Eleccións ao Consello Escolar: candidaturas e composición das mesas electorais

Reunida a xunta electoral no día de hoxe, e recollidas as candidaturas presentadas en tempo e forma, publicamos as candidaturas presentadas e a composicións das mesas electorais escollidas por sorteo.

Alumnado.

Familias.

Profesorado.

 

Distribución de máscaras entre o alumnado da ESO

A Consellería publicou a Orde pola que se regula o procedemento para a distribución de máscaras entre o alumnado da ESO no curso 2021-2022 (código de procedemento ED330E).

O prazo de solicitude será do 15 ao 26 de novembro de 2021 (ambos inclusive).

  • Non ten que presentar solicitude e terá dereito ao reparto de máscaras todo o alumnado beneficiario do Vale de Axuda de Material Escolar no presente curso.
  • Poderá presentar a solicitude o alumnado que non fose beneficiario da axuda para adquirir material escolar por diferentes circunstancias pero:
    • Pertence a familias cunha renda per cápita igual ou inferior a 6.000 € (A renda que se ten en conta é a do ano 2019).
    • Alumnado matriculado en Educación Especial, ou suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia ou teña unha discapacidade igual ou superior ao 65%.

A solicitude deberá presentarse na secretaría do centro mediante os Anexos I e II da convocatoria xunto coa copia do libro de familia onde figure o alumno e o resto de membros da familia. No caso de separación ou divorcio deberá achegar copia da sentencia.

Visita de 1º ESO a Campo Lameiro

O pasado mércores 10 de novembro o alumnado de 1º ESO, acompañado por tres profesoras, visitou o Parque Arquelóxico da Arte Rupestre de Campo Lameiro.

Podedes ver máis fotos neste álbum de Flickr!

Carreira de campo a través do XOGADE.

O alumnado de 1° e 2º da ESO do noso centro participou na carreira de campo a través do programa XOGADE, dentro do Proxecto de Vida Activa e Deportiva promovido polo departamento de Educación Física.

Destacar o esforzo dos nenos e nenas participantes nunha mañá con frío e néboa nas instalacións da zona deportiva da Estrada, nun percorrido de 1300 metros con bastante dificultade.

Parabéns ao alumnado pola gran participación e implicación na actividade!

Neste álbum de Flickr podedes ver máis fotos.

Convocatoria de eleccións ao Consello Escolar

Nas ligazóns seguintes podedes consultar as convocatorias de eleccións ao Consello Escolar para alumnado, familias e profesorado:

Para calquera consulta ao respecto podedes escribir ao enderezo direccion@iesgarciabarros.org

Saída cultural á Ribeira Sacra

O pasado xoves 29 de outubro, tivo lugar unha saída cultural á Ribeira Sacra cos alumnos de 2BAC, visitando os Peares, a igrexa de San Pedro de Rocas (Esgos) e a súa contorna (Fonte de San Bieito), e o embarcadoiro de Santo Estevo de Nogueira de Ramuín, onde se realizaou un paseo en catamarán polos Canóns do Sil.

Tras a comida foi o turno do mosterio de Santo Estevo, visitando o seu claustro para, a continuación, poñer rumbo a Celanova onde tivo lugar unha excepcional exposición e interpretación do seu afamado órgano (ver vídeo!). A visita continuou coa nosa xoia mozárabe, San Miguel de Celanova, rematando a xornada coa visita e baño no campamento de Aquis Querquennis en Bande.

A actividade foi organizada polo departamento de Xeografía e Historia, en colaboración coas profesoras dos Departamentos de Música e Lingua Galega (Esther Sánchez, Beatriz Mera, María Varela e Teresa Filloy).

Máis fotos neste álbum de Flickr!

Festivos concedidos ao centro

Xefatura territorial vén de autorizar como festivos do centro os seguintes días:

  • martes, 7 de decembro
  • luns, 16 de maio

Premio para a nosa antiga alumna Belén Troitiño

Parabéns para Belén Troitiño que vén de gañar o Premio Extraordinario das ensinanzas artísticas profesionais na modalidade de Música da Xunta de Galicia.

É a primeira vez que un alumno do Conservatorio da Estrada acada esta distinción. A clarinetista fala da súa traxectoria profesional neste artigo do Faro de Vigo.

Ben merecido pola súa dedicación e traballo!

Promoción de actividades deportivas extraescolares con Marcos Otero

O xoves 28 de outubro o alumnado de 1º de bacharelato, dentro da clase de educación física, contou coa visita do adestrador do Clube Atletismo A Estrada, Marcos Otero.

Esta actividade enmarcase dentro das propostas do departamento de EF para a promoción da actividade física saudable no noso alumnado, a colaboración dos clubes e entidades deportivas do Concello co Reto Activo MGB e unha das iniciativas dos Plan Proxecta e o CPInova que se desenvolven este curso no noso centro. Estes proxecto de innovación educativa pretenden promocionar estilos de vida activos e saludables no alumnado, dando a coñecendo as múltiples posibilidades de práctica de actividades físicas e deportivas na súa contorna, coa idea de que todo movemento suma saúde.

A actividade resultou moi positiva, grazas á experiencia de Marcos, que presentou a práctica do atletismo coma unha alternativa de ocio activo e saudable, tentando deixar a un lado os prexuizos que poida ter o alumnado sobre a necesidade de "ser bo" para practicar deporte nos clubes deportivos.

Dende o departamento de educación física gustaríanos felicitar a Marcos polo seu traballo e agradecer a súa colaboración co centro na promoción da actividade física e a saúde.

Máis fotos neste album de Flickr

Os diplomas dos axudantes da Biblio na Prensa

Así recolle a prensa o acto de entrega de diplomas do pasado xoves:

Entrega de diplomas aos axudantes da MeGaBiblio

Para celebrar o Día da Biblioteca Escolar (24 de outubro), o xoves 21 de outubro (ás 10,00 da mañán) Valentín García Gómez (Secretario Xeral de Política Lingüística) entregará aos rapaces que colaboraron como axudantes da biblioteca escolar nos cursos 2020-2021 e 2019-2020 os diplomas que acreditan a súa participación no programa "Bibliotecas Escolares Solidarias", da  Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos (Consellería de educación) coa colaboración da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, da Consellería de Política Social.

Aqueles axudantes que están a cursar estudos universitarios serán convocados próximamente.

Visita do alumnado de 3º ESO a Santiago

O pasado mércores 13 de outubro o alumnado de 3º ESO viaxou a Santiago para visitar a cidade e asistir á representación teatral "Tacao" da compañía MOVING COMPASS, no marco da XXVI edición do Festival Internacional de Títeres de Santiago de Compostela.

Santiago_500.jpeg

Entrega dos carnets da MeGaBilioteca

Mañá, mércores 20, e o xoves 21 de outubro, os axudantes da biblioteca de 2.º, 3.º e 4.º de ESO farán a entrega dos carnets da Biblioteca no horario seguinte:

  • Mércores 20 na 3.ª hora: 1.º ESO A (Inglés con Mª Ángel) e 1.º ESO C (Reforzo con Teresa Filloy) Entregarán os carnés: Nicolás Moure e Marco Montenegro, de 2º ESO B (en Tecnoloxía con Lorena)
  • Mércores 20 na 5ª hora: 1.º ESO B (Galego con María Mansilla).Entregarán os carnés: Mateo Villanueva (de 2.º ESO C, en Francés con Teresa Iglesias) e Ángela Caeiro (de 4.º ESO B, en Galego con Miguel Bugallo/Inés)
  • Xoves 21 na 5ª hora: 1.º ESO C (Francés con Alicia). Entregan os carnés: Aroa Carballo (de 3.º ESO C en Inglés con Fina Brea) e Roberto Vieites (de 3.º ESO A en Plástica con Celia).

Visita a IBERLUFFA polo alumnado de 2BAC

O martes 5 de outubro o alumnado de 2º de Bacharelato da materia de Economía da empresa e FUAX visitou a empresa IBERLUFFA (Ibérica de exponxas vexetais) en Caldas de Reis.

A visita iniciouse na plantación de luffas coas explicacións do proceso produtivo, características do froito, fermentación e secado, deseño e troquelado, comercialización do produto e loxística da empresa.

A actividade foi organizada polo departamento de Ecomomía e os alumnos estiveron acompañados pola profesora Raquel Carballo (máis imaxes neste álbum)

E se aínda non sabes o que é unha luffa, consulta esta páxina!

Distribuir contido