Orientación

Admisión FP para o curso 2024/2025

Información xeral: https://www.edu.xunta.gal/fp/admision-fp-24-25

 

Asistente web para facer a solicitude: https://www.edu.xunta.gal/ciclosadmision/

Antes de facer a solicitude debedes premer en FP. A alta de solicitude a ciclos formativos sen certificado dixital nin usuario.

 

Vídeo de axuda: https://youtu.be/TMRJTMi-xyY

Álbum: Curso académico 2023/24 -> FP 2024/2025

Axudas para libros de texto e material escolar

Ábrese o plazo para as axudas de libros, fondo solidario e bono de material do 21 de maio ao 21 de xuño. Para máis información consultar esta ligazón: https://www.edu.xunta.gal/portal/node/43218

Para tramitar as axudas prema nesta ligazón da sede electrónica da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=ED330B

Ensinanzas artísticas

Álbum: Curso académico 2023/24 -> Ensinanzas artísticas

Axudas para alumnado con necesidades específicas de apoio educativo

Álbum: Curso académico 2023/24 -> Axudas NEAE

Charla sobre delitos de odio da Garda civil

O día 2 de abril o noso alumnado da ESO asistiu a unha charla sobre os delitos de odio enmarcada no Plan director desenvolvido pola Garda civil.

Álbum: Curso académico 2023/24 -> Charla da Garda Civil

Bolsas e axudas para estudos post obrigatorios

O prazo para solicitar as axudas para estudos postobrigatorios está aberto ata o 20 de maio. Pódense solicitar na páxina de Ministerio de Educación https://sede.educacion.gob.es/sede/login/inicio.jjsp?idConvocatoria=2076

Para máis información prema neste cartaz informativo: "Información de bolsas e axudas para estudos postobrigatorios".

Álbum: Curso académico 2023/24 -> Becas MEC

Visita a centros de formación profesional de Lugo

Dentro do marco da orientación académica e profesional é necesario achegar un coñecemento presiso do sistema educativo e das súas posibilidades para que o alumnado poda afrontar con éxito a toma de decisións cara os próximos cursos. Por iso o pasado 29 de febreiro o noso alumnado de 4º ESO, 1º BAC e 2º FPB tivo unha saída a Lugo, onde coñecimos de primeira man a oferta educativa do CIFP As Mercedes e o CIFP Politécnico. No primeiro coñeceron os ciclos de grao medio e grao superior das familias de Transporte e mantenemento de vehículos, Comercio e Márketing, Enerxía e Auga e Instalacións e Mantenemento. No Politécnico, o graos de Sanidade e industria alimentaria, Fabricación mecánica, Electricidade e electrónica e Actividades físicas e Deportivas.

Álbum: Curso académico 2023/24 -> Visita ao Politécnico de Lugo

Última actividade do programa TEI

O 20 de xuño tivemos a última actividade do programa TEI para fomentar a cohesión grupal co alumnado de 1ºESO. En hora boa a todos o participantes!

Álbum: Curso académico 2022/23 -> Última actividade do programa TEI

Programa TEI

O 28 de marzo levouse  a cabo, na hora de titoría, unha actividade de cohesión para os alumnos/as de 1º e 3º da ESO, enmarcada dentro do programa TEI.

Tratouse dun xogo de confianza no que os alumnos/as titores de 3º da ESO debían guiar aos seus titorizados/as  a través dunha “ginkana”  de obstáculos cos ollos vendados, fomentando así a colaboración e confianza entre eles. Despois os roles invertéronse sendo os titorizados/as os que guiaron aos seus titores/as.

 

Álbum: Curso académico 2022/23 -> Programa TEI

8 de marzo. Día da muller

O pasado 8 de marzo o noso alumnado xuntouse aos nenos e nenas do CEIP Palas de Rei para celebrar o día da muller.

 

Pola igualdade real!! Muller, nin máis nin menos!!

 

Álbum: Curso académico 2022/23 -> 8 de Marzo. Día da muller
Distribuir contido