Lingua Castelá

Contacontos do alumnado de Oratoria

O día 19 de decembro o alumnado de Oratoria acudiu á Escola Infantil de Palas de Rei a facer un contacontos, como parte do proxecto do primeiro trimestre nesta materia. As mestras, as nenas e os nenos acolléronnos moi ben e ben seguro que repetiremos a experiencia.

Álbum: Curso académico 2023/24 -> Contacontos do alumnado de Oratoria

Actividade "Os contacontos"

O pasado luns 28 de novembro o alumnado de Oratoria do noso instituto acudiu ó CEIP Plurilingüe de Palas de Rei a facer unha sesión de contacontos para o alumnado de 3 e 4 anos. Trátase da actividade final do proxecto para este trimestre. 
As nenas e os nenos de 3 anos ó rematar, agasalláronnos cantando e contando eles xunto coa súa mestra un conto. Foi unha experiencia ben bonitiña e queremos agradecer a boa disposición do centro, así como a súa agarimosa acollida.
 
Álbum: Curso académico 2022/23 -> Actividade "Os contacontos"

Teatro na biblioteca

O alumnado de 2° da ESO representou hoxe na Biblioteca do noso centro: Edelmiro II y el dragón Gutiérrez de Fernando Lalana, unha obra teatral que traballamos na materia de Lingua Castelá. Eles mesmos elaboraron os monicreques, os decorados e propuxeron diferentes ideas para facer os cambios de escenas. Fixeron unha gran actuación, foi traballo en equipo. Parabéns!

Como noutras ocasións inspirámonos na idea de @muyprofe

 

 

Álbum: Curso académico 2021/22 -> Teatro na biblioteca

Encontro co alumnado do CPI Poeta Uxío Novoneyra

O día 8 de xuño algúns dos rapaces de segundo e terceiro da ESO do IES do Camiño xuntáronse coa rapazada do CPI Poeta Uxío Novoneyra do Courel. Xa se coñecían por carta, pois dende o primeiro trimestre os Departamentos de Lingua Galega e Castelá dos dous centros coordinaron un proxecto de envío de misivas co obxectivo de fomentar a expresión escrita. O encontro foi curto, a viaxe foi longa e choveunos; pero recibíronnos con moito agarimo e un aperitivo, os rapaces puxéronlles cara ós seus correspondentes, xogaron ós detectives e quedaron con gana de máis.

Na imaxe podemos ver a todo o grupo no Centro de Interpretación das Covas en Meiraos, pois alí rematou a nosa viaxe.

Álbum: Curso académico 2021/22 -> Visita ao Courel

Proxecto de lectura

En 2° de ESO na materia de Lingua Castelá e Literatura este primeiro trimestre lemos as Lágrimas de Shiva de César Mallorquí e para evaluala súa lectura propuxémoslles ás alumnas e alumnos a elaboración dun proxecto inspirado na idea de @muyprofe.

 

Samaín en Lingua Castelá

En Lingua Castelá con motivo da festividade de Samaín fixemos varias actividades seguindo a idea de @muyprofe. 

"Lectura en caixas"

No terceiro trimestre en Lingua Castelá o alumnado desenvolveu un proxecto que chamamos "Lectura en caixa".

Os rapaces e as rapazas leron 14 contos e de cada un deles artellaron unha manualidade ou debuxo relacionado, ademais dun texto de entre todos os tipos de textos estudados ó longo do curso. Saíron verdadeiras obras de arte e sendo conscientes da implicación das familias, aproveitamos para darvos as grazas. 


Por outra banda, a profesora asignou a cada un dos rapaces e das rapazas un deses catorce contos que converteron en textos teatrais e que representaron nun contacontos con monicreques ben fermoso na Biblioteca o día 21 de xuño. Tamén fixeron unha exposición das caixas ese mesmo día.

Que creatividade teñen os nosos alumnos e alumnas de 1º da ESO capitaneados pola profe de Lingua Castelá! 


 

Podedes ver as imaxes da sesión na galería:

 

Miembros

Distribuir contido