Día das bibliotecas escolares
Enviado por admin o 30 Outubro, 2023 - 20:16
A MeGaBiblio acolleu este pasado venres 27 de outubro o acto de entrega de diplomas aos estudantes que o curso pasado participaron no programa Voluntariado nas Bibliotecas Escolares, promovido pola Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa da Consellería de Cultura e Educación e a Dirección Xeral de Xuventude da Consellería de Política Social. A ex profesora do centro, Noni Araújo, exerceu de mestra de cerimonias nun acto no que tamén se deu a benvida aos novos voluntarios deste curso. Podedes ler a nova publicada na Voz de Galicia