"Castelos de Cristal", mañá na MeGaBiblio

Mañá no 2º recreo, na MeGaBlio, estaremos con Sandra Ferreiro, ex-alumna do MGB, que nos vai presentar o seu libro "Castelos de cristal". Será esta xove escritora tamén a que faga entrega dos diplomas acreditativos aos axudantes da Biblioteca do ano anterior e a que presente aos novos axudantes deste ano.

Pásate por alí!

Recorda, no 2º recreo (12:25-12:45 h)

Noutrora erixíanse brillantes castelos de cristal máis aló do ceo. Agochaban todo tipo de historias e segredos:

os contos que a noite recitaba, as lembranzas dalgunha serea, o po das estrelas fugaces... mesmo o cantar das ondas.

Mais os castelos de cristal estaban destinados a romper e a caer.

Deles xa só quedan fragmentos esparexidos polo mundo e polo tempo, á espera dalgún camiñante que se atreva a internarse no caos

e recolla os restos desas historias perdidas.

* Sandra Ferreiro constrúe, en Castelos de cristal, uns relatos que invitan á lectura pausada e reflexiva a través dunha prosa poética chea de profundidade e sosego.