Por 365 días de respecto e igualdade
Escaleiras feministas
Enviado por Alejandra o Xov, 23/05/2024 - 08:40
Dentro do Plan Proxecta+ de igualdade, este ano quixemos reivindicar a nosa loita no IES con este espazo que imos ver cada día.
8M, día da muller
Enviado por Lois o Ven, 15/03/2024 - 12:51O venres pasado, 8M, Día da Muller, na biblioteca do IES do Camiño e grazas a colaboración coa especialista de Pedagoxía Terapéutica do noso centro, reflexionamos sobre os coidados. O alumnado ía marcando, nun espazo deseñado para tal fin, quen se encarga das tarefas máis invisibles do día a día no fogar: dar afecto, acompañarnos a comprar roupa, axudarnos cos deberes, escoitarnos, etc. Os resultados deixan claro que seguen sendo mulleres as protagonistas de moitos deses traballos. De feito, logo dunha semana o cartel elaborado segue dando que falar entre a rapazada. Ademais desta actividade, proxectamos o corto "Loitar saben" que nos levou ó pasado das mulleres galegas, mulleres loitadoras e traballadoras que fixeron camiño.
Igualmente tivemos unha xornada xuntanza co CEIP Palas de Rei para reivindicar os dereitos das mulleres traballadoras.
O 25N na biblioteca
Enviado por Lois o Ven, 01/12/2023 - 13:34Con motivo do 25N na biblioteca do IES do Camiño convidamos ao alumnado a deixar a súa pegada en forma de bolboreta participando así, como xa fixeramos en anos anteriores, no proxecto "El latido de las mariposas". Ademais abrimos unha porta violeta signando un pedaciño da canción de Rozalén e escribimos mensaxes contra a violencia. Grazas a todas/os por vir!!
25N: día contra a violencia machista
Enviado por Lois o Mar, 28/11/2023 - 12:29O pasado día 25 de novembro celebramos o día Contra a violencia machista nunha xuntanza moi fermosa do noso alumnado co do CEIP Plurilingüe de Palas de Rei, ao que agradecemos moito a súa hospitalidade. Xuntos visualizamos un vídeo do seu alumnado de 5º curso e asistimos á lectura dun manifesto e duns poemas do noso alumnado. Todos comprometidos coa erradicación da violencia contra as mulleres.