nesta presentación de Genially!
Eleccións ao Consello Escolar: candidaturas e composición das mesas electorais
Enviado por admin o 17 Novembro, 2021 - 18:53Reunida a xunta electoral no día de hoxe, e recollidas as candidaturas presentadas en tempo e forma, publicamos as candidaturas presentadas e a composicións das mesas electorais escollidas por sorteo.
Distribución de máscaras entre o alumnado da ESO
Enviado por admin o 15 Novembro, 2021 - 21:47A Consellería publicou a Orde pola que se regula o procedemento para a distribución de máscaras entre o alumnado da ESO no curso 2021-2022 (código de procedemento ED330E).
O prazo de solicitude será do 15 ao 26 de novembro de 2021 (ambos inclusive).
- Non ten que presentar solicitude e terá dereito ao reparto de máscaras todo o alumnado beneficiario do Vale de Axuda de Material Escolar no presente curso.
- Poderá presentar a solicitude o alumnado que non fose beneficiario da axuda para adquirir material escolar por diferentes circunstancias pero:
- Pertence a familias cunha renda per cápita igual ou inferior a 6.000 € (A renda que se ten en conta é a do ano 2019).
- Alumnado matriculado en Educación Especial, ou suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia ou teña unha discapacidade igual ou superior ao 65%.
A solicitude deberá presentarse na secretaría do centro mediante os Anexos I e II da convocatoria xunto coa copia do libro de familia onde figure o alumno e o resto de membros da familia. No caso de separación ou divorcio deberá achegar copia da sentencia.
Visita de 1º ESO a Campo Lameiro
Enviado por Coordinación TIC o 12 Novembro, 2021 - 12:59O pasado mércores 10 de novembro o alumnado de 1º ESO, acompañado por tres profesoras, visitou o Parque Arquelóxico da Arte Rupestre de Campo Lameiro.
Podedes ver máis fotos neste álbum de Flickr!
Carreira de campo a través do XOGADE.
Enviado por Coordinación TIC o 12 Novembro, 2021 - 12:45O alumnado de 1° e 2º da ESO do noso centro participou na carreira de campo a través do programa XOGADE, dentro do Proxecto de Vida Activa e Deportiva promovido polo departamento de Educación Física.
Destacar o esforzo dos nenos e nenas participantes nunha mañá con frío e néboa nas instalacións da zona deportiva da Estrada, nun percorrido de 1300 metros con bastante dificultade.
Parabéns ao alumnado pola gran participación e implicación na actividade!
Neste álbum de Flickr podedes ver máis fotos.
Convocatoria de eleccións ao Consello Escolar
Enviado por Coordinación TIC o 8 Novembro, 2021 - 11:00Nas ligazóns seguintes podedes consultar as convocatorias de eleccións ao Consello Escolar para alumnado, familias e profesorado:
- Convocatoria ConselloEscolar Familias
- Concocatoria Consello Escolar alumnado
- Convocatoria DOG 27 de setembro (normativa)
Para calquera consulta ao respecto podedes escribir ao enderezo direccion@iesgarciabarros.org
Saída cultural á Ribeira Sacra
Enviado por Coordinación TIC o 3 Novembro, 2021 - 10:41O pasado xoves 29 de outubro, tivo lugar unha saída cultural á Ribeira Sacra cos alumnos de 2BAC, visitando os Peares, a igrexa de San Pedro de Rocas (Esgos) e a súa contorna (Fonte de San Bieito), e o embarcadoiro de Santo Estevo de Nogueira de Ramuín, onde se realizaou un paseo en catamarán polos Canóns do Sil.
Tras a comida foi o turno do mosterio de Santo Estevo, visitando o seu claustro para, a continuación, poñer rumbo a Celanova onde tivo lugar unha excepcional exposición e interpretación do seu afamado órgano (ver vídeo!). A visita continuou coa nosa xoia mozárabe, San Miguel de Celanova, rematando a xornada coa visita e baño no campamento de Aquis Querquennis en Bande.
A actividade foi organizada polo departamento de Xeografía e Historia, en colaboración coas profesoras dos Departamentos de Música e Lingua Galega (Esther Sánchez, Beatriz Mera, María Varela e Teresa Filloy).
Máis fotos neste álbum de Flickr!
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 15
- 16
- 17
- 18
- 19
- 20
- 21
- 22
- 23
- …
- seguinte ›
- última »