Comisión de Convivencia

TEI_ Xornada de cohesión

Hoxe realizamos unha actividade de cohesión e convivencia entre o alumnado de 1º e 3º da ESO, así titorand@s e titor@s do programa TEI pasaron unha xornada lúdica: Quen é o rato ao que busca o gato? Quen é o valente socorrista que salva aos bañistas das quenllas? Por que nos convertemos en estatuas? ... Canto xogo nos deu o paracaídas e que ben o pasamos!

 

Álbum: Curso académico 2021/22 -> TEi_ Xornada de Cohesión

Programa Titorización entre Iguais

O curso pasado por mor da pandemia vimos condicionada a posta en marcha do programa TEI (Titoría Entre Iguais) pero este ano xa puidemos volver a poñelo en marcha. 

 

Os cambios na puberdade. A menstruación

Hoxe, 11 de maio, o alumnado de 1º da ESO contou cunha sesión formativa sobre a menstruación a cargo das responsables de convivencia Elena e Cristina, coa vantaxe que supón  que Elena é a profesora de Bioloxía.

Nesta titoría fixemos unha posta en común sobre os cambios corporais que se producen na puberdade nas rapazas e rapaces. Iso serviunos de punto de partida para falar, nun primeiro momento,  sobre o ciclo menstrual dende un punto de vista biolóxico e posteriormente sobre os tabús, dúbidas e responder as preguntas que foron formulando ao longo da sesión. Entre elas, as relacionadas coa regra e o baño, a dor que produce, a idade de comezo, a síndrome premenstrual, as formas de protección feminina (compresa, tampón, copa menstrual), a fertilidade ...

Así mesmo, aproveitando a campaña publicitaria dunha marca de hixiene feminina quixemos transmitir ás rapazas que poden ser o que elas queiran ser. Deste xeito puxemos en valor mulleres que destacan nun mundo profesional no que predominan os homes, tales como Lucía Martiño (Surfista),  Ainhoa Campos (Comentarista da Liga de Videoxogos Profesional) e Nerea Luis (Enxeñeira de Intelixencia Artificial) e que poden ser fonte inspiradora de distintas profesións para as nosas alumnas. 

Por último, repartimos distinto material informativo para o alumnado e as súas familias, ademais dunha mostra destes produtos de hixiene feminina para as rapazas.

A dinámica da árbore

Nas últimas sesións de titoría co alumnado de 2º da ESO, Elena e Cristina, aproveitaron para traballar a autoestima, a través do mindfulness no que a música xogou un papel esencial, convertémonos en arbores, onde as raíces, o tronco e as follas teñen un significado e démonos conta do difícil que é identificar as nosas cualidades positivas, así como o necesario que é recoñecelas para saber que accións levamos a cabo para obter resultados positivos.

Así mesmo, fixemos unha posta en común das nosas árbores e reflexionamos sobre as "nosas tormentas" que é o que move a nosa árbore, por que é necesario ter unhas raices fortes e finalmente que necesitamos?

As conclusións ás que fomos chegando entre todos e todas, anotámolas na lousa.

Comprobamos como aspectos que antes non tiñamos tan presentes agora cobran unha especial relevancia como a saúde ou a necesidade de facer aquelas cousas que nos gustan e que agora non podemos. 

É importante facer estas reflexións para coñecernos a nososutros mesmos, saber que queremos, que queremos conseguir e como o vamos a conseguir. Se facemos exercicios de reflexión e autocoñocemento poderemos coñecer as nosas fortalezas e oportunidades que nos permitirán alcanzar as metas que nos propoñemos nos diferentes ámbitos da nosa vida.

Podemos ver esta imaxen e outras na galería de fotos do instituto:

 

Entrega de diplomas TEI 2019

Hoxe 17 de decembro entregamos os diplomas e os carnés ao alumnado de 3º da ESO, despois de recibir a formación pertinente, que os acredita como titores e titoras do Programa TEI. 

 

Detectives TEI 2019_20

 Continuando coa actividade do outro día, os rapaces e rapazas de 1º e 3º da ESO, estiveron coñecéndose un pouco máis e plasmaron nunha cartolina o que aprenderon os/as titores/as dos/as titorizados/as e viceversa. 

Unha vez rematada esta pequena "investigación" foron a clase de 1º da ESO a pegar os traballos que fixeron. 

Se pinchas sobre o enlace poderás acceder a galeria de imaxes para ver un pequeno resumo de como se desenvolveu a actividade.  

 

Asignación titores/as e titorizados/as _ TEI

Hoxe, martes 22 de outubro, fixemos a asignación de titores/as de 3º ESO e titorizados/as de 1º ESO que participan no programa TEI (titorización entre iguais) do curso académico 2019/20.

TEI: Entrega da placa acreditativa de centro TEI e de diplomas

Hoxe, xoves 20 de xuño, entregáronse os diplomas de agradecemento aos titores e titoras do TEI no curso 2018/19, ademais dun agasallo aos alumnos e alumnas de 1º, 3º e 4º da ESO que participaron neste programa de mellora da convivencia e prevención do acoso escolar. 

Así mesmo aproveitamos esta sesión para que o coordinador TEI en Galicia e exdirector do IES do Camiño, Andrés Vázquez García,  entregase a placa que nos acredita como centro TEI.

Actividade de cohesión TEI: Guíame!!

O martes, 11 de xuño, titorandos/as e titores/as pasamos unha xornada moi divertida coa actividade Guíame, na que primeiro uns e logo outros terían que guiar ao seu compañeiro/a,  que ía cos ollos pechados,  a través dun circuíto de obstáculos. 

  •  TEI - curso 2018/19

 

TEI- Actividade de cohesión

O martes 2 de abril realizamos unha actividade de cohesión entre os titorizados/as de 1º da ESO e os titores/as de 3º e 4º da ESO, así puidemos pasar unha xornada divertida e diferente contando historias que elaboramos conxuntamente en pequenos grupos.

Dunha "ensalada de palabras" elixidas ao azar dun xornal conseguimos elaborar historias sorprendentes poñendo a nosa imaxinación a voar. 

Distribuir contido