Acto de Despedida 2ºBACH, 15 de maio do 2024
Enviado por admin o 21 Maio, 2024 - 11:09
Seguindo o enlace pódense ver varias instantáneas do acto de graduación de 2º de bacharelato 2023/2024.
|
Procedemento de revisión e reclamación para 2º Bacharelato
Enviado por admin o 15 Maio, 2024 - 11:45As cualificacións publicaranse vía Abalar o día 15/05/2024 ás 23:00
Convocatoria ordinaria 2º de Bacharelato Trámites e actuacións |
Prazo | |
Revisión no centro |
Solicitude de revisión no centro das cualificacións finais... |
21 e 22 de maio do 2024, na oficina de administración e por escrito en horario de 9:00 a 14:00. |
Resolución da revisión no centro e comunicación á persoa interesada... |
22 de maio do 2024 de 9:00 a 14:00 | |
Reclamación ante a Dirección Territorial |
Solicitude de reclamación ante a Dirección Territorial (se persiste o desacordo) |
23 e 24 de maio de 2024 |
Charla da ABAU 2024
Enviado por Vicedirec. o 15 Maio, 2024 - 10:55Logo da charla impartida polo profesor Augusto Otero para o alumnado de 2º Bacharelato sobre a normativa vixente e aspectos prácticos da ABAU 2024, adxuntamos a presentación do contido da mesma que pode ser vista consultando neste documento.
Receitas de Lectura
Enviado por admin o 14 Maio, 2024 - 22:56
Dende a MeGaBiblioteca seguimos preoucupándonos pola boa saúde lectora da comunidade educativa coa sexta entrega da serie de "Receitas de Lectura". Neste mes de maio será o departamento de Francés quen nos prescriba á lectura de "O acontecemento", unha lectura apaixonante, moi intensa, para achegarse a un tempo moi cheo de tabús, cando a muller asumía, ela soa, moitas responsabilidades acompañadas dun forte sentimento de culpabilidade. "O acontecemento" (L´événement) da escritora francesa Annie Ernaux, premio Nobel de Literatura 2022, é un libriño tan breve como intenso, onde a autora está ben presente, tanto no fondo como na temática e no estilo, tan seu, tan único.
A historia que nos conta ten lugar na época dos anos seguintes trala 2ª Guerra Mundial, no París dunha estudiante de Letras chegada do rural da Normandía grisallenta, clasista e opresora de principios dos anos 50 do pasado século. As circunstancias levan á protagonista a verse na necesidade imperiosa de someterse a un aborto clandestino, despois de moitas dúbidas e moito sufrimento, lonxe da casa e no máis absoluto segredo, nunhas condicións límite en más dun sentido.
|
Alumnado do centro en Galiciencia
Enviado por admin o 9 Maio, 2024 - 11:01Alumnado de Tecnoloxía e Enxeñaría I, de 1º de Bacharelato, Alma Diéguez e Samuel Sánchez, acompañados polo profesor Javier Fondevila, presentan na mostra Galiciencia, en Ourense, o resultado do seu traballo: "Xogar, mellor en maderia".
Imaxes do evento na galería do centro.
A mostra científica Galiciencia, na que se presentan proxectos e investigación científicas e tecnolóxicas realizadas por alumnado de centros de toda Galicia, celebrase entre os días 8 e 10 de maio en Ourense. Web do evento.
Novas en prensa:
Adestramentos - Liga Maker Drone
Enviado por admin o 9 Maio, 2024 - 10:50O pasado venres, 3 de maio, o grupo de alumnas e alumnos de 2º da ESO que participa na III Liga Maker Drone asistiron á última sesión de formación en pilotaxe de drones, antes da súa participación na final, que terá lugar o próximo xoves, 16 de maio, no Coliseum da Coruña. Imaxes do adestramento na galería do centro.
Novas relacionadas:
Matrícula ABAU e depósito de título para alumnado de 2º de Bach.
Enviado por Secret. o 3 Maio, 2024 - 10:32O alumnado de 2º de Bacharelato que aprobe todo na convocatoria ordinaria de maio ten que facer obrigatoriamente o depósito do título e, se quere ir a Universidade, a matrícula para a ABAU.
Os trámites administrativos necesarios realizaranse na Secretaría do centro únicamente o día 16 de maio de 9 a 14:00 horas.
Pulsa neste enlace para ter información completa sobre as taxas a pagar e a documentación a entregar.
No impreso de taxas para pagar o depósito do título deberás cubrir os campos que están en amarelo e do que tes un exemplo nestoutro enlace.
Xornada de bádminton intercentros
Enviado por Vicedirec. o 30 Abril, 2024 - 08:30O alumnado de 3º da ESO do noso centro participou nunha xornada de bádminton co alumnado dos centros da contorna. Na xornada que organizaba a Agrupación Deportiva Escolar da Estrada houbo 150 participantes que tiveron dun día lectivo diferente, onde o máis importante era a convivencia co alumnado doutros centros ao tempo que disfrutaban dunha practica deportiva divertida. Máis fotos na galería Flickr.
Nova do Faro de Vigo.
Novos éxitos deportivos do noso alumnado
Enviado por Vicedirec. o 30 Abril, 2024 - 08:22Parabéns @s nos@s alumn@s que a pasada fin de semana acadaron diversos éxitos deportivos:
- Xían Diéguez proclamouse Campión da Fase Prata do Campionato de España coa selección Galega sub16 de fútbol.
- Lía Vázquez (1º BAC A) e Arauia Al Bachere (2º BAC B), acadan a prata co Ourense Atletismo no Galego de Clubes de Atletismo.
La Voz de Galicia. Faro de Vigo.
Recollida de títulos oficiais de Bacharelato e ESO
Enviado por Secret. o 25 Abril, 2024 - 12:13Xa están dispoñibles os títulos de Bacharelato ou ESO do alumnado que rematou os seus estudos no ano 2022. Todo alumnado que finalizou os estudos neste ano ou nos anteriores deberá pasar pola Secretaría do centro para recoller o seu título se aínda non o recolleu.
** Nota (Se acabaches a ESO noutro Instituto deberás pasar a recoller o título nese centro)
Admisión de alumnado novo no centro para o curso 2024-2025
Enviado por Secret. o 25 Abril, 2024 - 08:46Comunícase ás familias que fixeron solicitudes de admisión de alumnado novo no centro para o curso 2024-25 dentro do prazo habilitado, que todos/as están admitidos/as e xa teñen adxudicada a praza.
O próximo paso será facer a matrícula no prazo que se indique no calendario que se publicará a finais de xuño nesta páxina web e entregar a documentación que se lle solicite.
Teñan en conta que as solicitudes de axudas para libros de texto na ESO terán que entregalas xa neste centro dentro do prazo que sinale a convocatoria que aínda non se publicou e que adoita acabar antes de facer a matrícula.
Así mesmo o alumnado que veña para bacharelato deberá ter en conta que a convocatoria de becas MEC para o curso que ven remata o 10 de maio. (Información na nósa páxina web máis abaixo).
Día do libro na MeGaBiblioteca
Enviado por admin o 22 Abril, 2024 - 10:54Día da EF na Rúa na Estrada
Enviado por Vicedirec. o 19 Abril, 2024 - 10:06O alumnado de 2º da ESO do noso centro participou no día de onte nos actos conmemorativos do Día da EF na Rúa na Estrada. Actividade organizada pola Agrupación Deportiva Escolar da Estrada na que máis de 350 escolares de 9 centros educativos do noso concello se reuniron na vila para darlle visibilidade e reivindicar a importancia da materia de educación física.
Nesta ocasión a convocatoria do COLEF busca promover a importacia da edución física e concienciar sobre a necesidade de aboradar a súde mental na poboación infantil e adolescente.
Novas de hoxe en relación ao evento: Faro e La Voz.
Fotos na galería Flickr.
Receitas de Lectura
Enviado por admin o 16 Abril, 2024 - 13:28
Dende a MeGaBiblioteca seguimos pendentes da saúde lectora da comunidade educativa coa quinta entrega da serie de "Receitas de Lectura". Neste mes de abril será o departamento de Educación Física quen nos prescriba á lectura de "Subcampeón", especialmente indicada para persoas interesadas polo mundo do fútbol pero tamén para outras completamente alleas, que simplemente teñan conciencia ou curiosidade polos temas de saúde mental. "Subcampeón" es una autobiografía desternillante, cruda y honesta, entre la comedia y la angustia, cocinada a cuatro manos entre Gurrutxaga y Ander Izagirre, que discurre entre los bares de música bakalao de Elgoibar y las discotecas pijas de Madrid, que salta de la consulta de la psicóloga a la playa de Copacabana, y por donde desfilan personajes como Javier Clemente, Toshack o David Bustamante. Un libro que se lee como un tobogán: rápido, divertido y con un poco de miedo.
|
Xinkana matemático-literaria
Enviado por Vicedirec. o 10 Abril, 2024 - 10:23- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »