Departamento de orientación

Visita a centros de formación profesional de Lugo

Dentro do marco da orientación académica e profesional é necesario achegar un coñecemento presiso do sistema educativo e das súas posibilidades para que o alumnado poda afrontar con éxito a toma de decisións cara os próximos cursos. Por iso o pasado 29 de febreiro o noso alumnado de 4º ESO, 1º BAC e 2º FPB tivo unha saída a Lugo, onde coñecimos de primeira man a oferta educativa do CIFP As Mercedes e o CIFP Politécnico. No primeiro coñeceron os ciclos de grao medio e grao superior das familias de Transporte e mantenemento de vehículos, Comercio e Márketing, Enerxía e Auga e Instalacións e Mantenemento. No Politécnico, o graos de Sanidade e industria alimentaria, Fabricación mecánica, Electricidade e electrónica e Actividades físicas e Deportivas.

Álbum: Curso académico 2023/24 -> Visita ao Politécnico de Lugo

Cruz Vermella_ Obradoiro Educación Sexual (4º ESO)

A petición do alumnado de 4º da ESO solicitamos á Cruz Vermella de Lugo o Obradoiro sobre Saúde Sexual, xa que o curso pasado por mor da pandemia  e debido ás medidas preventivas non puido celebrarse.

Este Obradoiro, realizado o 29 de marzo, promove e reforza os hábitos de vida saudables e, nesta ocasión especialmente, aqueles asociados á saúde sexual.

Sendo o seu obxectivo principal  fomentar a educación e a promoción da saúde como clave da prevención de actitudes, comportamentos e hábitos que levan aparellados riscos asociados ao seu benestar físico, psíquico e social.

Deste xeito, durante o obradoiro abordáronse os conceptos de saúde, sexualidade  e saúde sexual  (sexo, sexualidade, anatomía e fisioloxía, identidade sexual, orientación do desexo), embarazos non planificados, infeccións de transmisión sexual (mecanismos de transmisión e bases para a súa prevención), VIH e Sida (vías de transmisión do VIH, prevención da infección por VIH, detección da infección por VIH e o VIH e Sida no mundo).

Así mesmo tratáronse os prexuízos, estereotipos e mitos que hai ao redor da sexualidade.

E o alumnado puido aproveitar para formular todas aquelas dúbidas e cuestións a Alba, técnica da Cruz Vermella.

Moitas grazas por responder tan axiña a esta petición e poder atender así a demanda do noso alumnado de 4º da ESO.

Cruz Vermella_ Obradoiro sobre Saúde Sexual

Continuando coas accións formativas en colaboración coa Cruz Vermella de Lugo, no noso centro celebrouse hoxe, martes 22, o Obradoiro sobre Saúde Sexual co alumnado de 3º da ESO.

 

Este Obradoiro promove e reforza os hábitos de vida saudables e, nesta ocasión especialmente, aqueles asociados á saúde sexual.

 

Por todo elo o seu obxectivo principal é fomentar a educación e a promoción da saúde como clave da prevención de actitudes, comportamentos e hábitos que levan aparellados riscos asociados ao seu benestar físico, psíquico e social. 

 

Deste xeito, durante o obradoiro abordáronse os conceptos de saúde, sexualidade  e saúde sexual  (sexo, sexualidade, anatomía e fisioloxía, identidade sexual, orientación do desexo), embarazos non planificados, infeccións de transmisión sexual (mecanismos de transmisión e bases para a súa prevención), VIH e Sida (vías de transmisión do VIH, prevención da infección por VIH, detección da infección por VIH e o VIH e Sida no mundo).

 

Así mesmo tratáronse os prexuízos, estereotipos e mitos que hai ao redor da sexualidade. 

 

E o alumnado puido aproveitar para formular todas aquelas dubidas e cuestións a Alba, técnica da Cruz Vermella. 

O camiño que nos une: "Alessandra Aguilar Morán"

   Hoxe contamos coa presenza de Alessandra Aguilar Morán, grazas ao proxecto ‘O Camiño Que Nos Une‘,  unha iniciativa promovida pola asociación de Amigos do Camiño de Santiago da Provincia de Lugo, que foi seleccionada ao amparo do programa ‘Ou Teu Xacobeo‘. O seu obxectivo é poñer en valor os roteiros xacobeos na provincia de Lugo a partir de tres eixos fundamentais; o deporte, a igualdade e a mocidade. 

Alessandra Aguiar Morán é unha exatleta especializada en Maratón e campo a través, foi olímpica en Pekín 2008, Londres 2012 e Río 2016. Así mesmo é considerada como unha das mellores maratonianas españolas de todos os tempos.

 

   Deste xeito, o alumnado de 1º e 2º da ESO puideron compartir con Alessandra un tempo no que ela lles explicou como se forxa a carreira dunha atleta, que supón ser muller e deportista de alto rendemento, así como o esforzo e o traballo diario os 365 días do ano e os valores que se promoven neste deporte e que son válidos para o eido educativo, como son a resilencia, a solidariedade e o amor.

 

   E quedamos coa frase de Pele que nos recordou Alessandra: “ O éxito non chega por casualidade, é traballo duro, perseveranza, sacrificio e amor polo que fas

 

   Grazas por compartir este tempo con nós e facernos participes desta experiencia de vida. 

 

Bo Nadal 2020

Somos conscientes de que comezamos este primeiro trimestre con moitos temores e incertidumes de como sería a volta ás aulas. Agora que xa rematou este primeiro trimestre, podemos valorar moi positivamente o grao de compromiso que tivestes coas medidas de prevención ante a covid 19, para que todo se desenvolvera coa maior normalidade posible. 

Distribuir contido