Proxecto de lectura
En 2° de ESO na materia de Lingua Castelá e Literatura este primeiro trimestre lemos as Lágrimas de Shiva de César Mallorquí e para evaluala súa lectura propuxémoslles ás alumnas e alumnos a elaboración dun proxecto inspirado na idea de @muyprofe.
O traballo tiña un total de sete actividades e tres partes nas que se traballou: a tipoloxía textual, a metaliteratura, a lectura inferencial e a creatividade; ademais da compresión e expresión escrita.
Grazas a todas e a todos polo esforzo. Sabemos que hai familias que colaboran e cremos que iso axuda a construír lectores, así que o noso recoñecemento dende aquí tamén para os axudantes.
Podedes ver algúns dos proxectos realizados no seguinte enlace: