Bioloxía - Xeoloxía

Visita aos Museos científicos coruñeses

O día 15 de marzo os alumnos e alumnas de 1º e 2º da ESO tiveron ocasión de visitar o MUNCYT  e a Casa das Ciencias en Coruña.

O percorrido comezou no MUNCYT, onde puideron visitar unha parte da exposición permanente, así como realizar o obradoiro químico “Nanomundo”.

Despois dirixímonos á Casa das Ciencias onde asistimos a unha proxección no Planetario e finalmente dispuxeron de tempo para visitar a exposición interactiva  deste museo. 

 

Álbum: Curso académico 2022/23 -> Visita aos museos científicos

Visita a SOGAMA

Os alumnos/as  de 3º e 4º da ESO e 1º e 2º de BAC, visitaron a planta de tratamento de refugos de SOGAMA  o xoves 30 de marzo. 

Esta actividade ten como finalidade concienciar ao alumnado da necesidade de levar a cabo unha correcta xestión dos refugos, así como da normativa que rixe dita xestión.

Alí participaron dunha charla didáctica, sobre o funcionamento da planta e de varias actividades interactivas sobre a separación en orixe dos refugos e o seu destino final.

Despois tivemos ocasión de facer un percorrido guiado polas instalacións da planta.

 

Álbum: Curso académico 2022/23 -> Visita a Sogama

Visita ao parque eólico experimental de Sotavento

Este venres, día 22 de abril, os alumnos e alumnas de 3º e 4º da ESO e 1º de Bacharelato, visitaron o parque eólico experimental de Sotavento.

Comezamos a visita cunha charla na que nos explicaron de onde provén a enerxía que consumimos nos nosos fogares e que peso ten cada unha das fontes de enerxía, tanto renovables como non renovables, no balance final.

Seguidamente, divididos en grupos, puidemos coñecer de cerca, como funcionan as placas solares térmicas e fotovoltaicas; vimos tamén o mecanismo interno dos aeroxeneradores e a súa mecánica, e entramos nun deles para observalo por dentro.

Tamén puidemos visitar a vivenda bioclimática. Un centro de interpretación da arquitectura bioclimática, cuxa estrutura móstranos as posibilidades reais dun modelo da construción eficiente. Onde puidemos comprobar a aplicabilidade das enerxías renovables nunha vivenda familiar e a comparación das innovacións tecnolóxicas neste campo.

Por último, antes de regresar, cargámonos de enerxía renovable xantando nas instalacións.

 

Álbum: Curso académico 2021/22 -> Visita a Sotavento

Visita aos Museos Científicos d'A Coruña

Este luns, día 4 de abril, o alumnado de 1º e 2º da ESO realizou unha visita aos museos científicos d’A Coruña, visitando a Domus e o Aquarium Finisterrae.

Comezamos a mañá na Sala Leonardo dá Vinci da Domus asistindo á proxección do documental “Wilmed, o último bosque mediterráneo”, e a continuación dispuxeron de tempo para visitar as instalacións do que foi o primeiro museo interactivo do mundo dedicado integramente ao ser humano, onde tiveron ocasión de divertirse e reflexionar sobre as características da especie humana.

Despois fomos ao  Aquarium Finisterrae, un centro público de ciencia dedicado á educación ambiental e á divulgación científica de temas mariños, que ten como obxectivo promover o coñecemento do océano e actitudes de agarimo cara ao mar e a vida mariña. Alí puidemos gozar vendo como  os coidadores/as alimentan ás  focas do acuario para posteriormente realizar unha visita polas salas  de exposición do museo, e por  suposto, ver a Gastón, o especimen máis famoso do acuario, trátase dunha quenlla touro que comezou a nadar na sala Nautilus en maio de 2006.

Rematamos a visita xantando no merendeiro da Torre de Hércules, ao carón da Praia das Lapas,  onde algúns alumnos e alumnas non quixeron despedirse d'A Coruña sen probar a temperatura da auga, metendo os pés no mar.

 

Álbum: Curso académico 2021/22 -> Visita aos museos científicos d'A Coruña

Cruz Vermella_ Obradoiro Educación Sexual (4º ESO)

A petición do alumnado de 4º da ESO solicitamos á Cruz Vermella de Lugo o Obradoiro sobre Saúde Sexual, xa que o curso pasado por mor da pandemia  e debido ás medidas preventivas non puido celebrarse.

Este Obradoiro, realizado o 29 de marzo, promove e reforza os hábitos de vida saudables e, nesta ocasión especialmente, aqueles asociados á saúde sexual.

Sendo o seu obxectivo principal  fomentar a educación e a promoción da saúde como clave da prevención de actitudes, comportamentos e hábitos que levan aparellados riscos asociados ao seu benestar físico, psíquico e social.

Deste xeito, durante o obradoiro abordáronse os conceptos de saúde, sexualidade  e saúde sexual  (sexo, sexualidade, anatomía e fisioloxía, identidade sexual, orientación do desexo), embarazos non planificados, infeccións de transmisión sexual (mecanismos de transmisión e bases para a súa prevención), VIH e Sida (vías de transmisión do VIH, prevención da infección por VIH, detección da infección por VIH e o VIH e Sida no mundo).

Así mesmo tratáronse os prexuízos, estereotipos e mitos que hai ao redor da sexualidade.

E o alumnado puido aproveitar para formular todas aquelas dúbidas e cuestións a Alba, técnica da Cruz Vermella.

Moitas grazas por responder tan axiña a esta petición e poder atender así a demanda do noso alumnado de 4º da ESO.

Cruz Vermella_ Obradoiro sobre Saúde Sexual

Continuando coas accións formativas en colaboración coa Cruz Vermella de Lugo, no noso centro celebrouse hoxe, martes 22, o Obradoiro sobre Saúde Sexual co alumnado de 3º da ESO.

 

Este Obradoiro promove e reforza os hábitos de vida saudables e, nesta ocasión especialmente, aqueles asociados á saúde sexual.

 

Por todo elo o seu obxectivo principal é fomentar a educación e a promoción da saúde como clave da prevención de actitudes, comportamentos e hábitos que levan aparellados riscos asociados ao seu benestar físico, psíquico e social. 

 

Deste xeito, durante o obradoiro abordáronse os conceptos de saúde, sexualidade  e saúde sexual  (sexo, sexualidade, anatomía e fisioloxía, identidade sexual, orientación do desexo), embarazos non planificados, infeccións de transmisión sexual (mecanismos de transmisión e bases para a súa prevención), VIH e Sida (vías de transmisión do VIH, prevención da infección por VIH, detección da infección por VIH e o VIH e Sida no mundo).

 

Así mesmo tratáronse os prexuízos, estereotipos e mitos que hai ao redor da sexualidade. 

 

E o alumnado puido aproveitar para formular todas aquelas dubidas e cuestións a Alba, técnica da Cruz Vermella. 

Volcáns

Unha das novas que máis nos preocupan a día de hoxe é a evolución da erupción do volcán Cumbre Vieja na illa da Palma. Así que, como a actualidade manda, os alumnos e alumnas de 1º da ESO aproveitamos este feito histórico que estamos a vivir para realizar un percorrido por algunhas das erupcións volcánicas máis importantes. Dende o famosísimo volcán Vesubio, pasando polas erupcións do Toba, Santorini, Krakatoa, Tambora, Mont Pelè, etc... ata chegar ao Cumbre Vieja; ¡¡e ata incluso fumos ao espazo, estudando as erupcións na lúa!!

Curso de primeiros auxilios

O mércores 19 de xuño achegouse a Cruz Vermella ao instituto para darnos unha formación en primeiros auxilios.

Auto Avaliación Traballos CCNN 1ºB

Distribuir contido