PROBLEMATTICOS, novo concurso mensual

O próximo martes 1 de outubro comeza o extraordinario concurso "PROBLEMÁTTICOS" no que poderá participar todo o alumnado de 1º e 2º da ESO.

PROBLEMATTICOS é un concurso mensual organizado polo departamento de Matemáticas. Ao longo do curso os alumnos poderán obter puntos e no mes de xuño aqueles que acadasen maior puntuación obterán un fantástico premio.


As distintas probas publicaránse na páxina web do concurso, á que podedes acceder tamén dende a páxina do centro (apartado PROBLEMATTICOS, menú lateral dereito). Para acceder tedes que facer clic sobre a icona (tedes que estar rexistrados na conta do instituto).

Animádevos!