Economía

Charla cívico-tributaria

O departamento de Economía do noso centro participa no programa Cívico-tributario da AEAT. O alumnado de 4º da ESO recibiu, este martes 29, unha charla sobre a importancia dos impostos para o Estado do Benestar, así como o funcionamento dalgúns dos tributos máis importantes. A charla foi impartida por dúas traballadoras da Axencia Tributaria de Lugo.

Álbum: Curso académico 2024/25 -> Charla cívico tributaria 4ºESO

Visita aos xulgados de Lugo

O 17 de xaneiro fixemos a visita aos xulgados de Lugo co programa "Educar en xustiza" con grupos de 3ºESO e 2ºBAC.

Álbum: Curso académico 2023/24 -> Visita aos xulgados de Lugo

Visita á central de Pull&Bear

O pasado venres, o alumnado de 4º da ESO e 1º de BACH, visitou a central de Pull&Bear en Narón. As alumnas e alumnos observaron os diferentes departamentos e funcionamento da sede central dunha gran empresa internacional, dende a loxística e o sistema de almacén, o deseño das prendas, do escapartismo, a patronaxe, os recursos humanos, o márketing, entre outros.

Para rematar a visita o alumnado foi agasallado cun almorzo e un regalo por parte da empresa.

Álbum: Curso académico 2022/23 -> Visita á central de Pull&Bear en Narón

Visita aos xulgados de Lugo

O martes 10 de xaneiro as alumnas e os alumnos de 3º e 4º da ESO visitaron os xulgados e presenciaron xuizos do penal no xulgado de primeira instancia instrucción número 2 de Lugo. Pasaron unha mañá moi agradable e puideron avanzar no seu coñecemento sobre a Administración de Xustiza. A xuiza Sandra Piñeiro foi moi amable con nós, cercana e didática, explicando cada paso dos xuizos, a composición de persoas en cada caso e incluso, fomentou en algún alumno ou alumna vocacións cara o futuro.

Álbum: Curso académico 2022/23 -> Visita aos xulgados de Lugo

Visita á facultade de Administración e Dirección de Empresas do Campus de Lugo

O pasado xoves 10 de novembro, os alumnos das materias de Economía de 1º de bacharelato e Economía da Empresa de 2º, visitaron a facultade de Administración e Dirección de Empresas do Campus de Lugo.

 

Puideron recibir unha charla sobre os modelos económicos e a súa base científica por parte do decano da facultade, Roberto Bande. Tamén fixeron unha visita- percorrido pola facultade e viron unha demostración no Tech-Lab Empresa e Tecnoloxía onde estase a traballar cun programa informático innovador para axudar a gandeirías galegas para o seguimento dos seus costes. 

 

Antes de voltar a Palas e despois de almorzar na cafetería da facultade, visitaron a Biblioteca Intercentros, onde se lles amosou o traballo que se realiza e tódalas posibilidades que ten esta gran biblioteca.

Álbum: Curso académico 2022/23 -> Visita á Facultade de ADE de Lugo

Charlas cívico-tributarias

O pasado xoves 20 de outubro, o alumnado de 2º da ESO, 4º da ESO e FPB, gozamos da visita de María e Majo, dúas traballadoras da Axencia Tributaria ou Facenda de Lugo.

Con elas puidemos reflexionar sobre a impotancia da existencia e o pago de impostos para poder dispoñer de bens e servicios públicos (dos que moitas veces non somos conscientes dos custos reais dos mesmos) así como os diferentes impostos do noso sistema tributario.

Queda tamén aberto o prazo para poder participar no concurso de Facenda sobre este tema e calquer alumno ou alumna do IES pode dirixirse á profesora de Economía para solicitar as bases e participar.

 

Charlas civico tributarias

Distribuir contido