Encontro do club de lectura de adultos

O día 4 de abril xuntámonos o club de lectura de adultos do IES do Camiño para falar sobre a lectura do trimestre. Seguindo o lema das biblioteca escolares, apostamos pola banda deseñada. Madialeva de Ana Moreiras foi a obra escollida. Non contabamos, por primeira vez, e xa van catro encontros, coa presenza da escritora, polo que a reunión tivo un cariz diferente. Nesta caso as aportacións dos/as lectores/as tomaron maior protagonismo e foi un gusto escoitar reflexións acerca do cromatismo das ilustracións ou os planos detalle empregados nas viñetas. Tamén puidemos debater sobre algún dos múltiples temas que toca a obra, pero foron a migración ou os matrimonios concertados os que deron máis que falar.

O próximo e último encontro do curso farémolo neste terceiro trimestre e como suxerencias de lectura saíron: Un animal chamado néboa de Ledicia Costas, Xaora de Ana Moreiras, Senlleiras de Antía Yáñez ou As chaves do tempo de Luisa Villalta, entre outros.

Álbum: Curso académico 2023/24 -> Encontro do club de lectura de adultos

Charla de Carlos Callón

O pasado 5 de abril, organizada pola Equipa de Normalización Lingüística, impartiuse unha palestra do profesor Carlos Callón, autor do "Libro negro da língua galega". Nela explicou a historia de séculos de silenciamento do noso idioma.

Álbum: Curso académico 2023/24 -> Charla de Carlos Callón

Charla sobre delitos de odio da Garda civil

O día 2 de abril o noso alumnado da ESO asistiu a unha charla sobre os delitos de odio enmarcada no Plan director desenvolvido pola Garda civil.

Álbum: Curso académico 2023/24 -> Charla da Garda Civil

Bolsas e axudas para estudos post obrigatorios

O prazo para solicitar as axudas para estudos postobrigatorios está aberto ata o 20 de maio. Pódense solicitar na páxina de Ministerio de Educación https://sede.educacion.gob.es/sede/login/inicio.jjsp?idConvocatoria=2076

Para máis información prema neste cartaz informativo: "Información de bolsas e axudas para estudos postobrigatorios".

Álbum: Curso académico 2023/24 -> Becas MEC

8M, día da muller

O venres pasado, 8M, Día da Muller, na biblioteca do IES do Camiño e grazas a colaboración coa especialista de Pedagoxía Terapéutica do noso centro, reflexionamos sobre os coidados. O alumnado ía marcando, nun espazo deseñado para tal fin, quen se encarga das tarefas máis invisibles do día a día no fogar: dar afecto, acompañarnos a comprar roupa, axudarnos cos deberes, escoitarnos, etc. Os resultados deixan claro que seguen sendo mulleres as protagonistas de moitos deses traballos. De feito, logo dunha semana o cartel elaborado segue dando que falar entre a rapazada. Ademais desta actividade, proxectamos o corto "Loitar saben" que nos levou ó pasado das mulleres galegas, mulleres loitadoras e traballadoras que fixeron camiño.

Igualmente tivemos unha xornada xuntanza co CEIP Palas de Rei para reivindicar os dereitos das mulleres traballadoras.

Álbum: Curso académico 2023/24 -> 8M, día da muller

Visita a centros de formación profesional de Lugo

Dentro do marco da orientación académica e profesional é necesario achegar un coñecemento presiso do sistema educativo e das súas posibilidades para que o alumnado poda afrontar con éxito a toma de decisións cara os próximos cursos. Por iso o pasado 29 de febreiro o noso alumnado de 4º ESO, 1º BAC e 2º FPB tivo unha saída a Lugo, onde coñecimos de primeira man a oferta educativa do CIFP As Mercedes e o CIFP Politécnico. No primeiro coñeceron os ciclos de grao medio e grao superior das familias de Transporte e mantenemento de vehículos, Comercio e Márketing, Enerxía e Auga e Instalacións e Mantenemento. No Politécnico, o graos de Sanidade e industria alimentaria, Fabricación mecánica, Electricidade e electrónica e Actividades físicas e Deportivas.

Álbum: Curso académico 2023/24 -> Visita ao Politécnico de Lugo

Presentación do calendario de fauna da Finca de Quintas (A Ulloa)

Este 4 de marzo o INSTITUTO DE ESTUDOS ULLOÁNS presentou no centro un calendario do 2024 con texto e ilustracións da fauna da finca de Quintas. O biólogo e Xurxo Mouriño, Coordinador da Sección de ciencias, medioambiente e educación ambiental, falou e comentou cada un dos animais que co seu debuxo, elaborado polo alumnado do centro coa colaboración do departamento de Ciencias Naturais e Artes Plásticas, e texto, do propio Xurxo Mouriño e Cristina Varela, acompañan aos meses.

A avefría de xaneiro, a papuxa do mato en xullo, ou o tritón marmorado de decembro, entre outros animais, van colmando o decurso do ano mes a mes. Coñecemos costumes deles, reparamos en que existen e nos acompañan na biodiversidade, lembramos e recuperamos os seus nomes e vocabulario propio.

O IES do Camiño agradece ao IEU, e en especial a Hilda García Cabanas e a Xurxo Mouriño, o seu traballo e achega nesta iniciativa para que rapaces e rapazas ulloáns coñezan, valoren e estimen a riqueza natural na que viven.

 

Álbum: Curso académico 2023/24 -> Finca de Quintas

Carreira de orientación

O pasado 28 de febreiro os nosos alumnos competiron en Lugo na carreira de orientación, cumprindo coa tradición de competir nesta disciplina dos últimos anos. 

Álbum: Curso académico 2023/24 -> Carreira de orientación

O galego nas redes sociais

O ENDL organizou a charla O galego e as redes sociais, impartida por Borxa González, de Orgullo Galego. Asistiu a ela o alumnado de 4º ESO e 1º Bacharelato, que puido decatarse do abundante contido na nosa lingua en redes tan punteiras como Tik Tok, Twitch, Instagram, etc. e os milleiros de seguidores que teñen.  Porque crear e compartir contido en galego nas redes non resta, moi ao contrario: suma centos de miles de adeptos/as.

Álbum: Curso académico 2023/24 -> O galego nas redes

Charla sobre a violencia de xénero

O pasado 23 de febreiro o noso alumnado de 1º, 2º e 3º ESO asistiu á charla: A violencia de xénero e o sexismo na publicidade, na que se tratou esta temática tanto desde o punto de vista dos medios audiovisuais, coma nas redes sociais.

Álbum: Curso académico 2023/24 -> Charla de violencia de xénero
Distribuir contido